A Universidade de Santiago de Compostela deseñou un plan de autoprotección para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais tendo en conta a Norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.
O obxectivo do Plan de Autoprotección para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais é previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens e dar resposta axeitada ás posibles situacións de emerxencia garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.