Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Matemática Industrial

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813219 (Conserxaría)
881813130 (Decanato)
zmatdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Elena Vazquez Cendon
Contacto
elena.vazquez.cendon@usc.es

O máster, de carácter interuniversitario, proporciona unha formación orientada á construción de solucións a problemas industriais, con especialización en Modelización e Simulación Numérica, tecnoloxías altamente demandadas, e conta coa colaboración de máis de 60 empresas que aportan casos reais para realizar os traballos de fin de máster.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4314422
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 20

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA ELENA VAZQUEZ CENDON

    Coordinador-a do título:
    Maria Elena Vazquez Cendon
    elena.vazquez.cendon@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade Politecnica de Madrid Universidade Carlos III de Madrid Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

    Data de publicación no BOE:
    08/12/2014

    Data da última acreditación:
    26/01/2022

    O Máster en Matemática Industrial (M2i) é un máster coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa Universidade da Coruña (UDC), a Universidade da Vigo (UVigo), a Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e a Universidad Politécnica de Madrid (UPM). Ten como obxectivo facilitar unha formación sólida que permita integrarse rapidamente nunha contorna industrial e estar en disposición de proseguir unha carreira profesional con responsabilidades de intensidade crecente. Desta forma, o interese científico/tecnolóxico do M2i baséase en tres piares básicos:

    • Ampliar a capacidade analítica e os coñecementos dos estudantes que conformarán os equipos de investigación e profesionais futuros.
    • Proporcionar habilidades concretas no relativo ao deseño, construción e manexo de software específico dun dos sectores industriais polo menos.
    • Introducir aos estudantes nos temas de investigación e desenvolvemento relacionados coas materias que conforman o presente programa.
  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 24
    Optativas: 36
    Traballo fin de máster: 30
    Total: 90

    O programa contempla as seguintes especialidades dentro da oferta. Para poder finalizar os estudos o estudante deberá finalizar como mínimo unha das seguintes especialidades:
    Especialidade en Simulación Numérica
    Especialidade en Modelización Matemática

  • O máster, de carácter interuniversitario, proporciona unha formación orientada á construción de solucións a problemas industriais, con especialización en Modelización e Simulación Numérica, tecnoloxías altamente demandadas, e conta coa colaboración de máis de 60 empresas que aportan casos reais para realizar os traballos de fin de máster.

  • Modalidade: Con límite de prazas e criterios xerais

    TITULACIÓNS DE ACCESO POR ORDE DE PREFERENCIA

    1º Licenciados ou Graduados en Matemáticas, Física e Enxeñaría

    2º Resto de titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura e da rama de Ciencias.

    3º Licenciados ou Graduados en Economía e Administración de Empresas

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    Dentro da materia Traballo Fin de Máster hai unha actividade formativa opcional que son Prácticas en empresas.

  • O TFM consistirá en :
    a. Establecer estratexias para formular un problema industrial en termos de matemática industrial
    b. Identificar métodos de resolución, implementalos e deseñar experimentos para a súa validación
    c. Situar a Matemática Industrial dentro da actividade empresarial.
    d. Saber traballar en equipo na resolución de problemas industriais
    e. Expoñer por escrito e oralmente os resultados do traballo ante audiencias especializadas como ante os potenciais usuarios.
    O tema do Traballo Fin de Máster será elixido entre as propostas presentadas polas empresas colaboradoras do Máster (que serán obxecto ademais de sesións específicas de modelización matemática, tal e como se describiron anteriormente) e as ofertas presentadas por instrutores do programa e avaladas pola Comisión Académica do Máster.
    No marco do desenvolvemento do Traballo Fin de Máster (á marxe do traballo persoal do alumno titorizado por un profesor do Máster) o alumno deberá participar nalgunhas das seguintes actividades:
    (a) Seminarios e sesións de modelización matemática de problemas industriais. En particular, á marxe das sesións organizadas no marco do propio máster, valorarase a participación nas semanas de modelización Modelling Weeks (MW) internacionais anualmente organizadas polo ECMI.
    (b) Seminarios e sesións de metodoloxía de proxectos, relativas a proxectos tanto no marco xeral da matemática industrial como en dominios específicos (como, por exemplo, proxectos de desenvolvemento de software)
    c) Prácticas en empresas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.