Tanto como disciplina científica como nos seus aspectos aplicados, as Matemáticas teñen unha tradición milenaria. Nos últimos anos, ademais de notables avances disciplinares, incrementouse a súa achega a campos clásicos como a Física e a Enxeñería e a outros máis novos como a Economía, a Bioloxía ou a Medicina.
Grao en Matemáticas
Duración:
4 anos académicos
Código RUCT: 2500172
Número de ECTS: 240
Número prazas: 125
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Nivel MECES: 2
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.
O plan de estudos ten unha duración global de 240 créditos que se distribúen en catro cursos de 60 créditos cada un, en materias que teñen, en todos os casos, carácter semestral. O estudantado ten que realizar un traballo fin de grao de 12 créditos:
• Formación básica: 60
• Obrigatorias: 132
• Optativas: 36
• Prácticas Externas OB: 0
• Traballo fin de Grao: 12
o Total: 240

As materias do grao distribúense nos seguintes módulos:
- Formación Básica
- Materias Obrigatorias Álxebra
- Materias Obrigatorias Análise Matemática
- Materias Obrigatorias Estatística e Investigación Operativa
- Materias Obrigatorias Física
- Materias Obrigatorias Xeometría e Topoloxía
- Materias Obrigatorias Matemática Aplicada
- Materias Optativas
- Traballo Fin de Grao
Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, xa que os/as estudantes poden ser admitidos na titulación de Grao de Matemáticas se reúnen os requisitos de acceso que marca a lei e debido a que non se establece un límite de prazas, recoméndase para o ingreso no Grao en Matemáticas que a formación do estudantado sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro deste perfil, ademais das matemáticas, resulta recomendable, pero non imprescindible, cursar materias de bioloxía, física e química.
Calidades desexables do futuro estudante do Grao de Matemáticas:
- Gusto por resolver problemas
- Habilidade no cálculo
- Rapidez mental
- Visión xeométrica no espazo
- Capacidade de argumento lóxico
O estudantado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do estudantado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
Desde o Centro, realízanse xornadas informativas sobre os estudos de Grao e programas de simultaneidade nos que participa a Facultade de Matemáticas, dirixidas a estudantes de ensino secundario e bacharelato. Os estudantes de primeiro curso comezan a súa vida académica na Facultade participando nunha xornada de benvida onde se lles ofrece información relevante sobre o funcionamento xeral do Grao e os principais recursos e servizos dos que dispoñen no Centro e na Universidade.
Ademais, gran parte do profesorado do Grao participa en charlas divulgativas en centros de ensino secundario e/o en tutorización de Proxectos SteamBach en centros educativos, dentro do programa A Ponte https://www.usc.gal/gl/servizos/area/xestion-servizos-academicos/acceso… que difunde a oferta de estudos da USC entre o estudantado de ensinos medios e orienta academicamente as súas preferencias.
Cando se produza a suspensión dun Título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo dos ensinos que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e outro plan.
Os requisitos xerais de acceso aos estudos de grao son os recolleitos no artigo 15 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Pódese atopar máis información na seguinte ligazón:
Acceso a Grados
Ademais, a USC dispón dunha Oficina de Información Universitaria (OIU) https://www.usc.gal/gl/ao-teu-servizo/oiu , a través da cal se responde a consultas específicas.
• Formar profesionais que coñezan a natureza, os métodos e os fins máis relevantes das distintas ramas das Matemáticas, posibilitando o seu acceso ao mercado de traballo en postos de responsabilidade ou continuar estudos posteriores cun alto grao de autonomía en disciplinas científicas ou tecnolóxicas.
• Desenvolver no estudantado as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo das Matemáticas.
• Transmitir ao estudantado unha visión transversal das Matemáticas como parte integrante da Educación e a Cultura que lles permita recoñecer a súa presenza na Natureza a través da Ciencia, a Tecnoloxía e a arte.
• Transmitir ao estudantado o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas.
1. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de ferramentas matemáticas.
2. Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Matemáticas tanto a un público especializado como non especializado.
3. Estudar e aprender de forma autónoma novos coñecementos e técnicas das diferentes ramas das Matemáticas.
4. Planificar e desenvolver algoritmos e métodos matemáticos para resolver problemas en calquera ámbito
1. Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
2. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos de Matemáticas.
3. Organizar e planificar o traballo de forma adecuada.
4. Comprobar ou contrastar argumentos e razoamentos, identificando erros e propoñendo revisións ou contraejemplos.
5. Traballar en equipo.
6. Ler textos científicos tanto en lingua propia como noutras de relevancia no ámbito científico.
7. Elaborar demostracións de resultados matemáticos, formular conxecturas e imaxinar estratexias para confirmalas ou refutalas.
