Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Dar unha visión global da Bioloxía que permita a todo o alumnado, independentemente dos coñecementos previos que posúan, entender coa maior facilidade aqueles aspectos da súa carreira máis relacionados cos seres vivos.
- Comprender que o estudo da vida é complexo e diverso e que hai que abordar os seus conceptos de xeito interrelacionado, tendo en conta que aínda que se fragmente para os efectos do seu estudo, os sistemas biolóxicos conforman un todo integrado.
Resultados da aprendizaxe:
Con respecto á materia Bioloxía, o alumno demostrará:
- Comprender a importancia da aplicación dos coñecementos da Física na Bioloxía.
- Coñecemento, razoamento e argumentación de conceptos teóricos básicos de Bioloxía.
- Recoñecer as bases moleculares e os niveis de organización que presentan os seres vivos.
- Relacionar a estrutura e función dos principais grupos de biomoléculas e dos principais compoñentes celulares; así como identificar as características da célula como unidade funcional da vida.
- Coñecer, analizar e valorar os procesos de transformación da materia e enerxía que teñen lugar nos seres vivos
1. Introdución á bioloxía. O impacto da física na bioloxía.
2. Breve descrición das principais biomoléculas. Glúcidos, lípidos, proteínas e enzimas, ácidos nucleicos. Análise estrutural.
3. A célula e a organización celular. Estrutura xeral da célula. Estrutura e función dos compoñentes celulares.
4. Bioenerxética e metabolismo. Concepto de metabolismo e redes metabólicas. Obtención e transformación da enerxía polos seres vivos (fotosíntese e respiración).
5. Xenética. Do xene ao fenotipo. Transmisión da información. Biotecnoloxía.
6. Historia da vida. A evolución como un elemento unificador da bioloxía. Procesos e modelos evolutivos.
7. Bioloxía de organismos: multicelularidad e coordinación en plantas e animais. Interacción co medio e transmisión de sinais. Sistema nervioso.
8. Ecoloxía. Conceptos básicos; comunidades, ecosistemas e redes tróficas. O cambio climático.
Bibliografía básica
- Campbell, N. A. e Reece, J.B. (2007). Biología. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana.
- Curtis H.; Barnes, N.S.; Schnek, A. e Massarini, A. (2008). Biología. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC): http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9500605503].
Bibliografía complementaria
- Alberts, B; Bray, D.; Hopkin, K.; Johnson, A.; Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, K. e Walter, P. (2011). Introducción a la biología celular. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC):
http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9786079356934].
- Feduchi, R.; Romero, C.; Yáñez, E. e García-Hoz, C. (2021). Bioquímica. Conceptos esenciales. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana. [Versión electrónica a través da biblioteca da USC (BUSC): http://sfx.bugalicia.org/san?sid=III:innopac&pid=id=9788491106814].
- Freeman, S. (2009). Biología. 3ª ed. Editorial Pearson Addison Wesley.
- Sadava, D.; Heller, G.; Orians, G.; Purves, W. e Hillis, D. (2009). Vida: la ciencia de la biología. 8ª ed. Editorial Médica Panamericana.
- Solomon E.P.; Berg, L.R. e Martin D.W. (2008). Biología. 8ª Editorial McGraw-Hill.
Recursos en liña
- A aula virtual incluirá materiais elaborados polos profesores e ligazóns a recursos en liña.
Competencias
Básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Específicas
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos.
Transversais
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT4 - Ser capaz de traballar en equipo.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, ao que se subirá información de interese para o estudante, así como material didáctico.
As clases expositivas impartiranse en grupos grandes durante un total de 32 sesións dunha hora, no horario oficial de clase. Explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia.
As clases interactivas de seminario impartiranse en grupos reducidos durante 24 sesións dunha hora. Nelas completaranse os coñecementos explicados nas clases expositivas, propoñeranse e resolverán aplicacións da teoría, problemas, exercicios, traballos, etc.
As titorías, previamente concertadas co alumnado, usaranse para aclarar dúbidas e preguntas.
O sistema de avaliación contempla dous grandes bloques:
- Avaliación continua: valoraráse a participación nas sesións interactivas, así como a realización dos traballos, boletíns e cuestionarios plantexados nas mesmas. A nota da avaliación continua só se sumará á cualificación final (Método 1) se se asiste a un mínimo do 80 % das sesións interactivas de seminarios (19 sesións). No caso de persoas que teñan que cursar de novo a materia, a nota de avaliación continua será gardada durante dous anos consecutivos.
- Realización dun exame final dos contidos traballados durante o curso.
A cualificación final será a maior das cualificacións obtidas nun dos dous seguintes métodos de avaliación:
- Método 1: avaliación continua (30% da cualificación final) máis exame final (70% da cualificación final). O exame final ten unha nota máxima de 7 puntos. É necesario obter un 45% da nota do exame (3,15) para sumar a cualificación obtida na avaliación continua.
- Método 2: exame final (100% da cualificación final). O exame final ten unha nota máxima de 10 puntos, 3 dos cales corresponden a preguntas e exercicios traballados específicamente nas sesións interactivas de seminarios.
Para superar a materia requírese unha nota igual ou superior ao 50% da nota máxima.
No caso de ter que recorrer á segunda oportunidade utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
Para o estudantado con dispensa académica debidamente recoñecida facilitaranse todos os materiais asociados ás sesións interactivas. A avaliación realizarase seguindo o método 2 mencionado anteriormente.
A avaliación das competencias adquiridas no curso farase polas seguintes vías:
- Clases interactivas de seminarios: CB1, CG3, CE8, CT1, CT2, CT4, CT5.
- Exame final: CB1, CG3, CT1, CT5.
1. Traballo persoal na aula (60 horas)
- Clases expositivas: 32 h.
- Clases interactivas de seminario: 24 h.
- Titorías: 4 h.
2. Traballo persoal fora da aula (90 horas)
- Estudo autónomo ou en grupo (incluindo consulta de lecturas recomendadas, asistencia a tutorías e realización de exames): 60 horas
- Elaboración de boletíns e traballos: 30 horas
Total: 150 h.
- Asistencia ás clases expositivas e seminarios, así como a realización das tarefas propostas, para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
- Estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación da información recibida.
- Manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do/a profesor/a, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
- Todo o anterior deberá complementarse coa utilización das titorías para consultar todas as dúbidas que vaian xurdindo ao estudar a materia.
Nestor Carrillo Barral
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881814971
- Correo electrónico
- nestor.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Oscar Martinez Troncoso
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- oscar.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
16.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
16.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
16.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
16.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
05.06.2026 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
05.06.2026 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
05.06.2026 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |