A Física como disciplina científica focalizouse tradicionalmente na investigación científica e a docencia como ámbitos de actuación. Non obstante, o físico na actualidade desenvólvese en áreas profesionais moi dispares, como a sanidade, a informática, a economía ou as comunicación, debido á versatilidade da súa formación.
PresentaciónPlan de estudos por cursoPlan de estudos por módulosAcceso e admisiónRecursos materiaisObxectivosResultados do proceso de formación e de aprendizaxeMobilidade e prácticasTraballo de Fin de GraoEquipo docenteIndicadores de calidadePresentación
Duración:
4 anos académicos Código RUCT: 2501102 Número prazas: 90
Decano/a ou director/a do centro:
MARIA ELENA LOPEZ LAGO elena.lopez.lago [at] usc.gal
Coordinador-a do título:
Maria Elena Lopez Lago elena.lopez.lago [at] usc.es
Linguas de uso: Castelán, Galego
Nivel MECES: 2
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: 5 de marzo de 2010 (modificación: 20 de outubro de 2010)
Tradicionalmente, os ámbitos de actuación da Física como disciplina científica centrábanse fundamentalmente ao redor da docencia e investigación, campos nos que se situou nun lugar de privilexio dados os numerosos e importantes avances que promoveu ao longo da historia, moitos determinantes para o desenvolvemento doutras áreas como matemáticas, enxeñería, sanidade, química, bioloxía, informática, economía, socioloxía, etc.
Esta enorme influencia que exerceu a física no desenvolvemento científico e tecnolóxico supuxo que, desde hai máis de dúas décadas, a actividade do físico non se limite exclusivamente aos seus campos de actuación tradicionais, senón que propiciou que a gran maioría de titulados en ciencias físicas poidan desenvolver a súa actividade en sectores profesionais tan dispares como a sanidade, a seguridade, a informática, a economía e finanzas, as comunicacións, o medio ambiente ou a consultoría, entre outros. A gran versatilidade do físico é un feito innegable o que lle coloca nunha excelente posición para a súa inserción no mercado laboral tanto polas competencias adquiridas, en particular a súa capacidade de modelización para abordar problemas de calquera natureza, como pola diversidade de saídas profesionais que se lle ofrecen.
Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, os alumnos poden ser admitidos na titulación de Grao de Física se reúnen os requisitos de acceso que estabelece a lei. Para o ingreso no Grao en Física recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro dese perfil, ademais de en física, resulta recomendábel ter formación en matemáticas e/ou bioloxía, química e debuxo técnico.
Ademais, sería desexábel que o futuro estudante do Grao de Física posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Razoamento abstracto
- Gusto pola observación e modelización da natureza
- Capacidade de síntese
- Interese pola resolución de problemas
- Curiosidade científica
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en galego e en castelán.
- Capacidade de traballo en equipo
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo
1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos.
Acción titorial e acollida
A Universidade de Santiago conta cun servizo de participación e integración universitaria (SEPIU) (http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu) que traballa na integración de persoas con discapacidade e presta apoio para o desenvolvemento das adaptacións curriculares, así como un protocolo para a integración na comunidade universitaria.
O Programa A Ponte, ten deseñado un plan de acollida en cada centro baseado nos seguintes puntos:
Unha sesión informativa especial a cargo do equipo decanal, o primeiro día do curso, na que se explican os detalles do funcionamento da Facultade. A esta sesión asistirá un representante do equipo reitoral que informará aos novos alumnos do funcionamento da Universidade en xeral e sobre todo dos seus dereitos e deberes. Esta sesión acaba coa asignación a cada grupo de dez alumnos, dun alumno-titor que seguirá con eles durante toda a tarde e poraos ao corrente da vida académico-universitaria.
Sistema de titorías personalizadas. No segundo cuadrimestre de cada curso prepárase un grupo de alumnos de terceiro ano para seren alumnos-titores dos alumnos novo no curso seguinte. O Curso de Titores, impartido por persoal cualificado, ponos ao corrente en todo o relacionado coa USC e coa forma de canalizar os novos estudantes. Como se dixo anteriormente, a súa autorización comeza o primeiro día do curso entrante e segue durante todo o curso académico.
Guía de centro. Cada ano entregarase a todos os estudantes da Facultade unha Guía do Curso, na que se incluirá información pormenorizada sobre a Facultade, Plan de Estudos do Grao de Física, Normativa Académica, Organización Docente do curso e Programas Docentes detallados de todas as materias
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Criterios de acceso e admisión
Poden acceder a estudos de Grao aqueles estudantes que posúan os títulos, diplomas ou estudos seguintes ou otros declarados equivalentes ou homologados a estes:
A.1. Bacharelato do Sistema Educativo Español, Bacharelato Europeo o Bacharelato Internacional.
A.2. Bacharelato procedente de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de otros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais.
A.3. Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Diseño ou Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español.
A.4. Outros estudos que, nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais en réxime de reciprocidade, acrediten os requisitos académicos esixidos en ditos Estados para acceder aos seus estudos universitarios.
A.5. Títulos universitarios oficiais de Diplomado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, Graduado ou Máster Universitario.
A.6. Estudos universitarios parciais, estranxeiros ou españois.
Tamén poderán acceder a estudios de Grao:
B.1. Persoas maiores de vintecinco anos que superen unha proba de acceso específica.
B.2. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cunha ensinanza universitaria.
B.3. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen unha proba de acceso específica.
Do mesmo xeito, poderán acceder a estudos de Grao:
C.1. Persoas que estiveran en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro.
Recursos materiais
A Facultade de Física conta con 11 aulas de docencia de distinta capacidade, dotadas dos medios didácticos e audiovisuais necesarios para implantar as metodoloxías do Espazo Europeo de Educación Superior. Así mesmo, dispón de dúas aulas de informática para docencia, con 25 e 15 postos, respectivamente.
