Dereitos de conciliación da vida familiar e laboral en atención ó coidado do menor: últimas novidades na normativa española.
Autoría
M.E.A.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]

Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao consiste nunha análise xurídica das medidas de conciliación da vida familiar e laboral no ordenamento español, con especial atención ao coidado de menores. A través da normativa estatal e comunitaria, da doutrina científica e dos recentes pronunciamentos xudiciais, examínanse os distintos instrumentos que permiten ás persoas traballadoras compatibilizar as súas responsabilidades profesionais coas familiares, evidenciando tanto avances como carencias na súa aplicación. Analízanse dous bloques de medidas: os dereitos de presenza, como a adaptación da xornada e das condicións de traballo, e os dereitos de ausencia, centrados nos permisos retribuídos e nas reducións de xornada. O traballo identifica avances lexislativos significativos, pero tamén salienta a falta de corresponsabilidade e a persistencia de estereotipos de xénero. Conclúese que, para acadar unha conciliación efectiva, resulta necesario reforzar as garantías legais e promover un cambio cultural que favoreza un reparto equilibrado das responsabilidades familiares.

Dirección
Alvarez Gonzalez, Teresa Eva (Titoría)
Alvarez Gonzalez, Teresa Eva (Titoría)
Tribunal
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)

A incapacidade permanente: incapacidade permanente total cualificada
Autoría
R.A.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
R.A.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
Neste traballo abórdase o estudo da incapacidade permanente, prestando especial atención á incapacidade permanente total cualificada. O análise comeza coa definición do concepto de incapacidade permanente e coa explicación dos seus principais elementos caracterizadores. A continuación, explícase o procedemento de tramitación, os distintos graos existentes, os requisitos que debe cumprir o traballador para ser beneficiario da prestación en calquera dos seus graos, así como as compatibilidades e incompatibilidades que presenta e o cálculo da súa contía. Unha vez realizada esta visión global da incapacidade permanente, procédese a un estudo máis detallado da incapacidade permanente total cualificada, facendo especial referencia aos requisitos de acceso, á prestación correspondente e a diversos aspectos prácticos. Finalmente, recóllense os efectos que a incapacidade permanente produce no contrato de traballo e preséntanse unha serie de conclusións derivadas do desenvolvemento do traballo, xunto coa bibliografía consultada.

MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Titoría)
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Titoría)
Tribunal
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Titor do alumno)

Ferramentas colaborativas como axuda aos estudos universitarios: unha aproximación experimental
Autoría
C.A.T.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
C.A.T.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
Este traballo analiza o impacto de ferramentas colaborativas como Google Drive, Trello e Moodle na aprendizaxe universitaria. A través dun estudo experimental con estudantes de dous campus, avaliouse o seu efecto no rendemento académico, a satisfacción e a organización do traballo en grupo. A mostra estivo composta por 100 estudantes, divididos aleatoriamente nun grupo experimental e un grupo de control, e aplicouse unha metodoloxía mixta que combinou análise cuantitativa e cualitativa. Os resultados mostran melloras significativas en rendemento e satisfacción no grupo experimental. Conclúese que esas tecnoloxías, cando se integran adecuadamente, fomentan unha aprendizaxe máis participativa e eficiente. Recoméndase a súa implementación en contextos educativos universitarios.

ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Titoría)
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Titor do alumno)

A prevención de riscos laborais na relación laboral especial do servizo do fogar familiar: unha aproximación crítica con perspectiva de xénero.
Autoría
M.A.A.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.A.A.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ofrece unha análise crítico da prevención de riscos laborais no ámbito da relación laboral especial do servizo do fogar familiar, con especial atención ás particularidades que esta presenta. O estudo, partindo dunha análise da normativa aplicable a este colectivo ao longo da historia e ata a actualidade, aborda as dificultades estructurais que afectan á efectividade das políticas preventivas neste sector, derivadas tanto do seu desenvolvemento no ámbito privado do fogar como das limitacións normativas e operativas que isto implica. Do mesmo xeito, incorpórase de forma transversal unha perspectiva de xénero, indispensable para comprender a feminización do colectivo e as múltiples formas de vulnerabilidade que afectan ás traballadoras do fogar, na súa maioría mulleres e inmigrantes. Finalmente, examínanse as novidades introducidas polo Real Decreto 893/2024, de 10 de septiembre, por el que se regula la protección de la seguridad y la salud en el ámbito del servicio del hogar familiar, que a priori supón un avance significativo na equiparación de dereitos en materia de seguridade y saúde laboral para este colectivo históricamente precarizado.

FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)
Responsabilidade fronte aos afectados polos danos ocasionados por produtos defectuosos
Autoría
G.A.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
G.A.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o réxime de responsabilidade por danos causados por produtos defectuosos na lexislación española, ao amparo do Real Decreto Lexislativo 1/2007 y de determinadas Directivas Europeas. Estudaranse aqueles suxeitos implicados, o concepto de produto defectuoso, o dano e a responsabilidade, facendo unha valoración do marco legal actual.

MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titoría)
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titor do alumno)

O crédito horário das/os representantes legais das/os trabalhadoras/es na jurisprudência do Tribunal Supremo. Decénio 2015-2024
Autoría
A.B.Q.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.B.Q.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:45
16.07.2025 10:45
Resumo
O crédito horário dos e das representantes legais é um direito consagrado em vários apartados do Estatuto dos Trabalhadores, com percorrido no ordenamento jurídico espanhol, e de aplicaçom similar na maior parte de países europeus. É umha garantia conhecida por todos os atores que intervenhem dumha ou doutra maneira na negociaçom coletiva, e sobre o que a jurisprudência, como fonte indireta de direito, se leva pronunciando mais de quatro décadas, estabelecendo os limites e caraterísticas do seu uso e desfrute. Porém, existem ainda controvérsias sobre algumhas das circunstáncias que o arrodeiam, que a Sala do Social do Tribunal Supremo se encarregou de clarificar durante os últimos dez anos, e que serám o objeto deste trabalho.

GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

O poder de dirección e control do empresario. Límites. A contorna dixital, con especial referencia á videovixilancia.
Autoría
A.B.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.B.F.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 10:45
14.07.2025 10:45
Resumo
O presente traballo aborda a complexa relación entre o poder de dirección e control do empresario e os dereitos fundamentais das persoas traballadoras, con especial atención ao dereito á intimidade no contexto do uso da videovixilancia. Nun escenario marcado polo avance tecnolóxico e a progresiva dixitalización das relacións laborais, faise necesario delimitar os límites xurídicos que regulan as medidas de supervisión empresarial, garantindo un equilibrio entre a lexítima facultade organizativa do empresario e a protección da dignidade e privacidade das persoas traballadoras. A investigación parte da análise normativa do marco xurídico español e europeo, así como da doutrina e xurisprudencia máis relevante, para examinar a legalidade das prácticas de videovixilancia no ámbito laboral. En particular, estúdanse os requisitos do deber de información previa, os supostos nos que se admite a instalación de cámaras ocultas, as zonas especialmente protexidas e a aplicación do triplo test de proporcionalidade como criterio esencial para valorar a lexitimidade das medidas de control. No desenvolvemento do traballo analízanse tamén os principais conflitos que se presentan na práctica xudicial, ofrecendo unha revisión detallada de sentenzas clave como o caso López Ribalda do TEDH ou a STC 39/2016. Finalmente, preséntanse recomendacións prácticas para unha xestión empresarial da videovixilancia que sexa eficaz, proporcional e respectuosa cos dereitos fundamentais.

Alvarez Gonzalez, Teresa Eva (Titor do alumno)

A reconstrucción do RETA: cara un ideal de cobertura completa
Autoría
M.I.B.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
M.I.B.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo abordase o estudio da evolución do amplio e complexo desenvolvemento normativo que experimentou a figura do trababallador autónomo, dende o modelo de cotización tradicional ata o modelo actual baseado nos ingresos, e que levou o sistema a unha reconstrucción total, tanto no ámbito da cotización como no acceso as prestacións derivadas desta

FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
Tribunal
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)
A crise de 2008
Autoría
R.B.H.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
R.B.H.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Ao largo deste traballo trazaremos unha análise da crise económica de 2008, dende a sua orixe no colapso das hipotecas subprime en gran parte do planeta, ata o seu impacto en España, centrándonos na comunidade galega e na zona euro. Examinaremos concretamente: 1. As causas, entre elas: a desregulación financieira, a burbulla inmobiliaria e a venda de activos tóxicos. 2. Os efectos en España, apoiándonos en varios indicadores macroeconómicos, onde observaremos: o PIB, unhas maiores cifras de desemprego despois dunha época de esprendor económico, entre outros, tamén a nivel europeo poderemos destacar un rescate bancario por parte da TROIKA (no 2012). 3, A crise na zona euro: rescates a Grecia, España, Irlanda... As diferenzas nos desenvolvementos dos países tras o periodo de crise.

