Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 28 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir aos estudantes nas ferramentas da análise exploratoria de datos e da teoría da probabilidade. Tomar contacto co software de distribución libre R para realizar análises descritivas e para a xeración de modelos probabilísticos.
Estatística descritiva dunha variable. (5 horas de docencia expositiva).
Introdución á estatística descritiva. Tipos de datos e variables.
Frecuencias. Medidas de localización, dispersión e forma.
Ferramentas gráficas de análise descritivo dunha variable.
Estatística descritiva bidimensional. (4 horas de docencia expositiva).
Distribución conxunta de frecuencias. Táboas. Frecuencias marxinais e condicionadas.
Ferramentas gráficas para dúas variables.
Dependencia lineal. Rectas de Regresión. Covarianza e Correlación.
Introdución ao cálculo de probabilidades. (7 horas de docencia expositiva).
Espazo de probabilidades. Sucesos. Probabilidade. Propiedades.
Probabilidade condicionada. Independencia. Teorema das probabilidades totais. Teorema de Bayes.
Combinatoria.
Variables aleatorias unidimensionais. (5 horas de docencia expositiva).
Variable aleatoria. Función de distribución. Tipos de variables aleatorias: Discretas e Continuas. Función masa de
probabilidade e función de densidade.
Características dunha variable aleatoria. Transformación de variables aleatorias.
Principais modelos de probabilidade. (7 horas de docencia expositiva).
Discretos: Uniforme, Bernouilli, Binomial, Poisson, Hiperxeométrica, Xeométrica, Binomial Negativa.
Continuos: Uniforme, Normal, Exponencial, Gamma, Beta.
Relacións de interese entre as distribucións.
Contidos das clases interactivas de laboratorio (14 horas de docencia interactiva).
Paquete estatístico R.
Análise exploratorio de datos con R.
Xeración de modelos de probabilidade con R.
Bibliografía Básica
- FREEDMAN, D. et al. (2011). Statistics. Fourth edition. Viva Books. (2º edición traducida al castellano: Estadística. Antoni Bosch, 1993).
- PEÑA, D. (2008). Fundamentos de Estadística. Segunda edición. Ciencias Sociales Alianza Editorial.
- TIJMS, H. C. (2012). Understanding Probability. Third edition. Cambridge University Press. (Dispoñible en liña a través da Biblioteca Universitaria: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101352186620…)
Bibliografía Complementaria
- CAO, R. et al. (2006). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Ciencia y técnica (Pirámide).
- GONICK, L., SMITH, W. (2001). Á Estadística ¡en caricaturas!. Publicado pola SGAPEIO.
- GRINSTEAD, C. M., SNELL, J. L. (1997). Introduction to Probability. Second edition. AMS.
- ROHATGI, V. K., EHSANES SALEH, A. K. Md. (2015) An Introduction to Probability and Statistics. Wiley Online Library. (Dispoñible en liña a través da Biblioteca Universitaria: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101352177200…).
- VERZANI, J. (2014). Using R for Introductory Statistics. 2nd Edition. Chapman and Hall. (Dispoñible en liña a través da Biblioteca Universitaria: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101336640220…).
Segundo o establecido na memoria do título de grao de matemáticas na USC, esta materia ten os seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecementos: Con01, Con02, Con03, Con04, Con05.
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D08, H/D09.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04.
Nas sesións de docencia expositiva o profesorado presentará os contidos teóricos fundamentais da materia, podendo complementarse coa resolución guiada de exercicios ou exemplos prácticos.
Nas sesións expositivas traballaranse os seguintes coñecementos, habilidades/destrezas e competencias: Con01; Con02; Con03; Con04; Con05; H/D02; HD/04; H/D06; H/D07; HD08.
Nas sesións de seminario, fomentarase a participación activa do estudantado a través da resolución autónoma de exercicios e problemas propostos.
Nas sesións de seminario traballaranse os seguintes coñecementos, habilidades/destrezas e competencias: Con01; Con02; Con03; Con04; Con05; H/D01; H/D02; H/D03; HD/04; H/D05; H/D06; H/D07; H/D08; Comp02; Comp03.
As sesións de laboratorio terán como obxectivo a adquisición de habilidades prácticas e a ilustración dos contidos teóricos mediante actividades aplicadas realizadas con ordenador.
Nas sesións de laboratorio traballaranse os seguintes coñecementos, habilidades/destrezas e competencias: Con01; Con04; Con05; H/D01; H/D02; H/D03; HD/04; H/D05; H/D08; H/D09; Comp01; Comp02; Comp03; Comp04.
Todas as actividades do estudantado contarán co seguimento e orientación do profesorado a través das titorías, que poderán desenvolverse de maneira presencial ou telemática mediante plataformas como MS Teams.
Ademais da docencia presencial, o estudantado disporá do curso no Campus Virtual da Universidade, no que atopará materiais de apoio, recursos complementarios, boletíns de exercicios, e ferramentas de comunicación asíncrona.