Tamén dispón dunha Sala de Xuntas, con capacidade para 32 prazas e dunha Aula Magna, con capacidade para 100 persoas.
Para a formación práctica, conta con varios laboratorios docentes convenientemente equipados e en permanente actualización: Física Xeral, Física Cuántica, Mecánica e Ondas, Termodinámica, Óptica, Electrónica, Estado Sólido , Física Nuclear e Electromagnetismo.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, con mesas de traballo, postos de carga e conexión a rede de datos e sen fíos.. O centro dispón dunha Biblioteca Intercentros, compartida coa facultade de Óptica e Optometría, que concentra os fondos específicos desta titulación e que conta con máis de 144 postos de lectura. A biblioteca está situada na planta baixa da facultade de Física. Tamén hai que destacar que desde calquera punto da facultade é posible a conexión sen fíos a Internet
Obxectivos
1. Formar graduados capaces de observar, catalogar e modelizar os fenómenos da natureza a través dos seus coñecementos sobre as distintas ramas da Física, posibilitando o seu acceso ao mercado laboral en postos de nivel de responsabilidade medio-alto ou ben continuar estudos, cun alto grao de autonomía, en disciplinas científicas ou tecnolóxicas.
2. Desenvolver nos estudantes unha clara percepción de situacións aparentemente diferentes pero que mostran evidentes analoxías físicas, o que permite a aplicación de solucións probadas a novos problemas.
3. Potenciar nos estudantes a capacidade de identificar os elementos esenciais dun proceso ou unha situación completa que lle permita construír un modelo simplificado que describa, coa aproximación necesaria, o obxecto de estudo e posibilite realizar predicións sobre a súa evolución futura. Así mesmo, debe ser capaz de comprobar a validez do modelo introducindo as modificacións necesarias cando se observen discrepancias entre as predicións e as observacións.
4. Familiarizar ao alumno co traballo no laboratorio, a instrumentación e os métodos experimentais máis usados.
5. Transmitir a relevancia da Física no panorama da Ciencia actual así como o importante papel que esta xoga no desenvolvemento tecnolóxico da nosa sociedade. Inculcar ao alumno unha visión da Física como parte integrante da Educación e a Cultura que lle permita recoñecer a súa presenza na Natureza a través da Ciencia, a Tecnoloxía e a Arte.
6. Transmitir aos estudantes o respecto polos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos así como os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade
Resultados do proceso de formación e de aprendizaxe
Competencias básicas
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente seencontra a un nivel que, ben que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente sedemostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
1. Que os graduados e graduadas posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
2. Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
3. Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
4. Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Física tanto a un público especializado como non especializado.
5. Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Competencias específicas
a) Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e de establecer un modelo de traballo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos: Destrezas de modelado e de resolución de problemas.
b) Ser capaz de comparar novos datos experimentais con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos: Destrezas de modelado.
c) Ser capaz de interpretar cálculos de forma independente. Ademais, o graduado debería ser capaz de desenvolver programas de software: Destrezas de resolución de problemas e destrezas informáticas.
d) Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analoxía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas: Destrezas para a resolución de problemas.
e) Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos: Procura de bibliografía e outras destrezas.
f) Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles: Comprensión teórica de fenómenos físicos.
g) Familiarizarse coas áreas máis importantes da Física, non só a través da súa significancia intrínseca senón tamén pola relevancia esperada no futuro para a física e as súas aplicacións: Coñecemento xeral en Física
h) Terse familiarizado cos modelos experimentais máis importantes, ademais ser capaces de realizar experimentos de forma independente, así como describir, analizar e avaliar críticamente os datos experimentais: Destrezas experimentais e de laboratorio.
i) Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comunmente utilizados: Destrezas en matemáticas e na resolución de problemas.
Mobilidade e prácticas
Mobilidade
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Segundo o Art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os estudantes poderán obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos por realización de prácticas externas relacionadas co título.
Traballo de Fin de Grao
Os alumnos poderán inscribirse para a realización do Traballo de Fin de Grao unha vez superados o 75% dos créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo o alumno deberá superar todos os demais créditos necesarios para o título de grao, isto é, polo menos 234 ECTS. Para non atrasar a gradación dos estudantes que reúnan os requisitos, a Facultade ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os cuadrimestres.
Número de prazas ofertadas para cada curso académico.
Info da escala: Número enteiro
90,0
90,0
90,0
90,0
90,0
90,0
Matrícula
IN02
Matrícula
Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.
Info da escala: Número enteiro
471,0
497,0
495,0
502,0
510,0
513,0
IN03
Matrícula de acceso
Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.
Info da escala: Número enteiro
100,0
103,0
100,0
106,0
108,0
107,0
IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición
Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.
Info da escala: Número enteiro
91,0
90,0
90,0
92,0
94,0
99,0
IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición
Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.
Info da escala: Porcentaxe con dous decimais
-5,21
-1,1
0,0
2,22
-
-
Perfil de entrada
IN06
Nota media de acceso por preinscrición
Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.
Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).
-
12,2496
12,7623
12,9318
12,7629
12,5536
IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

