Pasar al contenido principal

Programas de xestion de granxa en gando vacún

31.03.2025 | 16.00h-18.00h

Seminario Área Produción Animal

Organizador: Facultade de Veterinaria

O obxectivo deste seminario é que os alumnos amplíen os coñecementos transversáis achegandoos a realidade do traballo en campo desenvolvido polos profesionais no ámbito da xestión da información nas granxas (programas reprodutivos, control calidade do leite, nutrición, etc.)

Imaxe do seminario
Imaxe do seminario

O seminario, que terá lugar o próximo luns 31 de marzo no Seminario da Área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria, será impartido por Guillermo Lorenzo Díaz, director técnico de Gando Nuevas Tecnologías, que explicará o funcionamento de aplicacións informáticas, empregando casos reais, como acción formativa de iniciación ao ámbito da xestión da información nas granxas de gando vacún.

Trátase de achegar a realidade do campo neste ámbito aos estudantes, xerando un debate aberto entre estos e os profesionais de campo, que lles permita coñecer de primeira man as particularidades do traballo que desenvolven.

Os interesados en participar neste seminario que forma parte do Plan Formativo Campus Terra 2025 poden inscribirse na seguinte ligazón

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.03.2025.