Perspectiva de xénero no uso recreativo e aplicacións terapéuticas do cannabis e os seus derivados
Autoría
M.F.C.
Grao en Medicina
M.F.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
Nos últimos anos, a perspectiva de xénero gañou relevancia no estudo das enfermidades e os efectos de medicamentos e drogas, impulsada pola necesidade de ampliar o coñecemento neste ámbito. Diversos estudos demostran que extrapolar os resultados obtidos en homes caucásicos ao resto da poboación non sempre é válido, o que motivou investigacións que inclúan mostras representativas de todas as identidades de xénero e etnias. O consumo de cannabis comezou a equilibrarse entre os xéneros, converténdose na droga ilegal máis consumida por mulleres. Ademais, obsérvase un aumento no número de establecementos dedicados á venda de cannabidiol (CBD), cuxa utilidade demostrouse para tratar doenzas que afectan principalmente en mulleres de idade fértil, como a dismenorrea. O obxectivo deste estudo é comparar os patróns de consumo de cannabis desde unha perspectiva de xénero a través dunha revisión bibliográfica exhaustiva. Analizarase a literatura existente sobre o consumo de cannabis segundo o xénero, así como estudos específicos que aborden o seu uso recreativo e terapéutico. A revisión levarase a cabo utilizando o diagrama de fluxo PRISMA 2020 para revisións bibliográficas e bases de datos como PubMed e Scopus.

Dirección
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)

Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)

Uso da metadona nos coidados paliativos pediátricos, unha revisión sistemática.
Autoría
C.L.O.
Grao en Medicina
C.L.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
Introdución: A metadona é un poderoso opioide sintético creado durante a Segunda Guerra Mundial. Grazas á súa longa vida media, utilizouse para tratar a dor ou a adicción a substancias. Esta molécula, ben estudada e amplamente coñecida en adultos, apenas ten indicación en nenos, xa que se realizaron moi poucos estudos respecto diso. Neste traballo cuestionámonos se a metadona podería ou non considerarse unha alternativa no tratamento de nenos con dor crónica intensa, como os que reciben coidados paliativos pediátricos (CPP). Obxectivos: Revisión sistemática da literatura achega do uso da metadona nos CPP. Avaliar se existen diferenzas en canto á resposta, a incidencia e/ou necesidade de rescates e o desenvolvemento de efectos secundarios prexudiciais respecto a outros opioides maiores. Materiais e métodos: Para a procura consultáronse tres bases de datos, PubMed, Embase e Cochrane Library. A procura parte dunha pregunta en formato PICOr e as seguintes palabras chave: Methadone, Palliative Care, Child, Child Health, Pediatric, Pediatrician, Adult; conectadas mediante os operadores booleanos ou operadores lóxicos AND, OR e NOT. Establecéronse criterios de inclusión e exclusión. Resultados: Seleccionáronse 11 artigos. Aqueles de maior evidencia corresponden aos últimos anos; a maioría demostran que a metadona podería ser utilizada no tratamento da dor cuns resultados aceptables. As súas vantaxes serían a súa vida media longa, a súa diversidade de vías de administración e un bo efecto analxésico, posiblemente debido á súa acción sobre os receptores NMDA. Con todo, algúns dos seus efectos secundarios poderían chegar a ser perigosos requirínsose máis experiencia en Pediatría así como unha vixilancia estreita polo menos nos primeiros días de tratamento. Conclusións: Aínda que o uso da metadona parece prometedor, son necesarios máis estudos en poboación infantil para definir mellor o seu papel nos CPP.

Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Balado Insunza, María de las Nieves Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Balado Insunza, María de las Nieves Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Análise dos Cambios no Perfil Etiolóxico das Meningites Infecciosas Atendidas en Urxencias
Autoría
C.C.D.
Grao en Medicina
C.C.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
As meningites bacterianas constitúen unha emerxencia médica que pode dar lugar a complicacións e altas taxas de mortalidade. A etioloxía das meningites bacterianas experimentou un cambio nas últimas décadas, en gran parte debido á introdución e ampliación dos programas de vacinación. Este estudo céntrase en analizar os cambios nos axentes etiolóxicos implicados nas meningites bacterianas tras a introdución de diversas vacinas, ademais de realizar unha pequena análise dos axentes etiolóxicos implicados nas meningites bacterianas na área do Hospital Álvaro Cunqueiro no período 2010-2019.

