Os principais obxectivos do título de médico veñen definidos na ORDE ECI/332/2008 do 13 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Médico.
A)	Valores profesionais, actitudes e comportamentos éticos:
1.	Recoñecer os elementos esenciais da profesión médica, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio profesional centrado no paciente.
2.	Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
3.	Saber aplicar o principio de xustiza social á práctica profesional e comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
4.	Desenvolver a práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura.
5.	Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
6.	Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
B)	Fundamentos científicos da medicina:
7.	Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
8.	Recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
9.	Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
10.	Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
11.	Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
12.	Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
C)	Habilidades clínicas:
13.	Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
14.	Realizar un exame físico e unha valoración mental.
15.	Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada.
16.	Recoñecer e tratar as situacións que poñen a vida en perigo inmediato e aqueloutras que esixen atención inmediata.
17.	Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica.
18.	Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos agudos e crónicos máis prevalecentes, así como dos enfermos en fase terminal.
19.	Expor e propoñer as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
20.	Adquirir experiencia clínica adecuada en institucións hospitalarias, centros de saúde ou outras institucións sanitarias, baixo supervisión, así como coñecementos básicos de xestión clínica centrada no paciente e utilización adecuada de probas, medicamentos e demais recursos do sistema sanitario.
D)	Habilidades de comunicación:
21.	Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información.
22.	Redactar historias clínicas e outros rexistros médicos de forma comprensible a terceiros.
23.	Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
24.	Establecer unha boa comunicación interpersoal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, medios de comunicación e outros profesionais.
E)	Saúde pública e sistemas de saúde:
25.	Recoñecer os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
26.	Asumir o seu papel nas accións de prevención e protección #ante enfermidades, lesións ou accidentes e mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
27.	Recoñecer o seu papel en equipos multiprofesionales, asumindo o liderado cando sexa apropiado, tanto para a subministración de coidados da saúde, como nas intervencións para a promoción da saúde.
28.	Obter e utilizar datos epidemiolóxicos e valorar tendencias e riscos para a toma de decisións sobre saúde.
29.	Coñecer as organizacións nacionais e internacionais de saúde e as contornas e condicionantes dos diferentes sistemas de saúde.
30.	Coñecementos básicos do Sistema Nacional de Saúde e de lexislación sanitaria.
F)	Manexo da información:
31.	Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
32.	Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
33.	Manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
G)	Análise crítica e investigación:
34.	Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
35.	Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
36.	Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
37.	Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.