Miastenia gravis e soidade non desexada: unha mirada dende o Traballo Social
Autoría
P.A.C.
Grao en Traballo Social
P.A.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
A miastenia gravis é unha enfermidade neuromuscular crónica, autoinmune e rara que se caracteriza por unha debilidade muscular flutuante que afecta a funcións básicas como falar, masticar, tragar, camiñar ou respirar. Ao tratarse dunha enfermidade invisible e cun diagnóstico que adoita retrasarse, moitas persoas que a padecen enfróntanse non so ao impacto físico, senon tamén a un profundo illamento emocional e social. A incomprensión por parte do contorno, a dificultade para explicar os síntomas, a falta de coñecemento xeral sobre a enfermidade contribúen a que as persoas con miastenia gravis experimenten soidade non desexada, incluso dentro dos seus propios círculos familiares e sociais. Esta soidade pode agravarse debido aos límites físicos que impón a enfermidade e a falta de recursos psicosociais adaptados ás súas necesidades. Dende a perspectiva do Traballo Social, resulta fundamental analizar como esta vivencia de soidade afecta a calidade de vida de quen conviven coa miastenia gravis, e que estratexias de acompañamento e apoio emocional poidan contribuir a unha mellora do seu benestar integral. En definitiva, o obxectivo principal desta investigación é visibilizar unha problemática pouco tratada, aportar unha mirada social ás consecuencias do aislamento en enfermidades pouco visibles e fomentar a empatía e o acompañamento como ferramentas clave do Traballo Social. A proposta inclúe un deseño metodolóxico con entrevistas semiestruturadas como técnica principal, dirixidas a persoas diagnosticadas con miastenia gravis, profesionais do Traballo Social e familiares.

Dirección
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)

Causa e efecto: O Ciclo de Retroalimentación Negativa entre Deterioración Cognitiva, Soledad e Illamento Social en persoas maiores, Análises de casos de persoas atendidas pola OMADAP.
Autoría
M.A.F.
Grao en Traballo Social
M.A.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
14.07.2025 11:30
14.07.2025 11:30
Resumo
Este proxecto de investigación ten como obxectivo principal “A análise de casos de persoas atendidas pola OMADAP, con signos de deterioración cognitiva asociada á soidade non desexada, e que teñen poucas ou nulas relacións sociais”, para coñecer a súa situación psicosocial actual, buscar patróns de comportamento comúns e profundar no coñecemento do impacto desta situación. Realizaremos un marco referencial da entidade na que realizaremos as prácticas universitarias do grao de Traballo Social, o Servizo de urxencias da OMADAP (Oficina Municipal de atención á dependencia e a Autonomía Persoal) do Concello da Coruña. Na observación do funcionamento do Servizo de urxencias durante as prácticas, terase oportunidade de recoller información, sobre unha mostra de casos reais atendidos, no período de maio a xullo de 2025, co obxecto de analizar a causa de intervención, se hai afectación da capacidade cognitiva das persoas atendidas, a unidade de convivencia, cantas viven soas, e con que tipo de rede de apoio sociofamiliar contan. A metodoloxía cualitativa, aplicada empíricamente no proceso de valoración psicosocial de cada caso, farase mediante entrevistas semiestructuradas en profundidade e escalas de valoración, para determinar a capacidade cognitiva, o grao de vulnerabilidade, soidade e illamento das persoas que formen parte da mostra na investigación. Este proxecto de investigación aplicada busca obter coñecemento sobre este grupo de poboación, ao obxecto de telo en conta no deseño das políticas e/o protocolos de actuación no ámbito de atención á dependencia e a autonomía persoal deste concello.

