Ir o contido principal

Información sobre o grao en Linguas e Literaturas Modernas

O grao en Linguas e Literaturas Modernas ten por obxecto formar graduadas e graduados que dominen coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para o estudo avanzado lingüístico e literario da lingua alemá, francesa, italiana ou portuguesa, ou do bloque románico no seu conxunto, e das literaturas e culturas correspondentes.

Con este fin, a titulación ofrece as seguintes alternativas ou mencións:

Cada unha delas ten como núcleo un maior, formado por 20 materias de seis créditos agrupadas en módulos. 

Por outra parte, o módulo de formación básica, ademais de homoxeneiza-lo nivel inicial da lingua correspondente ó itinerario elixido e de proporcionar unha formación básica nunha segunda e terceira lingua, está concibido para proporciona-los coñecementos e as ferramentas metodolóxicas necesarias para abordar, en xeral, o estudo das linguas e das literaturas.

Finalmente, a través dos módulos complementario e optativo as e os estudantes poderán adquirir unha formación de nivel básico ou medio nunha segunda e mesmo nunha terceira lingua e a súa literatura, en Lingüística Xeral, en Teoría da Literatura ou en Filoloxía Románica, ou ben combina-la formación inicial nunha destas disciplinas coa profundización nos contidos estudados no maior.