Pasar al contenido principal

Mostra bibliográfica

Luís de Camões (1524-1580) nos fondos bibliográficos da Universidade de Santiago de Compostela

05.12.2024-31.01.2025 | 08.30h-20.30h

Facultade de Filoloxía

A mostra está enmarcada nas actividades programadas polo 50 aniversario da Facultade de Filoloxía

Cartel da mostra que se poderá visitar na Facultade de Filoloxía ata o vindeiro  31 de xaneiro
Cartel da mostra que se poderá visitar na Facultade de Filoloxía ata o vindeiro 31 de xaneiro

A Facultade de Filoloxía acolle a mostra  Luís de Camões (1524-1580) nos fondos bibliográficos da Universidade de Santiago de Compostela no marco das actividades programadas para celebrar o 50 aniversario da facultade. Nela poderemos ver expostos libros de diversos tempos, como primeiras edicións como das Rimas;  edicións do Instituto de Estudos Portugueses da A USC da década dos trinta do século XX que inclúen textos camonianos, exemplares como os que no seu día utilizarían Sarmiento ou Murguía, na súa atención camonista; ou Gómez Tonel, Cornide,  Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Florencio Vaamonde que, ao longo da historia de Galicia, acudiron á súa obra para elaborar as súas propias composicións ou para gozar da súa lectura.

Trátase de máis cincuenta exemplares que dan mostra da atención constante da USC a esta figura das letras portuguesas de orixe galega, de que se conmemora o quinto centenario do seu nacemento.

A exposición poderá visitarse no centro ata o 31 de xaneiro, de luns a venres en horario de 8.30 e 20.30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2024.