Estudo computacional de electrolitos water-in-salt híbridos na interfase electroquímica (Especialidade en Física da Materia)
Autoría
D.A.F.
Máster Universitario en Física
D.A.F.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
No presente traballo de fin de máster (TFM), levaranse a cabo simulacións de dinámica molecular de electrolitos water-in-salt (WiS) híbridos, obtidos mediante a incorporación de diferentes concentracións dun disolvente orgánico (acetonitrilo). Os sistemas estudados: LiTFSI+H2O a 21 m; NaTFSI+H2O a 8 m; e NaOTF+H2O a 9 m, correspóndense cos seus respectivos límites de solubilidade en auga, e presentan un gran potencial en aplicacións electroquímicas. En particular, analizarase o efecto da substitución do catión lítico por outro sódico e do anión TFSI polo de OTF, así como a adición de co-solvente, na estruturación e organización da interfase electrodo-electrolito. Máis concretamente, estudáronse as capacitancias, os perfís de densidade e as orientacións das diferentes especies presentes no sistema.

Dirección
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
LOMBA GARCÍA, ENRIQUE Cotitoría
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
LOMBA GARCÍA, ENRIQUE Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Análise e caracterización do recurso eólico en diferentes rexións baseadas en datos do ERA5 e modelos do CMIP6
Autoría
K.M.B.J.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
K.M.B.J.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Neste artigo analízase o desenvolvemento do recurso eólico en diferentes rexións para avaliar as súas perspectivas de cambio e as súas implicacións enerxéticas. Para isto, descargáronse datos de velocidade do vento de dúas fontes. Por unha banda, empregáronse datos do ERA5 das últimas décadas (1985-2024), que combinan observacións meteorolóxicas globais con información baseada en modelos. Por outra banda, utilizáronse resultados de dous modelos climáticos do CMIP6 (o CESM2 e o EC-Earth3-Veg-LR), simulando tanto datos históricos (1985-2014) como predicións futuras (2070-2099), considerando escenarios de cambio climático leve (SSP1-2.6) e extremo (SSP5-8.5). A continuación, calculáronse varios parámetros, como as velocidades medias e as frecuencias relativas para diferentes rangos de velocidade. Ademais, utilizando as curvas de potencia de dous aeroxeradores con características estándar, obtívose a enerxía anual que se podería xerar tanto en terra (eólica onshore) como no mar (eólica offshore). Finalmente, a velocidade do vento e a produción de enerxía representáronse en varios mapas a tres escalas xeográficas diferentes: global, nacional e rexional. Os resultados do CESM2 indican que o recurso eólico aumentará tanto en España como en Galicia, sendo esta variación máis notable nun escenario de cambio climático suave. Os resultados do EC-Earth3-Veg-LR mostran tendencias similares, aínda que con variacións moito máis moderadas, mesmo negativas nalgúns casos.

MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Vogal)

Estudo computacional do transporte de misturas de líquidos iónicos e cosolventes moleculares na interfase electroquímica (Especialidade en Física da Materia)
Autoría
M.A.B.F.
Máster Universitario en Física
M.A.B.F.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
No presente traballo de fin de máster lévase a cabo un estudo sistemático do efecto da lonxitude da cadea en mesturas de líquidos iónicos con cosolventes moleculares baseados en alcohois. En concreto, o estudo centrarase en sistemas formados por líquidos da familia dos alquilamonios en presenza de propanol. Estas mesturas presentan unha condutividade anómala, a cal será analizada en profundidade mediante o uso de potenciais interatómicos polarizables. Estes cálculos realizaranse tanto en fase bulk como nas proximidades dunha interfase electroquímica.

