Taller de creación. Campus de Lugo
Imparte: Nuria Sotelo
Data e horario: 6 de abril, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas
Lugar: Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria
Descrición do taller:
Neste obradoiro abordaremos ferramentas para a creación dende e co corpo, atendendo a tres niveis relacionais: co meu propio corpo, cos outros corpos, co espazo.
No primeiro nivel abordaremos a presenza e o uso eficiente do movemento. Para iso faremos uso de ferramentas que axudan a focalizar a atención e a conexión mente-corpo-emoción.
No segundo nivel estudaremos a relación entre as persoas a nivel físico, observaremos como as decisións van pasando dun nivel individual a un nivel colectivo que vai máis alá da negociación ou suma de vontades.
No terceiro nivel poremos en relación a nosa individualidade e o colectivo co espazo que nos acolle, trascendendo á frontalidade da cuarta parede e explorando a multiplicidade de posibilidades na composición espacial.
O traballo nestes tres niveis pretenden levar consciencia cara ese lugar escénico dinámico no que os intérpretes se situan nunha escoita activa e cunha atención entre dentro e fora, entre o corpo e a mente, entre a miña vontade e a dos outros.
Para abordar este traballo Nuria Sotelo fará uso de ferramentas de diferentes da danza contemporánea: Body Weather, Passing Through, Releasse ou Assimetrical Motion. Tamén de prácticas traídas do ioga, a respiración consciente e da súa propia experiencia escénica como intérprete e coreógrafa.
Necesidades para as persoas participantes: roupa e calzado cómodo
Taxas do taller:
- Xeral 60€
- Comunidade universitaria 40€
- Compañía de Teatro 30€
Máis información: en cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal)
Matrícula
Inscrición ata o 26 de marzo neste formulario.
Pagamento seguindo as indicacións que aparecen neste documento.
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es