Destacada partipación do grupo UNDERISK no 11th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents
Membros do grupo UNDERISK tiveron unha destacada participación no 11th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents, que se desenvolveu en Málaga entre o 19 e o 22 de novembro
A primeira achega foi o traballo "Does aggressive behavior modulate children's psychophysiological reactivity to distinct emotional stimuli?" que resultou finalista na categoría "Jóvenes investigadores" e foi defendido, na fase final, por María Álvarez Voces.
Ademais, Carmen Sánchez Vázquez resultou gañadora o I Premio ao Mellor Traballo Fin de Máster en Psicoloxía Clínica Infanto-Xuvenil, convocado pola Sociedade Española de Psicología Clínica Infanto-Juvenil (SEPCIJ) co traballo titulado "Implicaciones del procesamiento emocional en el desarrollo de problemas de conducta".
Ambos os dous traballos combinan datos do Estudo Lonxitudinal ELISA e do proxecto ELISA Socioemocional.