0,8
0,81
0,8
0,59
0,58
IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

1,27
1,81
2,22
2,79
4,31
5,46
Adecuación á demanda
IN10
Relación de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas
Número de estudantes preinscritos en primeira opción matriculados por primeira vez dividido entre as prazas ofertadas.

85,56
85,56
76,67
94,44
91,11
IN12
Taxa de ocupación
Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

102,22
104,44
110,0
Mobilidade
Indicador
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
Mobilidade allea
IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados
Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

1,01
1,01
1,2
2,16
1,36
Mobilidade propia
IN54
Porcentaxe de estudantado egresado que participou ao longo dos seus estudos en programas de mobilidade saínte.
Relación porcentual entre o subconxunto de estudantes egresados/as que pertencen á cohorte de novo ingreso e que ao longo da súa traxectoria na titulación de egreso participaron en programas de mobilidade saínte, e o nº de estudantes egresados/as que pertencen á cohorte de novo ingreso. Permite coñecer a participación de estudantes en programas de mobilidade saínte.

26,51
Prácticas
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu
Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

36,67
46,43
31,25
29,58
40,0
39,39
Resultados
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
Abandono
IN40
Taxa de abandono durante o primeiro curso
Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de ingreso matriculados no título no curso académico X, que non se matricularon nos cursos X+1 e X+2, e o número total de estudantes desa cohorte de entrada que accederon no curso académico X.

12,66
4,49
9,41
8,24
11,63
11,11
IN41
Taxa de abandono
Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

27,1
21,51
18,99
10,11
14,12
17,65
Avaliación
IN36
Taxa de avaliación
Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

87,15
91,04
84,86
87,51
89,42
89,51
Duración media dos estudos
IN38
Duración media dos estudos
Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.
Info da escala: Número racional con dous decimais
5,2963
5,2987
5,1892
5,2459
5,4444
5,0361
Eficiencia dos titulados
IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados)
Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

81,45
81,61
84,42
81,92
81,2
84,65
Estudantes por grupo
IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva
Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

29,5412
28,0053
30,7473
28,7092
29,3299
30,0259
IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)
Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

69,7333
69,4
71,5303
69,6522
69,6667
73,3134
IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)
Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

26,6429
31,5714
40,2857
33,1429
38,6429
37,4286
Éxito
IN35
Taxa de éxito
Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

84,16
91,46
82,87
82,56
86,27
87,16
IN50
Taxa de éxito dos egresados
Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou

81,59
81,76
89,06
88,12
90,22
90,13
Graduación
IN37
Taxa de graduación
Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso.

31,78
45,16
53,16
56,18
54,12
54,12
IN51
Taxa de idoneidade na graduación
Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou antes e a súa cohorte de ingreso.

13,08
19,35
29,11
29,41
30,59
46,51
Rendemento
IN34
Taxa de rendemento
Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

73,35
83,27
70,32
72,25
77,14
78,01
Satisfacción
IN15
Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade
Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade.
Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00
4,166
-
4,51
4,6
3,6
3,75
IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas
Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

4,2407
-
-
4,63
4,6
4,5711
IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas
Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

4,5
-
4,4
4,0
4,64
4,51
IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas
Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

4,75
-
4,0
-
-
4,8205
IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible
Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

2,4857
-
-
-
-
-
IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos
Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

3,3913
-
-
-
-
-
IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación
Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

3,39
3,32
3,09
3,87
IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida
Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

3,91
3,79
3,79
4,03
3,86
3,94
IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida
Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

4,1987
4,038
4,072
4,3049
4,309
4,2673
IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida
Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

33,6303
41,7559
32,5726
24,0
14,8297
33,0579
Recursos humanos
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios
Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

97,85
97,78
97,7
96,7
95,6
97,56
IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total
Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

98,94
100,0
98,85
98,92
98,91
98,85
IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total
Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

87,23
86,67
88,51
88,17
91,3
89,66

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.