Impacto do deporte en persoas con discapacidade intelectual
Autoría
A.A.G.
Grao en Traballo Social
A.A.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
Este proxecto de investigación cualitativa ten como obxectivo analizar o impacto do deporte no desenvolvemento e inclusión social das persoas adultas con discapacidade intelectual. A investigación baséase na cidade de Santiago de Compostela e baséase nun enfoque sociocrítico, que busca comprender e promover procesos de transformación social a través da participación activa dos colectivos implicados. Emprégase o método de Investigación Acción Participativa (PAR), que permite incorporar as voces e experiencias dos participantes como partes esenciais do proceso de investigación. A mostra formouse mediante mostraxe intencionada, seleccionando persoas con discapacidade intelectual maiores de 18 anos que participan habitualmente en actividades deportivas. O acceso ao campo realízarase mediante a colaboración con entidades deportivas, coas que se acorda un acceso respectuoso ás zonas de práctica deportiva. As técnicas de recollida de datos inclúen entrevistas semiestruturadas cun enfoque narrativo e observación participante. A análise de datos realízarase mediante o software NVivo, aplicando un enfoque de enfoque abdutivo que permite articular teoría e datos de forma dinámica e cíclica. A investigación desenvolverase entre marzo de 2025 e febreiro de 2026.

Atención social e sanitaria en doentes con EPOC
Autoría
E.M.B.
Grao en Traballo Social
E.M.B.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grao mostra a maneira na que se intervén dende o Traballo Social, no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, cos e coas doentes que padecen a Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC). Este traballo correspóndese cun diseño de proxecto de investigación cualitativa, que según Calderon (2016, p.5) caracterizase por estudar os fenómenos no seu contexto natural, atopando a interpretación dos mesmos a partir dos significados que as persoas lles conceden. Para iso, aplicarase a metodoloxía correspondente a este modelo de investigación. A técnica utilizada como método de reocpilación dos datos será a entrevista semi-estructurada. Está, será dirixida a os doentes cos que se haxa realizado unha intervención durante o seu ingreso no Hospital Clínico de Santiago de Compostela e a aqueles que se atopen no momento da realización das enquisas, ingresados. Coa seguinte investigación preténdese coñecer e describir o perfil social dos doentes, así como o papel do traballador e traballadora social no ámbito hospitalario, en canto aos doentes diagnosticados da Enfermedad Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC).

Análise cualitativa da evolución dos perfís das persoas que inciaron tratamiento nunha Unidade de Atención a Drogodependencias de ACLAD (A Coruña) ao longo de catro décadas (1990 a 2020).
Autoría
M.B.P.
Grao en Traballo Social
M.B.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O consumo de substancia continúa hoxe en día sendo un gran problema de saúde publica, aínda que con cambios significativos ao longo dos anos, cambios que non só afectan os patróns de consumo, senón tamén no perfil social das persoas que demandan tratamento nas unidades especializadas no tratamento de condutas adictivas. Coñecer esta evolución é esencial para deseñar estratexias de intervención eficaces e adaptadas ás necesidades actuais. Este Traballo de Fin de Grao é unha proposta de investigación cualitativa, que ten como obxectivo analizar a evolución do perfil das persoas que solicitan tratamento en unidades de condutas adictivas, tomando como referencia a Unidade de Drogodependencias de ACLAD na Coruña. Co fin de achegar evidencias empíricas que permitan actualizar e optimizar os protocolos de atención, mellorando así a eficacia terapéutica, a adherencia e a calidade dos servizos prestados, ademais de facilitar información para o desenvolvemento de estratexias de prevención máis acordes ás novas realidades. O proxecto desenvolverase entre febreiro de 2025 e marzo de 2026, empregando unha metodoloxía enmarcada no paradigma sociocritico. Levará a cabo unha mostraxe intencional centrado nos expedientes das persoas atendidas por primeira vez na Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de ACLAD durante o período sinalado. A recollida de datos realizarase mediante a análise documental dos expedientes clínicosociais seleccionados e a análise da información obtida levará a cabo utilizando o software especializado NVivo.

Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Tribunal
Souto Gómez, Ana Isabel (Titor do alumno)

Seducción intoxicada: como o consumo de sustancias modifica a experiencia sexual en diferentes colectivos vulnerables. Unha revisión bibliográfica narrativa estudo da arte.
Autoría
P.D.A.
Grao en Traballo Social
P.D.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
16.07.2025 10:15
16.07.2025 10:15
Resumo
Ao longo da historia, o consumo de sustancias psicoactivas sempre estivo presente, ben influenciado por factores sociais, culturais e/ou psicolóxicos. A día de hoxe, esta práctica segue estando vixente desencadeando dificultades e barreiras en diversos ámbitos, incluíndo na saúde sexual. Existe unha alteración da percepción sexual baixo o consumo de sustancias, insistindo na transformación conductual da persoa. Normalmente as persoas recorren ao consumo coa convicción dun aumento de pracer no contexto sexual, pero a certeza científica rompe con esta idealización, xa que demostra que o uso abusivo destas sustancias pode ocasionar diversas disfuncións e desordes sexuais, facendo especial fincapé na importancia dos riscos de ITS ou embarazos non desexados. Neste traballo analizaremos a relación entre o consumo de sustancias e o seu impacto na vida sexual, estimando os axentes sociais, fisiolóxicos e psicolóxicos. Indagaremsos os descubrimentos máis significativos, co obxectivo de discernir a repercusión do consumo de sustancias psicoactivas no ámbito sexual, e aportar información útil para a prevención, intervención e sensibilización desta problemática; dándolle importancia ao papel do Traballo Social para así poder darlle unha perspectiva social que poida facilitar unha oportuna reintegración dos usuarios na comunidade.

Proxecto de investigación cualitativa sobre o acceso a atención primaria de saúde da poboación marroquí en Ribeira
Autoría
P.M.G.
Grao en Traballo Social
P.M.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 11:15
15.07.2025 11:15
Resumo
Este traballo de fin de grao estuda a experiencia da poboación marroquí residente en Ribeira (Concello da Coruña) no seu acceso á atención primaria de saúde. Partindo da realidade demográfica do concello, que é o segundo da provincia con maior número de marroquís censados e censadas, analízanse os factores que inflúen no uso equitativo do sistema sanitario galego. Este tema estúdase debido á notable población marroquí en Ribeira e as barreiras que atopan para acceder equitativamente á Atención Primaria de Saúde O obxectivo deste proxecto é analizar a información sociosanitaria vinculada ao acceso ao sistema sanitario por parte da poboación marroquí no Centro de saúde de Ribeira, explorando as súas percepcións e identificando os elementos que interveñen neste proceso. A metodoloxía empregada responde a unha investigación cualitativa cun paradigma interpretativo e, seguindo a suxestión, basearase no método fenomenolóxico para comprender as vivencias. As persoas participantes serán persoas adultas de orixe marroquí residentes en Ribeira e profesionais do SERGAS que traballan no centro de saúde. Para a recollida de información utilizaranse entrevistas semiestructuradas, gravadas en audio e anonimizadas. A análise cualitativa, baseada no razoamento abductivo, realizarase no período de novembro de 2025 a xaneiro de 2026, despois levarasé a cabo a difusión dos resultados obtidos que incluirá a súa devolución ás persoas participantes, a publicación en repositorios institucionais, revistas científicas especializadas e a presentación en congresos da área. O proxecto busca recoñecer as barreiras que dificultan o dereito á saúde, fortalecer o papel do Traballo Social na atención intercultural e ofrecer pautas para mellorar a accesibilidade, a pertinencia e a continuidade da atención para a poboación marroquí na Atención Primaria de Saúde.

O rol do traballo social na Armada Española
Autoría
M.M.G.
Grao en Traballo Social
M.M.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O Traballo Social no ámbito militar representa unha vertente pouco coñecida e escasamente exercida en España. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar o coñecemento, a percepción e a valoración que teñen os/as traballadores/as sociais sobre a profesión dentro desta institución militar: a Armada. Explórase o seu desenvolvemento a nivel nacional, así como a súa implantación noutros países. O persoal militar e as súas familias, do mesmo xeito que o resto dos/as habitantes da poboación española, presentan necesidades psicosociais e económicas que deben ser afrontadas nun entorno con particularidades propias. Estas circunstancias xeran un campo de intervención específico para o Traballo Social, que pode contribuír de maneira significativa ao benestar deste colectivo. Para acadar os obxectivos da investigación, sendo esta de carácter cualitativo, realizáronse entrevistas semiestruturadas a traballadores/as sociais que exercen a súa actividade na Armada Española, co fin de coñecer a realidade desta rama da profesión. O estudo conclúe cunha proposta de cambios e melloras. Os resultados principais amosaron que o Traballo Social na Armada non ten o recoñecemento institucional que merece, a pesar da importante labor que realiza co persoal militar e as súas familias. Sinalase a necesidade dunha maior visibilidade, dunha coordinación interprofesional institucionalizada, da creación de formación específica e de máis postos de traballo. Esta profesión conseguiu que moitas persoas recoñecesen as súas necesidades e se atrevesen a pedir axuda por primeira vez.

