Ir o contido principal

Recoñecemento de Créditos

O plan de estudos do Grao en Psicoloxía pola USC, adscrito ao ámbito de coñecemento de Ciencias do Comportamento e Psicoloxía, contempla a posibilidade do recoñecemento de créditos ECTS obtidos noutros estudos oficiais da USC ou doutra universidade, así como ata 12 créditos optativos polo recoñecemento de competencias transversais e/ou participación en actividades.

A normativa da USC que regula a obtención do recoñecemento de créditos é aplicable ás titulacións de Grao e máster universitarios oficiais estruturados de acordo coas liñas xerais emanadas do EEES,  consonte ao previsto no Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.

Poderá dirixir as súas consultas a: psicoloxia.uaxcd [at] usc.gal (psicoloxia[dot]uaxcd[at]usc[dot]gal) 

  • Presidenta da Comisión. Dolores Ponte Fernández e repr. área Psicoloxía Básica
  • PDI representante das áreas de coñecemento:
    • Olalla Cutrín Mosteiro (Personalidade, Aval, e Trat. Psicolóxico)
    • Mª José Ferraces Otero (Metodoloxía das CC. do Comportamento)
    • Mauro L. Rodríguez Casal (Psicoloxía Social)
    • Socorro Rodríguez Holguín (Psicobioloxía)
    • Carmen Torres Maroño (Psicol. Evolutiva e da Educación)
  • Responsable da Unidade de Xestión: Mª Luísa Bercero Redondo (secretaria)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2025.