Pasar al contenido principal

Os horarios extraordinarios das bibliotecas da USC estenderanse do 21 de abril ao 30 de xuño

Estudantado diante da Biblioteca Concepción Arenal. FOTO: Santi Alvite
Estudantado diante da Biblioteca Concepción Arenal. FOTO: Santi Alvite
O web da BUSC permite consultar a porcentaxe de ocupación dos distintos puntos de servizo, así como o número de postos libres dispoñibles periodicamente
Lugo, Santiago de Compostela

O período de apertura extraordinario das bibliotecas da USC por mor dos exames do segundo semestre comeza o 21 de abril e estenderase ata o vindeiro 30 de xuño. En total, a USC oferta máis de 3.400 prazas divididas en distintos puntos de servizo nos campus de Santiago e Lugo. Tanto a Biblioteca Intercentros do campus lucense, como a Biblioteca Concepción Arenal en Compostela, abrirán do 21 de abril ao 5 de xuño, entre as 8.30 e as 0.00 horas; mentres que do 6 ao 30 de xuño, o horario estenderase entre as 9.00 e as 22.00 horas.

A Sala de Lectura de Dereito súmase tamén a esta apertura extraordinaria do 28 de abril ao 11 de maio, en horario de 8.30 a 3.00 horas; do 12 de maio ao 1 de xuño, durante as 24 horas; e do 2 ao 8 de xuño, entre as 8.30 e as 3.00 horas. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, pola súa parte, abrirá as portas da súa biblioteca, do 28 de abril ao 1 de xuño, entre as 8.30 e as 22.00 horas; mentres que a de Bioloxía estenderá a súa apertura de luns a venres, entre o 1 de maio e o 1 de xuño, de 8.30 a 22.00 horas; mentres que a apertura en fin de semana e festivos do 17 de maio ao 1 de xuño, estenderá o seu horario entre as 8.30 e as 22.00 horas. Finalmente, a biblioteca da Escola técnica Superior de Enxeñería, de luns a venres, entre o 12 de maio e o 1 de xuño, abrirá entre as 8.30 e as 22.00 horas. 

Postos de lectura 

A BUSC acaba de incluír dentro dos servizos que oferta a través da súa páxina web, a consulta da porcentaxe de ocupación dos distintos puntos de servizo, así como o número de postos libres dispoñibles periodicamente. Para acceder a esta información, é necesario entrar no web da biblioteca universitaria e picar no recadro Postos de lectura.  A información actualízase aproximadamente cada dúas horas, prazo que pode reducirse nas horas de máxima ocupación. 

O horario de cobertura vai de luns a venres, entre as 9.00 e as 21.00 horas, e as fins de semana e festivos de 9.00 a 19.00 horas, nas bibliotecas que abren nesta quenda. Así, este servizo amplía o xa existente en período de horarios extraordinarios, permitindo que a consulta poida realizarse en calquera época do ano.

Ademais, a páxina web da BUSC cambiou a súa interface coa incorporación dun acceso directo ás Coleccións e outro á Oferta de cursos que este servizo universitario organiza ao longo do ano académico.

 

Infográfico co resumo dos horarios extraordinarios
Infográfico co resumo dos horarios extraordinarios
Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2025.