Proxecto de investigación sobre a vivencia de mulleres vítimas de submisión química, unha perspectiva dende o traballo social
Autoría
M.M.P.P.
Grao en Traballo Social
M.M.P.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A submisión química é un acto delituoso de notable impacto social que consiste na administración de drogas ou compostos químicos que afectan ó sistema nervioso de unha persoa sen a súa autorización, co obxectivo de alterar ou suprimir a súa capacidade de decisión, facilitando así a realización de delitos como agresións sexuais ou roubos. Este proxecto de investigación céntrase na análise desta problemática no contexto actual, facendo fincapé nos retos que supón a súa detección e prevención, así como no impacto que exerce sobre as persoas afectadas e a poboación. O obxectivo xeral deste proxecto de investigación cualitativa é explorar e comprender as vivencias das mulleres vítimas de submisión química, centrándose especialmente en coñecer se houbo ou non redes de apoio, tanto antes, como durante e/ou despois da agresión. Este estudo fundamentase no paradigma sociocrítico, ao considerar a submisión química como un fenómeno social profundamente condicionado polas desigualdades de xénero e polas estruturas de poder existentes. Como método de investigación utilizarase a metaetnografía, que permite analizar e integrar múltiples estudos e casos a través da comparación das experiencias das persoas participantes. O instrumento de recollida de información serán as entrevistas en profundidade. As persoas participantes serán mulleres maiores de 18 anos que foron vítimas de submisión química, e profesionais relacionados coa intervención neste tipo de casos. A análise dos datos realizarase mediante a técnica da análise do discurso. Dito proxecto desenvolverase entre febreiro de 2025 e febreiro de 2026.

Mercado laboral e persoas con discapacidade en Santiago de Compostela
Autoría
S.P.V.
Grao en Traballo Social
S.P.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo Final de Grao vai basicamente dirixido á realidade das persoas con discapacidade á hora de buscar emprego xa que teñen dificultades e barreiras á hora de ter unha plena inclusión laboral. Neste traballo o que pretende é analizar diferentes puntos como as leis que afectan ás persoas con discapacidade e o emprego en relación a estas. Enfócase tamén dende un punto de vista en relación a Traballo Social, xa que dende esta disciplina prestase apoio, escoita activa, intervencións para fomentar a igualdade de oportunidades e a autonomía das persoas con discapacidade á hora da búsqueda de emprego. Con este traballo preténdese dar visibilidade e eliminar na medida do posible as barreiras e a discriminación que poidan chegar a sofrir.
Este Traballo Final de Grao vai basicamente dirixido á realidade das persoas con discapacidade á hora de buscar emprego xa que teñen dificultades e barreiras á hora de ter unha plena inclusión laboral. Neste traballo o que pretende é analizar diferentes puntos como as leis que afectan ás persoas con discapacidade e o emprego en relación a estas. Enfócase tamén dende un punto de vista en relación a Traballo Social, xa que dende esta disciplina prestase apoio, escoita activa, intervencións para fomentar a igualdade de oportunidades e a autonomía das persoas con discapacidade á hora da búsqueda de emprego. Con este traballo preténdese dar visibilidade e eliminar na medida do posible as barreiras e a discriminación que poidan chegar a sofrir.
Dirección
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)
Bullying e Traballo Social: unha proposta de investigación no ÍES Sànchez Cantón, Pontevedra.
Autoría
M.S.T.
Grao en Traballo Social
M.S.T.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
O bullying é unha problemática que afecta a un gran número de nenos e de nenas de todo o mundo, e sobre todo no ámbito educativo. Trátase da exposición dos e as menores a danos físicos e/o psicolóxicos dunha maneira habitual, por parte da persoa acosadora, o que lles provoca unha inestabilidade socioemocional que prexudica o desenvolvemento integral dos e as menores. Por iso, desde o Traballo Social, quérese ofrecer a súa participación na educación, xa que a pesar do seu potencial e o seu gran labor, esta disciplina aínda carece de visibilidade nos centros escolares, e descoñécese o poder que ten de axudar en intervención comunitaria e en problemas sociais. Para iso, proponse un proxecto de investigación cualitativa, que a través da realización de grupos focales dirixido ao estudantado, familiares e profesorado, lógrese analizar o impacto do bullying no instituto pontevedrés IES Sánchez Cantón, e as consecuencias psicosociais do seu estudantado da ESO, ademais, este estudo permitirá visibilizar o impacto que ten e trazar grandes propostas para poder ser abordadas desde o traballo social.

