Organizador: Facultade de Veterinaria
O curso ten por obxectivo aportar a formación básica ao futuro profesional veterinario interesado en fauna silvestre e dar unha visión xeral das funcións e actividades nos centros de recuperación de fauna e o seu papel na conservación da biodiversidade.

Esta formación, impartida polas profesoras Ana Mª López Beceiro e Mónica Vila Pastor e que terá lugar entre o 27 de marzo e o 10 de abril en horario de 18:00 a 20:00 horas na Facultade de Veterinaria, está orientada ao alumnado de últimos cursos do grao, con limitados coñecementos sobre anatomía, fisioloxía, exploración e otros aspectos clínicos de fauna silvestre en xeral e aves en particular, pero que teñan interese en orientar o seu futuro profesional con estas especies.
Este curso sentará as bases para poder enfrentar a clínica destas especies, aplicando e aproveitando o xa sabido dos mamíferos domésticos.
A formación se levará a cabo en sesións expositivas e empregarase material audiovisual. Tamén se propoñerán a resolución de casos clínicos.
Os interesados en participar neste curso poden inscribirse na seguinte ligazón