Pasar al contenido principal

Fernando Muñoz Guzón, elixido novo decano de Veterinaria

Muñoz Guzón, que sucede no cargo ao profesor Gonzalo Fernández, doutorouse en 1999 na Universidade Complutense de Madrid
Muñoz Guzón, que sucede no cargo ao profesor Gonzalo Fernández, doutorouse en 1999 na Universidade Complutense de Madrid
Entre os seus obxectivos destaca “homologar o noso grao aos estándares europeos” e “continuar o labor realizado polo actual equipo decanal cun equipo novo e con moitas ganas de traballar”
Lugo

O profesor da área de Medicina e Cirurxía Animal da USC Fernando Muñoz Guzón foi elixido este xoves 20 como novo decano da Facultade de Veterinaria con 52 votos a favor, 13 en branco e 1 nulo. “Aspiramos a continuar o labor realizado polo actual equipo decanal cun equipo novo e con moitas ganas de traballar”, explicou. Para o novo decano un dos obxectivos principais do seu mandato será “conseguir ampliar a duración dos estudos de Veterinaria a seis anos para homologar o noso grao aos estándares europeos”.

Muñoz Guzón, que sucede no cargo ao profesor Gonzalo Fernández, doutorouse en 1999 na Universidade Complutense de Madrid coa tese Comparación clínica, radiológica e histológica del uso de implantes dentales con o sin carga en el perro. Estudio experimental. Ten sido profesor asociado de Ciencias da Saúde, investigador do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia, profesor contratado doutor e actualmente é profesor titular de Universidade. Pertence ao grupo de investigación ‘Cirurxía experimental. Cirurxía, radioloxía e ecografía experimental veterinaria’.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2025.