ESCOBAR ARIAS, DIANA MORELA (Titoría)
ESCOBAR ARIAS, DIANA MORELA (Titoría)
Tribunal
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
Da vulnerabilidade á inclusión: O Trabajo Social e saúde mental en menores migrantes
Autoría
S.S.S.
Grao en Traballo Social
S.S.S.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
No presente documento abórdase a relación entre a vulnerabilidade e a inclusión social en menores migrantes, cun enfoque na saúde mental e no papel do/a traballador/a social no acompañamento e intervención a este colectivo, especialmente exposto a situacións de risco e de exclusión social, tanto polas dificultades que enfrontan no seu proceso migratorio como pola súa adaptación ao novo país de residencia. Esta abordaxe levarase a cabo a través dunha metodoloxía cualitativa, que combina, tras un estudo das persoas participantes e a realización de criterios de selección, entrevistas aos menores migrantes, para examinar en profundidade as dificultades ás que se enfrontan no seu proceso de integración ao chegar ao noso país e un grupo de discusión aos distintos profesionais do ámbito de abordaxe, co obxectivo principal de analizar o papel do Traballo Social na atención e intervención con estes menores. Doutra banda, para facilitar a comprensión do tema obxecto de estudo, inclúese un marco teórico extenso composto por apartados que facilitarán esta percepción, como unha contextualización dos termos base, a profesión do/a traballador/a social neste ámbito de actuación e a lexislación pertinente. En conclusión, destacarase a necesidade dun enfoque que garanta o acceso igualitario aos servizos de apoio para promover unha inclusión máis efectiva e un desenvolvemento emocional para estes menores.

A construcción de paz no contexto de conflictos armados. Unha visión dende o Traballo Social
Autoría
A.T.V.
Grao en Traballo Social
A.T.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
16.07.2025 11:45
16.07.2025 11:45
Resumo
Os conflictos armados son unha das principais accións que vulneran os dereitos humans, na sociedade actual convertéronse nunha das grandes problemáticas, con necesidade de intervención para reducir as consecuencias que producen. Este traballo de fin de grado responde a unha revisión narrativa do estado do arte e ten como obxectivo principal o análise de diferente literatura científica para abordar o termo de construción de paz en contextos de conflicto e post- conflicto. A metodoloxía empregada constitúe principalmente unha búsqueda exhaustiva de estudos relacionados coa temática abordada, utilizando as bases de datos de Dialnet, Eric, Scopus, PubMed, PsycInfo e Web Of Science. Os criterios de selección de artigos basearonse na aplicación do proceso de identificación dos estudos, do cribado e da inclusión final dos artigos pertinentes. Identifícanse un total de 18 estudos cos cales se realiza unha análise exhaustiva dos resultados bibliométricos e temáticos. A través dos resultados, analízase a necesaria intervención e formación do Traballo Social nestos contextos, integrando desta maneira á profesión e fomentando á vez unha visión holística. Conclúese que para levar a cabo a construción de paz nestes entornos, é necesario ter en conta a profesión de Traballo Social, indispensable nos procesos de pre-conflicto, conflicto e post-conflicto. Ademais, estúdase a relevancia de empregar unha metodoloxía concreta nas intervencións realizadas dende o Traballo Social no contexto de conflito armado.