8. Propoñer, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais, utilizando as ferramentas matemáticas máis adecuadas aos fins que se persigan.
9. Utilizar aplicacións informáticas en contextos como análise estatística, cálculo numérico e simbólico, visualización gráfica, optimización e software científico, en xeral, para experimentar en Matemáticas e resolver problemas.
1. Coñecer os conceptos, métodos, aplicacións e resultados máis importantes das distintas ramas das Matemáticas.
2. Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe matemática para elaborar e entender demostracións e expor modelos matemáticos.
3. Coñecer demostracións dos teoremas relevantes das distintas ramas das Matemáticas.
4. Asimilar a definición de obxectos matemáticos, relacionalos con outros e ser capaz de utilizalos en diferentes contextos.
5. Saber abstraer as propiedades e feitos substanciais dun problema e determinar as ferramentas matemáticas apropiadas para abordalo.
Mobilidade
A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de intercambios interuniversitarios de Estudantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuxo contido pode consultarse na seguinte dirección:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/alumnado
Desde a Facultade de Matemáticas, en concordancia co Proceso de Desenvolvemento dos ensinos establecido no SGIC do Centro, trabállase para potenciar e intensificar as medidas que permitan incrementar a participación das/os estudantes (propios e de acollida) nos programas de mobilidade.
Prácticas
O estudantado poderá obter recoñecemento académico de créditos optativos (máximo 6, Art. 12.6 do R.D. 1393/2007) pola realización de prácticas curriculares externas relacionadas co título. A Facultade de Matemáticas puxo en marcha o Programa de Prácticas Externas que propicia o establecemento de convenios con empresas e institucións para a realización de prácticas e xestiona a súa organización como oferta académica complementaria na formación dos seus estudantes. A posibilidade de introducir prácticas externas vén reforzar o compromiso coa empregabilidade das persoas graduadas, enriquecendo a formación do estudantado dos ensinos de grao, nunha contorna que proporciona a todos os grupos de interese, estudantes, docentes ou responsables nas empresas, un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitarán as persoas egresadas.
A normativa que regula as prácticas externas, así como as convocatorias que realiza o centro cada curso académico poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-matematicas/practicas . O estudantado pode cursar Prácticas Externas no terceiro ou cuarto curso da titulación.
A realización de prácticas externas contribúe á formación do estudantado do Grao e ademais é valora moi positivamente por parte das diferentes empresas e institucións involucradas no Programa de Prácticas Externas.
A Facultade acolleu en diversas ocasiones encontros de orientación laboral, que teñen por obxectivo fortalecer a relación entre o Centro e diversas empresas e institucións que colaboran co noso Programa de Prácticas Externas e achegar o mundo laboral ao estudantado. Nas devanditas xornadas tamén se contou coa colaboración da área de Orientación Laboral e Emprego da USC (https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-orientacion-laboral-empre… ). No futuro, tratarase de seguir organizando este tipo de xornadas.
Educación, Consultaría, Investigación, Finanzas, Tecnoloxía, Outros.
O Traballo Fin de Grao (TFG) consistirá na elaboración dun proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal cunha carga lectiva de 12 ECTS no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Matemáticas. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa do traballo. Os TFGs estarán orientados á avaliación das competencias asociadas á titulación como: comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Matemáticas tanto a un público especializado como non especializado; ou estudar e aprender de forma autónoma novos coñecementos e técnicas das diferentes ramas das Matemáticas.
O TFG será realizado por cada estudante de forma individual baixo a supervisión dun/a titor/a académico/a e un/a cotutor/a, de ser o caso. Ademais, os TFG poderán desenvolverse no marco de convenios con empresas ou institucións.
Para poder formalizar a matrícula do TFG, o estudantado deberá reunir os requisitos que estableza a USC. Así mesmo, a normativa de Traballos Fin de Grao da Facultade de Matemáticas recolle que existe un dobre procedemento para a oferta de TFG:
- Oferta ordinaria por parte da Comisión de Título.
- Oferta propiciada a proposta dun proxecto acordado entre estudante e titor/a e cotutor/a, de ser o caso. Neste caso, a asignación ao/a estudante estará condicionada a que cumpran os requisitos de matrícula no momento de facela definitiva.
No momento da presentación do traballo, o/a estudante deberá cumprir cos requisitos indicados na normativa correspondente da USC https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa
Toda a información actual sobre o Traballo Fin de Grao está dispoñible na ligazón:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-matematicas/tfg