Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Concerto de Maricarme

10.04.2025 | 20.15h

Praza de Santa María. En caso de choiva, Auditorio de Veterinaria
Lugo

Maricarme
Maricarme

Maricarme actuará o 10 de abril dentro do ciclo ‘Lubicán’, incluído no programa da Primavera Cultural. O concerto será ás 20.15 horas na Praza de Santa María de Lugo (en caso de choiva, trasladarase ao Auditorio de Veterinaria).

O mesmo día, ás 13.00 horas, haberá un encontro para os Institutos con Antía Ameixeiras, integrante do grupo Maricarme. A inscrición pode facerse ata o 10 de febreiro en cultura.lugo@usc.gal.

Esta iniciativa enmárcase na programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Cartel do concerto de Maricarme
Cartel do concerto de Maricarme
Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2025.