O imaxinario social e a súa influencia na sensibilización das personas con síndrome de Down
Autoría
L.M.V.D.L.F.
Grao en Traballo Social
L.M.V.D.L.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 09:45
15.07.2025 09:45
Resumo
As persoas conforman unha realidad social arredor dunha mirada cara á diversidadee influenciada polos imaxinarios sociais, os cales moldean as percepcións do que se considera real ou lexítimo. Con isto, obsérvase o caso das persoas con síndrome de Down quenes, ao longo da historia, foron estereotipadas e condicionadas pola influencia destes imaxinarios. Hoxe, a pesar dos avances na inclusión, estas ideas prexudicadas seguen predominando no imaxinario colectivo, o que dificulta a participación activa das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual en diversos ámbitos. O obxectivo xeral deste proxecto é analizar o papel dos imaxinarios sociais na percepción das persoas con síndrome de Down, desde a perspectiva do Traballo Social como disciplina vinculada á xustiza social, a concienciación e a inclusión social. Esta investigación ten un enfoque cualitativo, adopta o paradigma sociocrítico e utiliza a fenomenoloxía como método. A mostraxe será por conveniencia e empregarase unha entrevista semiestruturada como técnica de recollida de datos, que permita a exploración máis profunda das narracións dos participantes. Por último, este Traballo Fin de Grao pretende visibilizar as voces, desmitificar estereotipos e colaborar para construír un imaxinario social imparcial e inclusivo.

O impacto dos centros ocupacionais no desenvolvemento das competencias profesionais das persoas con discapacidade intelectual. Proxecto de investigación cualitativa dende ASPAS.
Autoría
M.V.C.
Grao en Traballo Social
M.V.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
No constructo de inserción social e laboral en relación ás persoas con discapacidade intelectual, existen unha serie de barreiras referidas á propia persoa con discapacidade e barreiras externas á persoa con discapacidade, todas elas dificultando o acceso dunha persoa con discapacidade a un posto de traballo. Dada a situación presentada, este proxecto de investigación cualitativa céntrase en elixir como participantes a persoas con discapacidade intelectual, que utilizan os centros ocupacionais como medio de inserción laboral e social, a través da entidade de acción social do terceiro sector ASPAS, situada en Santiago de Compostela. Co obxectivo de analizar as competencias profesionais das persoas con discapacidade intelectual en relación coa súa participación no centro ocupacional ASPAS. En canto á metodoloxía, esta investigación realízase desde un nivel exploratorio de profundidade, utilizando o paradigma interpretativo e o método fenomenolóxico. Por outra banda, aplicarase a mostraxe intencionada combinada coa estratexia da bola de neve, co fin de dotar de maior rigor á investigación. En canto á recollida de datos, realizarase mediante a técnica da entrevista semiestruturada, que se realizará con persoas con discapacidade, familiares e profesionais de ASPAS, xunto co grupo focal e o caderno de campo. O tipo de análise será narrativo e tamén se empregará Atlas.ti. En canto á duración desta investigación, será de 15 meses, dende febreiro de 2025 ata maio de 2026

As situacións de risco e o Traballo Social Sanitario: unha perspectiva desde o Hospital Provincial de Conxo
Autoría
A.V.B.
Grao en Traballo Social
A.V.B.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao mostra a intervención que se realiza desde o servizo de Traballo Social do Hospital Provincial de Conxo ante as situacións de risco que se xeran nas persoas maiores en situación de dependencia que se atopan hospitalizadas, explorando as diferentes medidas que existen e se aplican desde este servizo para actuar en ditas situacións. Cómpre destacar que este traballo realizouse seguindo a modalidade de proxecto de investigación cualitativa e por tanto, a técnica que se vai a empregar será a propia desta, a entrevista semiestruturada. Esta vai dirixida ás persoas profesionais de Traballo Social que traballen ou traballasen no Hospital Provincial e actuasen con persoas en situación de risco. Mediante a realización desta investigación preténdese dar a coñecer a labor social dentro do ámbito hospitalario, describir as funcións da persoa profesional de Traballo Social Sanitario e a intervención que se leva a cabo desde o Hospital Provincial para garantir a seguridade da persoa paciente hospitalizada. Os resultados deste estudo pretenden axudar a buscar mellores prácticas de intervención e mellorar o apoio para este grupo poboacional.