Comparativa de algoritmos de optimización global para estimación de parámetros en redes bioquímicas.
Autoría
A.P.R.
Máster Universitario en Matemática Industrial

Data da defensa
24.01.2025 10:00
24.01.2025 10:00
Resumo
Este estudo avalía o rendemento de varios algoritmos de optimización global para estimación de parámetros en redes bioquímicas, unha importante tarefa en Bioloxía de Computacional de Sistemas. Comparáronse métodos deterministas e estocásticos a partir dun conxunto de problemas de optimización estándar e catro problemas referentes no eido da Bioloxía de Sistemas (o conxunto de problemas BioPreDyn). O obxectivo é identificar o método máis efectivo e fiable para abordar os problemas de optimización non convexa que xorden frecuentemente nesta disciplina. O descubrimento máis importante do traballo é que, de entre as metaheurísticas comparadas, o método máis fiable á hora de abordar problemas de optimización relativos á Bioloxía de Sistemas foi o método de “enhanced Scatter Search” (eSS). Aínda que ningún algoritmo sobresaíu en todos os casos, eSS logrou a maior reducción no valor da función obxectivo de maneira consistente e demostrou ser o método máis robusto. Os métodos deterministas resultaron desaxeitados para problemas de grande escala, o cal destaca a súa limitación neste tipo de contextos. O estudo subliña a importancia da escolla axeitada dos algoritmos cos que resolver o problema de estimación de parámetros en redes bioquímicas. Ademais, enfatiza a eficacia de certas metaheurísticas ao abordar os problemas de optimización complexos que xorden na Bioloxía de Sistemas.

Dirección
López Pouso, Óscar (Titoría)
López Pouso, Óscar (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Coordinador)
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
Carretero Cerrajero, Manuel (Secretario/a)
ARREGUI ALVAREZ, IÑIGO (Vogal)