Ir o contido principal

Destacada partipación do grupo UNDERISK no 11th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents

María Álvarez Voces e
Carmen Sánchez Vázquez
Membros do grupo UNDERISK tiveron unha destacada participación no 11th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents, que se desenvolveu en Málaga entre o 19 e o 22 de novembro

A primeira achega foi o traballo "Does aggressive behavior modulate children's psychophysiological reactivity to distinct emotional stimuli?" que resultou finalista na categoría "Jóvenes investigadores" e foi defendido, na fase final, por María Álvarez Voces. 

Ademais, Carmen Sánchez Vázquez resultou gañadora o I Premio ao Mellor Traballo Fin de Máster en Psicoloxía Clínica Infanto-Xuvenil, convocado pola Sociedade Española de Psicología Clínica Infanto-Juvenil (SEPCIJ) co traballo titulado "Implicaciones del procesamiento emocional en el desarrollo de problemas de conducta".

Ambos os dous traballos combinan datos do Estudo Lonxitudinal ELISA e do proxecto ELISA Socioemocional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.11.2025.