Pasar al contenido principal

Microaberto

26.11.2025 | 20.00h

Inscrición ata o 21 de novembro

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

A primeira sesión de Microaberto deste curso, unha actividade incluída dentro da programación do Outono Cultural, será o 26 de novembro ás 20.00 horas na cafetaría da Facultade de Administración e Dirección de Empresas. O artista convidado nesta ocasión é Diego Flâneur.

Podes inscribirte nesta ligazón ata o día 21 de novembro para participar no microaberto. Pode ser cunha canción, un monólogo, unha poesía, un texto etc. 

Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Cartel
Cartel
Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2025.