Skip to main content

A USC adhírese á Rede Española de Universidades Promotoras da Saúde

Detalle da imaxe dunha campaña educativa para a mellora da dieta realizada pola Cátedra de Vida Saudable da USC
Detalle da imaxe dunha campaña educativa para a mellora da dieta realizada pola Cátedra de Vida Saudable da USC
O catedrático Francisco Caamaño Isorna foi designado para representar a USC nesta rede

A Universidade de Santiago de Compostela acaba de adherirse á Rede Española de Universidades Promotoras da Saúde (REUPS), cun obxectivo compartido como é reforzar o papel das universidades como contornas promotoras da saúde e o benestar tanto do seus estudantado, como do seu persoal e da sociedade, liderando e apoiando procesos de cambio social.

A USC designou como o seu representante na REUPS a Francisco Caamaño Isorna, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e director da Cátedra de Vida Saudable financiada pola Dirección de Saúde Pública dependente da Consellaría de Sanidade.

A REUPS está composta actualmente por 59 universidades, o Ministerio de Sanidade, o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a Conferencia de reitores (CRUE) e nove estruturas de saúde pública das comunidades autónomas. Esta rede traballa para instaurar o Movemento de Universidades Promotoras de Saúde dando forma a unha alianza entre institucións universitarias que pretenden mellorar as condicións para a saúde, a calidade de vida e o benestar de todos os membros da comunidade universitaria.

Imaxe da campaña educativa en comedores universitarios para a mellora da dieta realizada pola Cátedra de Vida Saudable da USC
Imaxe da campaña educativa en comedores universitarios para a mellora da dieta realizada pola Cátedra de Vida Saudable da USC
Imaxe dos manteis distribuídos nos comedores da USC con recomendacións dietéticas e de actividade física. Unha campaña da Cátedra de Vida Saudable
Imaxe dos manteis distribuídos nos comedores da USC con recomendacións dietéticas e de actividade física. Unha campaña da Cátedra de Vida Saudable
The contents of this page were updated on 05.23.2024.