Montes Campos, Hadrián Cotitoría
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
Montes Campos, Hadrián Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Análise da produción de sexaquarks mediante o experimento LHCb (Especialidade en Física Nuclear e de Partículas)
Autoría
B.F.R.
Máster Universitario en Física
B.F.R.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Os sexaquarks (uuddss) son hipotéticos estados ligados de seis quarks. A súa estabilidade e baixa tasa de interacción fanos representar un prometedor candidato a materia escura (DM). O detector LHCb do CERN constitúe unha vía para o seu descubrimento, pois nel prodúcense grandes cantidades de barións pesados que poderían decaer a sexaquarks. Ademais, o actual período de toma de datos no LHC (Run 3) representa unha grande oportunidade de cara ao descubrimento destes decaementos debido á mellora no sistema de trigger. O obxectivo do presente traballo é determinar os decaementos máis viables para a produción de sexaquarks en LHCb de cara a elaborar as liñas de trigger para a obtención de datos respecto a estes decaementos no Run 3 do LHC.

VIEITES DIAZ, MARIA (Titoría)
CID VIDAL, XABIER Cotitoría
VIEITES DIAZ, MARIA (Titoría)
CID VIDAL, XABIER Cotitoría
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Vogal)

Estudo da viabilidade de implementar o turismo sostible na illa de San Andrés (Colombia)
Autoría
V.H.G.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
V.H.G.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A illa de San Andrés enfróntase a múltiples desafíos derivados do turismo tradicional, como mitigar a deterioración ambiental, a presión sobre os recursos naturais, a desigualdade social e a dependencia económica do sector turístico. Este estudo avalía a viabilidade de implementar un modelo de turismo sostible que permita integrar o desenvolvemento económico coa preservación ambiental e o benestar comunitario. Este estudo ten unha metodoloxía cualitativa que combina a revisión bibliográfica, análise de bases de datos e enquisas a actores clave. Identificáronse as principais necesidades ambientais, sociais, económicas e enerxéticas da illa, analizouse o impacto do turismo convencional e documentáronse iniciativas sostibles xa existentes. Os resultados da enquisa amosan unha percepción crítica sobre o estado ambiental da illa, preocupación polo cambio climático e unha disposición por parte dos actores locais a colaborar en procesos de transformación turística. Este estudo propón desenvolver estratexias enfocadas na transición enerxética, xestión integral de residuos, regulación da carga turista e fortalecemento da participación comunitaria e cultural

RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Vogal)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Vogal)
Deseño dun sistema de emisión de luz mediante o software de deseño óptico Zemax (Especialidade en Física da luz e a radiación)
Autoría
D.L.F.
Máster Universitario en Física
D.L.F.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo fin de máster é deseñar un sistema emisor de luz baseado en fontes LED ou en feixes de fibra láser para alimentar de forma remota células fotovoltaicas, a distancias de entre varios metros a decenas de quilómetros, utilizando o simulador de deseño óptico ANSYS Zemax OpticStudio.

GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría

DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Presidente/a)
MOURIZ CEREIJO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
LOPEZ LAGO, MARIA ELENA (Vogal)

Estudo micromagnético de (nano)superelipsoides e aplicabilidade do modelo macrospín (Especialidade en Física da Materia)
Autoría
I.L.V.
Máster Universitario en Física
I.L.V.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Neste traballo preséntase un estudo teórico do comportamento magnético de nanopartículas magnéticas de Fe3O4 con forma de superelipsoide, unha familia de formas que permite interpolar de maneira continua entre esferas e cubos. Mediante simulacións micromagnéticas, analízase tanto a orde magnética en ausencia de campo externo como a resposta das nanopartículas fronte á aplicación dun campo magnético, co obxectivo de avaliar a validez do modelo macrospín para describilas. Tras unha descrición detallada do modelo físico e computacional empregado, o estudo iníciase coa determinación do rango de comportamento coherente das nanopartículas en función do seu tamaño e forma. Unha vez identificado este, analízase a correspondencia entre as simulacións micromagnéticas e o modelo macrospín descrito como unha combinación de anisotropías mediante a análise comparativa dos correspondentes ciclos de histérese. Os resultados mostran a capacidade deste modelo simplificado para describir o comportamento de formas xeometricamente próximas independentemente da súa elongación. O estudo complétase cunha introdución ás simulacións dinámicas con temperatura e cunha análise cualitativa da estrutura interna das nanopartículas, concretamente das configuracións tipo vórtice.