Pichel Loureiro, Ángel Cotitoría
Maza Vera, María Teresa Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Pichel Loureiro, Ángel Cotitoría
Maza Vera, María Teresa Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Trastorno Depresivo Maior (TDM) e Inflamación: unha revisión bibliográfica
Autoría
A.M.A.G.
Grao en Medicina
A.M.A.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
A depresión maior é o trastorno psiquiátrico máis común a nivel mundial. Está caracterizado por síntomas afectivos, como tristeza vital e anhedonia persistente, que se acompañan de deterioro cognitivo e somático, así como de déficits sociais na vida diaria. É un dos principais motivos de asistencia sanitaria e de baixas laborais, con importantes consecuencias económicas e sociais. Neste traballo explorarei a relación entre esta enfermidade e o proceso inflamatorio, pois estudos recentes suxeriron unha relación causal entre ambos, o que podería resultar no desenvolvemento de medicamentos innovadores con potencial para revolucionar o seu manexo clínico. A importancia de estudar novos tratamentos débese a que un terzo dos pacientes é resistente ao tratamento antidepresivo habitual.

OLIVARES DIEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OLIVARES DIEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Avaliación da autopercepción estética en pacientes con rehabilitacións orais implantosoportadas
Autoría
L.D.G.
Grao en Medicina
L.D.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
Este traballo xorde da necesidade de analizar a opinión dos nosos pacientes sobre tratamentos complexos de rehabilitación sobre implantes osteointegrados, así como de estabelecer a comparación existente entre os criterios de éxito que busca o profesional e os que desexa acadar o paciente, que non sempre teñen que coincidir. Consideramos de especial interese deseñar un estudo clínico aleatorizado máis completo, dirixido non só a pacientes tratados con próteses removibles inferiores retidas por implantes, senón a unha mostra que inclúa individuos tratados con todo tipo de próteses sobre implantes (implantosoportada e implantoretida), para proporcionar unha resposta baseada na evidencia sobre a eficacia do tratamento. Así mesmo, as métricas escollidas deben ser capaces de detectar diferenzas reais cando se produzan. Realizamos un estudo transversal cunha mostraxe non probabilística de casos consecutivos. Nesta investigación só se utilizaron aqueles pacientes que cumpriron os criterios de inclusión e exclusión estabelecidos. Había un certo número de pacientes rehabilitados cun mínimo de 2 anos antes de 2023, con prótese completa convencional, prótese completa removible sobre implantes, prótese híbrida sobre implantes e prótese completa fixa sobre implantes. Seleccionáronse dúas probas validadas na literatura que combinan os aspectos que queriamos estudar dunha rehabilitación completa nun paciente totalmente edéntulo (estética, función, hixiene e satisfacción persoal): o Perfil de Impacto na Saúde Bucodental -14 (OHIP-14) 94 e o Perfil de Impacto Dental (DIP) 96. Coa análise combinada das dúas probas deseñouse un cuestionario que contén 30 preguntas e así avaliouse a satisfacción global do paciente en 30 ítems específicos. Para avaliar a satisfacción específica, funcional, estética e hixiénica, utilizáronse Escalas Visuais Analóxicas (EVA) de 0 a 10, que foron completadas tanto polo paciente como polo profesional.

SUAREZ QUINTANILLA, JOSE MARIA (Titoría)
SUAREZ QUINTANILLA, JOSE MARIA (Titoría)
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Novas estratexias diagnósticas na Enfermidade Celíaca en Pediatría: Revisión sistemática
Autoría
R.D.S.F.
Grao en Medicina
R.D.S.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
Obxetivos: O obxectivo principal deste traballo foi sintetizar a evidencia dispoñible nos métodos diagnósticos da Enfeermidade Celíaca en nenos/as menores de 15 anos e comparala entre si. Ademais, evalúase o enfoque diagnóstico sem biopsia e as novas técnicas diagnósticas. Métodos: Realizouse unha busca nas bases de datos Medline (PubMed) e Scopus. Incluíronse artigos relacionados coas técnicas diagnósticas da Enfermidade Celíaca en pacientes de idade pediátrica. Resultados: Incluíronse un total de 16 estudos que abarcan os diferentes enfoques no diagnóstico da enfermidade celíaca pediátrica nos últimos 10 anos. DIscusión: A partir dos estudos revisados, fixose unha análise dos consensos e diferenzas no ámbito das probas serolóxicas, probas xenéticas e do diagnóstico sen biopsia.

BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Montero Alonso, María Cotitoría
BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Montero Alonso, María Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
O papel da cronoterapia no tratamento da hipertensión arterial.
Autoría
J.V.C.
Grao en Medicina
J.V.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
Obxectivos: O obxectivo da presente revisión sistemática é a análise do papel da cronoterapia no tratamento de hipertensión arterial, e coñecer a súa influencia sobre os valores de presión arterial e o seu efecto sobre o patrón do ritmo circadiano. Métodos: Para a realización deste traballo fíxose una revisión da bibliografía existente sobre o tema a tratar nas bases de datos de PubMed e Cochrane Library. Empregáronse os termos arterial hypertension, chronotherapy, morning, bedtime OR evening, empregando diversas combinacións para garantir a relevancia dos resultados obtidos, ao detectar que a maior parte deles primaban a utilización das palabras relacionadas cos distintos momentos da toma moito máis que a palabra cronoterapia, pero que versaban realmente sobre ela. Decidiuse acotar a búsqueda ós últimos 5 anos para poder realizar una revisión moito máis pertinente da bibliografía más actualizada posíbel. Resultados: Incluíronse un total de 9 estudos que trataban de forma central o tema da cronoterapia no tratamento da hipertensión arterial, incluíndo estudos aleatorizados, prospectivos, metaanálises e revisións sistemáticas. Discusión: A cronoterapia no tratamento da hipertensión arterial inflúe de forma significativa sobre a presión arterial nocturna, o descenso relativo da presión arterial nocturna e o patrón circadiano da presión arterial, tendo capacidade para revertir patróns non-dipper. Non presenta influencia significativa sobre a presión arterial de 24h e a presión arterial diurna. Non presenta mayores efectos adversos que a pauta diurna.

POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Titoría)
Vázquez Lopez, M.Josefa Cotitoría
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Titoría)
Vázquez Lopez, M.Josefa Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Manexo da axitación en urxencias pediátricas
Autoría
A.R.R.P.
Grao en Medicina
A.R.R.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
07.02.2025 09:00
07.02.2025 09:00
Resumo
Introdución A axitación nos nenos que chegan ás urxencias é un reto común para os profesionais sanitarios. A súa etioloxía pódese dividir en trastornos tóxicos, neurolóxicos, infecciosos, metabólicos e psicolóxicos/psiquiátricos. Obsérvase un aumento significativo dos trastornos de saúde mental na poboación infantil e adolescente, e o principal obxectivo do meu traballo será o manexo da axitación de orixe psiquiátrica, en concreto do trastorno do espectro autista nesta franxa de idade. Obxetivo O obxectivo do traballo é realizar unha revisión sistemática da literatura sobre axitación en nenos de causa psiquiátrica para mellorar a práctica clínica. Metodoloxía Realizouse unha revisión sistemática da múltiple literatura científica dispoñible en diferentes bases de datos específicas como PubMed, MedLine e buscadores como Google Scholar para consultar outras fontes oficiais de criterios diagnósticos ou outra información científica. Os criterios de inclusión seleccionados: estudos prospectivos, revisións sistemáticas e metaanálise dispoñibles en inglés, español e portugués publicados entre 2014-2024 e de libre acceso. Resultados Se identificaron un total de 35 resultados donde se aplicaron unos criterios de inclusión logrando 12 resultados. Estos 12 artículos fron analizados mediante a lectura dos seus títulos y resumo e aplicando os criterios de exclusión, obtendo 7 estudios. Realizouse a lectura integral dos 7 artículos, quedando 4 nesta revisión sistemática. Conclusións O manexo da axitación nas emerxencias pediátricas é un reto pola falta de pautas específicas, especialmente nos casos psiquiátricos. É fundamental implementar estratexias non farmacolóxicas, como a creación de ambientes tranquilos e o uso de técnicas de desescalada, antes de considerar a medicación. A participación dos pais e a formación do persoal son esenciais para un coidado seguro. Ademais, deben promoverse estudos de casos para desenvolver medidas preventivas e mellorar a xestión dos pacientes con TEA e outras afeccións psiquiátricas en urxencias. O obxetivo é calmar o paciente dun xeito humanizado, reducindo riscos e garantindo o seu benestar.

Novoa Carballal, Reyes Cotitoría
BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Novoa Carballal, Reyes Cotitoría
Tribunal
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
ARCE VAZQUEZ, VICTOR MANUEL (Presidente/a)
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Secretario/a)
POMBAR CAMEAN, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Reabsorcións radiculares internas. Unha revisión da literatura.
Autoría
M.D.D.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
M.D.D.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
A reabsorción radicular interna (RRI) é unha condición patolóxica caracterizada pola perda progresiva de dentina no conduto radicular, cun diagnóstico complexo debido á súa presentación asintomática e á semellanza radiográfica con outras lesións. Esta revisión analiza os avances en técnicas de diagnóstico, sistemas de irrigación e materiais de obturación para un tratamento eficaz da RRI. Destácase a tomografía computarizada de feixe cónico (CBCT) como a ferramenta de diagnóstico máis precisa, superando as radiografías convencionais en sensibilidade e especificidade. En irrigación, os sistemas de activación láser como PIPS e SWEEPS demostraron ser máis eficaces na eliminación de detritos, mellorando a limpeza en áreas inaccesibles do conduto. Para a obturación, os cementos biocerámicos como EndoSequence Root Repair Material e Bio-C Repair, combinados con técnicas de compactación vertical, ofrecen un selado superior e maior resistencia mecánica, reducindo significativamente o risco de fracaso do tratamento.

ALONSO DE LA PEÑA, VICTOR (Titoría)
ALONSO DE LA PEÑA, VICTOR (Titoría)
Tribunal
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)