Pasar al contenido principal

Entregados os premios da sexta edición do Certame de Videocreación

Foto de familia de participantes no acto. FOTO: Cristian Leyva
Foto de familia de participantes no acto. FOTO: Cristian Leyva
Foron galardoados os traballos 'Telescopio de futuro' do IES Leiras Pulpeiro e 'Habitar_Deshabitar ou a morte dun recordo' de Laura Menéndez Sánchez
Lugo

O IES Leiras Pulpeiro de Lugo obtivo o premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria, ademais do premio do público, no marco da sexta edición do certame de Videocreación da USC. O galardón Araceli Herrero á mellor linguaxe visual e comunicación foi para a peza presentada por Laura Menéndez Sánchez. O acto de entrega desenvolveuse na Casa do Saber este venres, 29 de novembro, e estivo presidido polo adxunto para o Campus de Lugo, Antonio Álvarez.  

Telescopio de futuro

O ditame do xurado, composto por Carmen Granxeiro, especialista en audiovisuais, e Dores Rodríguez López e Bruno López Rodríguez, familiares do escritor Isidro Novo, destacou a videocreación titulada Telescopio de futuro do IES Leiras Pulpeiro por tratarse dunha “construción dunha narración descritiva connotativa que fai o retrato do alumnado dun instituto”. Premiado con 300 euros, diploma e unha obra de Mónica Alonso, esta videocreación defínese, a xuízo do xurado, pola “procura dunha linguaxe creativa que, alén da vontade narrativa, conxuga imaxes do cotián coa poética das olladas de quen o conforma”.

Telescopio de futuro

Habitar_Deshabitar ou a morte dun recordo

Tamén dotado con 300 euros, diploma e obra de Mónica Alonso, o xurado salientou que Habitar_Deshabitar ou a morte dun recordo de Laura Menéndez Sánchez é unha “narración hipnótica e circular na que son e imaxe converxen nunha reflexión fonda sen mediar palabra”. O ditame pon o foco na “edición precisa coa que tece o ritmo dos pensamentos e constrúe os espazos”, así como no “tratamento coherente e creativo da estética visual e sonora arredor do tempo e a memoria”.

Habitar Deshabitar ou a morte dun recordo

 

O Certame de Videocreación desenvólvese ao abeiro do convenio Lugo Cultural, froito da colaboración entre USC, vicepresidencia da Deputación de Lugo e cultura e turismo do Concello de Lugo. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2024.