SERANTES ABALO, DAVID (Titoría)
Iglesias Clotas, Oscar Cotitoría
SERANTES ABALO, DAVID (Titoría)
Iglesias Clotas, Oscar Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Claves da Xestión Forestal para mellorar a loita contra o cambio climático e contra os incendios forestais en Galicia: Un enfoque baseado na prevención
Autoría
A.M.F.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
A.M.F.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O presente traballo aborda a xestión forestal, o cambio climático e os incendios forestais en Galicia desde a perspectiva das comunidades de montes veciñais en man común. A orixe desta proposta radica na necesidade de afondar no papel que pode desempeñar a xestión forestal local fronte aos crecentes desafíos ambientais, nun contexto no que o abandono do territorio e a falta de continuidade xeracional nas zonas rurais contribúen a incrementar o risco de incendios e ao deterioro do ecosistema. A través dunha combinación metodolóxica baseada na revisión bibliográfica, entrevistas con persoas expertas e enquisas dirixidas a comunidades e mancomunidades de montes veciñais, recompiláronse datos que permiten identificar as prácticas máis habituais, a percepción do risco ambiental e os principais obstáculos que condicionan a súa xestión diaria. Así mesmo, analizouse o grao de implicación das comunidades nas políticas públicas e os instrumentos de apoio existentes. Os resultados evidencian que moitas comunidades activas desenvolven tarefas preventivas, como desbroces ou mantemento de franxas de protección, e amosan un interese crecente por modelos de xestión máis sostibles, diversos e vinculados ao territorio. Tamén se recollen demandas frecuentes relativas á mellora da coordinación coas administracións, á simplificación da tramitación burocrática e ao recoñecemento do labor que estas comunidades realizan no conxunto do territorio galego. O traballo pretende contribuír ao recoñecemento do esforzo destas entidades locais e reflexionar sobre a necesidade de reforzar o apoio público e social como condición imprescindible para avanzar cara a unha xestión forestal máis eficaz, capaz de reducir os impactos ambientais esperados e de xerar oportunidades de desenvolvemento sostible no medio rural.

REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
Blanco Ballón, Jorge Manuel Cotitoría
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
Blanco Ballón, Jorge Manuel Cotitoría
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Vogal)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Vogal)
Caracterización e eliminación do fondo no sistema de muóns do experimento LHCb para a procura de partículas de longa vida (Especialidade en Física Nuclear e de Partículas)
Autoría
A.M.A.
Máster Universitario en Física
A.M.A.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Este estudo presenta dúas contribucións significativas para a procura de partículas de longa vida (LLPs) no sistema de muóns (MS) do experimento LHCb: (1) a optimización da liña de trigger existente para a selección de eventos con LLPs, e (2) o desenvolvemento dun novo método para a supresión de fondo. En primeiro lugar, abórdase o problema da liña de trigger existente, anteriormente “preescalada” debido á súa alta sensibilidade ás condicións de toma de datos. O problema é orixinado por un desaxuste na multiplicidade de hits entre as mostras de Monte Carlo (MC) usadas para o seu adestramento e os datos experimentais. A solución proposta, aínda baixo desenvolvemento, baséase no reweighting do MC de sinal usando unha canle de control e o “readestramento” do algoritmo, utilizando esta nova mostra de sinal e os datos filtrados por HLT1 como fondo. En segundo lugar, desenvólvese un método orixinal para a supresión de fondo, abordando un tipo de fondo característico que presenta trazas asociadas no evento e que representa unha contribución arredor do 50/80% nas rexións externas do MS. Como modelo de referencia, utilízase unha partícula neutra hipotética alén do Modelo Estándar (BSM), denominada S, que se orixina a partir do decaemento dun mesón B, esta partícula estúdase para varios tempos de vida (1, 5, 10 e 50 ns). O método consiste en extrapolar as trazas reconstruídas dende os subdetectores anteriores ao MS, asociándoas cos hits do MS mediante unha métrica similar a un chi cuadrado. Finalmente, se adestra un modelo de rede neuronal capaz de discriminar a sinal do fondo. Os resultados mostran eficiencias de sinal de aproximadamente un 80% cunha supresión de fondo do 90% nas rexións externas do MS (R3 e R4), e valores arredor do 80/90% de eficiencia de sinal cun rexeitamento de fondo máis conservador, do 50%, nas rexións internas (R1 e R2). Estas contribucións complementan un estudo previo de 2024 sobre a reconstrución de sinais BSM e representan un avance significativo na procura de LLPs dentro do MS de LHCb.