A cualificación da materia (CA) será o máximo entre a cualificación da avaliación final (AF) e a ponderación desta nota coa cualificación da avaliación continua (AC), onde o peso relativo de cada apartado será 70%-30%,respectivamente.
CA=máx{AF, 0.7*AF+0.3*AC}
A avaliación continua (AC) consistirá na realización de dúas probas escritas presenciais nas que se formularán cuestións teóricas e prácticas, así como exercicios ou problemas relacionados cos contidos da materia. Estas probas realizaranse ao longo do curso durante as sesións de seminario e poderán realizarse co apoio do material de clase dispoñible. As datas de realización serán comunicadas con antelación. O número de probas de avaliación continua será o mesmo en todos os grupos de docencia interactiva e o seu formato similar. A nota da avaliación continua calcularase como a media das puntuacións obtidas nas dúas probas descritas. No caso de non realizar algunha das probas, a súa puntuación considerarase cero para o cálculo da media.
A avaliación final (AF) estrutúrase en tres partes:
- Resolución por escrito de cuestións prácticas (40%).
- Resolución de problemas/exercicios (40%).
- Prácticas de laboratorio (20%).
As actividades correspondentes ás dúas primeiras partes (resolución de cuestións prácticas e resolución de problemas ou exercicios) realizaranse no exame final presencial, na data oficial fixada a tal efecto. O exame final será o mesmo en todos os grupos de docencia expositiva.
A parte correspondente ás prácticas de laboratorio desenvolverase nunha data establecida pola Facultade. A cualificación da avaliación final será a suma das notas das tres partes.
Na segunda oportunidade mantense o mesmo sistema de avaliación. A cualificación da avaliación continua (AC) conservarase nas dúas oportunidades de avaliación. En canto á avaliación final (AF) a nota obtida no exame final da primeira oportunidade será substituída pola cualificación obtida no exame correspondente á segunda oportunidade, tanto na parte de cuestións prácticas como na de exercicios/problemas. En canto á parte de prácticas de laboratorio, manterase inicialmente a nota obtida na primeira oportunidade. Porén, no exame final da segunda oportunidade incluirase unha pregunta específica que permitirá ao estudantado mellorar esta cualificación, computándose neste caso a mellor das dúas notas: a obtida na primeira oportunidade ou a conseguida na pregunta do exame final da segunda oportunidade.
Entenderase como “Non presentado” quen non se presente a ninguna das partes da avaliación final.
O sistema de avaliación para estudantes repetidoras/es é o mesmo que o descrito arriba para as/os de primeira matrícula. Non se conservará ningunha cualificación obtida en cursos anteriores.
A avaliación dos resultados da aprendizaxe lévase a cabo do seguinte modo:
Na avaliación continua avalíanse: Con01; Con02; Con03; Con04; Con05; H/D01; H/D02; H/D03; H/D04; H/D06; H/D07; H/D08; Comp01; Comp02; Comp03 .
Na avaliación final avalíanse: Con01; Con02; Con03; Con04; Con05; H/D01; H/D02; H/D03; H/D04; H/D06; H/D07; H/D08; H/D09; Comp01; Comp02; Comp03; Comp04 .
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar o estudantado para superala
O número total de horas de traballo do alumno/a é de 25 x 6 = 150. A distribución detállase a continuación:
TRABALLO PRESENCIAL EN EL AULA
Horas de docencia expositiva: 28
Horas de docencia interactiva de seminario: 14
Horas de docencia interactiva de laboratorio: 14
Horas de titorías en grupo reducido: 2
Total de horas de traballo presencial na aula: 58
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A
Estudo autónomo individual ou en grupo: 70
Preparación de probas de avaliación continua: 7
Programación e outros traballos en ord/lab.: 15
Total de horas de traballo persoal do alumno/a: 92
Recoméndase a asistencia a clase e o seguimento das actividades propostas como medios fundamentais para o aproveitamento da materia.
Para superar con éxito a materia é aconsellable a asistencia ás sesións de docencia expositiva e interactiva, sendo fundamental o seguimento diario do traballo realizado na aula. Tamén é recomendable que o alumnado practique a utilización do programa estatístico R para explorar as posibilidades das diversas técnicas explicadas ao longo do curso.
O programa informático que se usará nas clases de ordenador/laboratorio pode descargarse gratuitamente dende a dirección http://www.r-project.org/
Advertencia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxios ou uso indebido das tecnoloxías) será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manuel Febrero Bande
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813187
- Correo electrónico
- manuel.febrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Beatriz Pateiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813185
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Rodriguez Casal
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- alberto.rodriguez.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 03 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de informática 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de informática 4 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de informática 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 07 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 03 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 07 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 07 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de informática 2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula de informática 3 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_06 | Galego | Aula de informática 2 |
18.12.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
17.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |