Pasar al contenido principal

Estrea teatral

'Irmás', de Pascal Rambert

10.12.2025 | 21.00h

Salón Teatro do CDG. Rúa Nova, 34.
Santiago de Compostela

A Aula de Teatro da USC estrea o seu novo traballo

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O mércores 10 de decembro, ás 21.00 h, estréase no Salón Teatro a peza 'Irmás' de Pascal Rambert, a produción da Aula de Teatro da USC do curso 2025/2026 dirixida por Roberto Salgueiro. O reparto o compoñen Alba Casás Fuentes e Cristina Pérez Amigo.

O pase, de 1 hora de duración, é con acceso de balde, previa recollida de entradas na billeteira (máx. 2/persoa) a partir das 19.00 h.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2025.