CID VIDAL, XABIER (Titoría)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
VAZQUEZ SIERRA, CARLOS Cotitoría
Tribunal
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Presidente/a)
ALVAREZ POL, HECTOR (Secretario/a)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Vogal)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Presidente/a)
ALVAREZ POL, HECTOR (Secretario/a)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Vogal)
Plan de calibración para mostras radiactivas no experimento de proba do detector Cherenkov de auga (WCTE) (Especialidade Física Nuclear e de Partículas)
Autoría
J.S.M.J.
Máster Universitario en Física
J.S.M.J.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo faise un estudo do estado da arte dos osciladores de neutrinos e o seu impacto nas medicións realizadas con detectores. Preséntase unha descrición xeral dun detector de Cherenkov e, a continuación, descríbese en maior detalle o experimento Hyper-K, inspirado no Super-Kamiokande e nos seus resultados. Así mesmo, descríbese o experimento WCTE. Analízanse todos os fenómenos de radiación implicados na captura de neutróns dentro do WCTE, salientando as complicacións asociadas a interaccións físicas non desexadas. Finalmente, exponse o estudo e os resultados da calibración do WCTE utilizando unha fonte de AmBe, obténdose un resultado de 17 Hz/PMT. Con este valor conclúese que, para acadar un erro estatístico igual ou inferior ao 1 \%, a fonte debe permanecer no detector durante aproximadamente 573 segundos.

HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
Costas Rodríguez, Diego Cotitoría
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
Costas Rodríguez, Diego Cotitoría
Tribunal
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Presidente/a)
ALVAREZ POL, HECTOR (Secretario/a)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Vogal)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Presidente/a)
ALVAREZ POL, HECTOR (Secretario/a)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Vogal)
Búsqueda de Axion-like particles en LHCb (Especialidade en Física Nuclear e de Partículas)
Autoría
A.N.C.
Máster Universitario en Física
A.N.C.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
As Axion-Like Particles (ALPs) son partículas hipotéticas correspondentes a unha das extensións do Modelo Estándar máis populares e que resolve algunhas das cuestións abertas desta teoría, como o problema de CP forte. O LHCb é un dos detectores no acelerador de partículas LHC e preséntase como unha potente opción para a detección de ALPs. Neste traballo expóñense dous proxectos no contexto de detección de ALPs en LHCb. O primeiro trata coa actualización dunha liña da última parte do trigger online do LHCb, o HLT2. O obxectivo é a modificación de parámetros para a conservación de candidatos de ALPs aproveitando o acoplamento a fotóns. Os cambios introducidos buscan empregar a recentemente dispoñible información proveniente dos calorímetros de LHCb durante a Run 3 do LHC. O segundo propón unha análise e caracterización completa da detección en LHCb dun ALP decaendo a eta pi pi mediante un clasificador BDT adestrado con datos reais e simulación Monte Carlo. A eficiencia do algoritmo desenvolvido é probada sobre datos de fondo combinatorio recollidos durante a Run 2 do LHC.

Casais Vidal, Adrián Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
Casais Vidal, Adrián Cotitoría
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Vogal)
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Vogal)
Redución do efecto illa de calor en parques/prazas urbanas
Autoría
N.P.G.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
N.P.G.
Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo aborda o estudo do efecto illa de calor urbana e analiza se unha praza do casco histórico de Santiago de Compostela pode actuar como espazo mitigador deste fenómeno. Mediante unha metodoloxía mixta, realizouse unha avaliación de nove prazas urbanas segundo criterios físicos, ambientais e sociais, escolléndose a Praza de Fonseca como caso de estudo. Nela analizouse a súa evolución histórica e composición ambiental. Tamén se desenvolveu unha enquisa cidadá que revelou a importancia que a poboación outorga á sombra, vexetación e presenza de auga nos espazos públicos. Os resultados mostran que a praza contribúe á mitigación térmica grazas á súa infraestrutura verde, á fonte central, á ventilación natural e á organización espacial. A pesar do uso de materiais pouco reflexivos como o granito e das limitacións urbanísticas do casco histórico, o espazo amosa un bo comportamento climático. Conclúese que, mesmo en contextos con restricións, é posible mellorar o confort térmico mediante intervencións adaptadas e sostibles. Reforzar a infraestrutura verde ou integrar criterios climáticos na planificación urbana resulta clave para avanzar cara a cidades máis resilientes fronte ao cambio climático

VAAMONDE LONGUEIRA, JOSÉ FRANCISCO (Titoría)
VAAMONDE LONGUEIRA, JOSÉ FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Vogal)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
SEOANE IGLESIAS, NATALIA (Vogal)
Deseño e caracterización dun sensor integrado nun dispositivo va de microfluidica (Física da luz e da radiación)
Autoría
P.P.L.
Máster Universitario en Física
P.P.L.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo céntrase no deseño e caracterización dun sensor óptico integrado en dispositivos microfluídicos feitos con polidimetilsiloxano (PDMS). O obxectivo é detectar fluorescencia de Rodamina 6G en mostras líquidas, comparando fontes de iluminación, volume e concentración. A fabricación de chips de PDMS, realizada mediante litografía branda, complementouse cun tratamento de plasma de osíxeno para mellorar a hidrofilia superficial, reducindo significativamente o ángulo de contacto da auga. Confirmouse que a intensidade da fluorescencia é directamente proporcional á concentración e ao volume da mostra. A excitación con láser (408.19 nm) resultou máis eficiente que co LED (450.80 nm) na inducción de fluorescencia. Os canles en zigzag demostraron a capacidade de mesturar fluidos e recolectar o sinal adecuadamente. As limitacións incluíron desafíos no selado do PDMS, a variabilidade na configuración experimental ou a presenza de burbullas nas mostras. Propuxéronse melloras como a automatización da montaxe experimental e o enchemento de fluidos para futuras aplicacións.

Gómez Varela, Ana Isabel (Titoría)
BAO VARELA, Mª CARMEN Cotitoría
Gómez Varela, Ana Isabel (Titoría)
BAO VARELA, Mª CARMEN Cotitoría
Tribunal
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Presidente/a)
MOURIZ CEREIJO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
LOPEZ LAGO, MARIA ELENA (Vogal)
DE LA FUENTE CARBALLO, RAUL (Presidente/a)
MOURIZ CEREIJO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
LOPEZ LAGO, MARIA ELENA (Vogal)
Simulación e análise da efectividade de materiais avanzados para revestimentos estruturais en reactores de fusión empregando Geant4 (Física Nuclear e de Partículas)
Autoría
L.D.R.O.
Máster Universitario en Física
L.D.R.O.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster analízase o comportamento de distintas configuracións avanzadas de materiais fronte á irradiación neutrónica característica do entorno interno dun reactor de fusión. Para iso, realízanse simulacións de transporte de neutróns mediante o método Monte Carlo, empregando o paquete Geant4. O estudo céntrase en dous deseños representativos de programas europeos de fusión: un baseado nunha aliaxe líquida de litio e chumbo, e outro que combina un recubrimento cerámico con berilio como multiplicador de neutróns. Utilizando unha xeometría simplificada, as simulacións permiten analizar o transporte e deposición de enerxía por parte dos neutróns, así como a xeración de partículas secundarias en cada material. Este marco permite unha avaliación comparativa de ambos deseños en termos de efectividade da blindaxe radiolóxica, capacidade de produción de tritio e acumulación de dano estrutural, cuantificado mediante desprazamentos atómicos e produción de gases.

AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Titoría)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Titoría)
Tribunal
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Presidente/a)
ALVAREZ POL, HECTOR (Secretario/a)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Vogal)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Presidente/a)
ALVAREZ POL, HECTOR (Secretario/a)
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Vogal)
Desenvolvemento e validación dun sistema de predición de propiedades físico-químicas moleculares mediante redes neuronais baseadas en grafos (Especialidade en Física da Materia)
Autoría
A.V.B.
Máster Universitario en Física
A.V.B.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Neste traballo desenvolvemos unha rede neuronal baseada en grafos coa intención de predicir as cargas parciais atómicas de moléculas orgánicas. A novidade principal que se plantexa é unha metodoloxía para o procesado dos datos. Esta consiste en dividir as moléculas en fragmentos de tamaño fixo, permitindo o uso dunha única arquitectura de rede para procesar compostos moleculares cun número de átomos variable. Esta estratexia demostra ser útil, obtendo resultados comparables á literatura actual.

Prieto Estévez, Gerardo (Titoría)
DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Prieto Estévez, Gerardo (Titoría)
DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Presidente/a)
PARDO CASTRO, VICTOR (Secretario/a)
CASTRO PAREDES, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Calibración inicial do detector NEXT-100. (Especialidade en Física Nuclear e de Partículas)
Autoría
P.V.C.
Máster Universitario en Física
P.V.C.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O detector NEXT-100 entrou en operación en 2024 no Laboratorio Subterráneo de Canfranc. Éste é o derradeiro dunha serie de detectores adicados á observación da hipotética sinal dobre beta sen neutrinos no 136Xe a alta presión. Dita observación probaría a natureza de Majorana do neutrino e, en consecuencia, que estas partículas son a súa propia antipartícula. O traballo céntrase na calibración inicial do detector. Con este obxetivo, empréganse fontes de 83mKr que, ao desintegrarse de maneira puntual emitindo electróns dunha enerxía ben coñecida (41.5 keV), permite determinar correcións xeométricas e temporais á enerxía en todo o volume de detector.

HERVES CARRETE, CARLOS Cotitoría
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
HERVES CARRETE, CARLOS Cotitoría
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Vogal)
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Secretario/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Vogal)
Materiais funcionais bidimensionais: Implementación dun sistema para a obtención, transferencia determinista e medida eléctrica de nanoplaquetas Van der Waals (Especialidade en Física da Materia)
Autoría
P.G.V.P.
Máster Universitario en Física
P.G.V.P.
Máster Universitario en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Neste traballo preséntase a implementación, por primeira vez no grupo QMatterPhotonics da Universidade de Santiago de Compostela, dun sistema experimental para a obtención de materiais bidimensionais mediante exfoliación e transferencia seca directa. O sistema desenvolvido integra compoñentes de microscopía óptica e posicionamento micrométrico en tres dimensións, e emprega como medio intermedio de transferencia películas viscoelásticas de polidimetilsiloxano (PDMS). Esta técnica permite obter e manipular con alta precisión plaquetas de escala micrométrica en área e nanométrica (ou incluso atómica) en espesor, correspondentes a materiais bidimensionais con cohesión interlaminar débil, coñecidos como Van der Waals nanoflakes. En particular, logrouse a obtención e transferencia de nanoflakes de NbSe2 sobre distintos substratos, incluíndo vidro, ouro, aluminio e YBa2Cu3O7 supercondutor. Así mesmo, o traballo presenta a fabricación dun dispositivo para a medida eléctrica dos nanoflakes, elaborado mediante evaporación metálica empregando unha máscara micrométrica deseñada ad hoc. Preséntanse tamén as primeiras medicións voltaxe intensidade de nanoflakes transferidos ao dispositivo. Os dous desenvolvementos aquí presentados forman parte das etapas iniciais do proxecto de investigación que o grupo QMatterPhotonics leva a cabo para a fabricación de novos nanosensores ópticos con sensibilidade a nivel dun só fotón, con aplicacións en comunicacións cuánticas. Os resultados obtidos demostran a viabilidade do método de transferencia seca con PDMS para a creación deste tipo de nanodispositivos.

VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Titoría)