REY SUAREZ, PEDRO MARIA (Titoría)
REY SUAREZ, PEDRO MARIA (Titoría)
Tribunal
REY SUAREZ, PEDRO MARIA (Titor do alumno)

Ampliación da incapacidade temporal: cara un enfoque inclusivo en materia de igualdade
Autoría
I.C.A.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
I.C.A.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
A introdución das primeiras situacións especiais de incapacidade temporal no ordenamento xurídico español supuxo un avance significativo na protección da saúde das mulleres traballadoras. Ata o momento, a falta de regulación normativa neste campo supuña unha discriminación indirecta, ao impedir que as mulleres se puidesen ausentar do seu posto de traballo por aquelas condicións inherentes a súa bioloxía, sen ver comprometidos os seus dereitos laborais nin a súa seguridade económica. Con todo, a integración destas situacións especiais require dun enfoque máis amplo para asegurar a efectiva protección da saúde non só da muller, senón tamén doutros colectivos con especial vulnerabilidade no ámbito laboral. Neste sentido, o presente estudo ten por obxecto analizar aqueles supostos que teñen un impacto relevante na capacidade laboral da persoa traballadora e que actualmente carecen dunha regulación específica. En particular, céntrase a atención naquelas posibles situacións que poden chegar a acadar a condición de continxencia protexida concretamente a menopausa, o sometemento a técnicas de reprodución asistida e a realidade das persoas con discapacidade. Estas circunstancias, ao non estar recoñecidas xuridicamente, poden dar lugar a situacións que supoñan un prexuízo real para as persoas que as padecen, xerando desigualdades dende unha perspectiva laboral.

DE LA IGLESIA AZA, LIDIA (Titoría)
DE LA IGLESIA AZA, LIDIA (Titoría)
Tribunal
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)
Prevención de riscos laborais no sector vitivinícola
Autoría
A.C.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.C.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 12:45
15.07.2025 12:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a prevención de riscos laborais no sector vitivinícola, un ámbito con características singulares debido á combinación de actividades agrícolas, industriais e loxísticas. A partir do marco normativo xeral da Lei 31/1995 de PRL, e o seu desenvolvemento regulamentario, identifícanse e descríbense os principais riscos presentes ao longo de todo o proceso de elaboración do viño: dende o cultivo da vide ata o embotellado, pasando pola vendima, o transporte, a adega, e as fases de fermentación e crianza. O traballo trata riscos ergonómicos, químicos, biolóxicos, espaciais e psicosociais, propoñendo medidas preventivas específicas para cada tarefa. Así mesmo, analízase o papel da avaliación de riscos, a formación, o uso de EPIs, os plans de emerxencia e a dixitalización como elementos clave para garantir un contorno seguro. Incorpóranse referencias prácticas e normativas, así como materiais técnicos de organismos como o INSST e o ISSGA. O enfoque parte tanto da análise teórica como da miña experiencia persoal nunha adega familiar da Ribeira Sacra, achegando unha perspectiva realista e aplicada sobre as carencias e oportunidades na xestión preventiva do sector.

FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titor do alumno)

O estrés laboral en mulleres con responsabilidades no fogar: o papel da dobre presenza
Autoría
E.C.J.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
E.C.J.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 11:15
16.07.2025 11:15
Resumo
O presente traballo analiza a relación entre a dobre presenza, o estrés laboral e o desempeño no traballo desde unha perspectiva de xénero. A partir dunha mostra de 103 persoas traballadoras, examínase como o ámbito doméstico e familiar interfire no ámbito laboral, con especial atención ás diferenzas segundo o sexo. Os resultados conclúen que, a pesar de non existir diferenzas significativas nas puntuacións medias entre homes e mulleres nas variables estudadas, si se identifican correlacións específicas que varían en función do sexo. Concretamente, atopouse que unha maior corresponsabilidade no fogar se asocia cunha menor percepción de dobre presenza e, á súa vez, que esa dobre presenza se vincula directamente co estrés laboral, especialmente nas mulleres. Ademais, as mulleres con maiores cargas domésticas e familiares non perciben un peor desempeño, senón que teñen unha percepción elevada do mesmo, o que pode explicarse por mecanismos de autoesixencia e sobreesforzo. As implicacións teóricas e prácticas dos resultados obtidos descríbense no apartado de discusión deste traballo.

MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Titoría)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Titor do alumno)

Por que hai menos paro en Galicia?
Autoría
J.C.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
J.C.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
A partir dos datos acadados, podemos concluír que nos últimos anos, Galicia ten rexistrado unha considerable redución das taxas de desemprego, destacándose entre as comunidades autónomas españolas pola evolución no comportamento do mercado laboral. Esta conclusión que debería ser unha boa noticia en realidade esconde una serie de problemas estruturais ligados ó envellecemento paulatino e constante da poboación e a falta de oportunidades laborais, o que inevitablemente nos fai entrar nun bucle que non deixa de acentuar este grave problema da nosa comunidade, que non é outro que: Falta de oportunidades, emigración de xente nova en busca de estas oportunidades noutras rexións, envellecemento da poboación, ... O presente traballo examina os factores que explican este fenómeno dende unha perspectiva económica estrutural e demográfica. A través de un enfoque comparativo e de análise, ponse de manifesto o cambio no modelo produtivo galego, as políticas activas de emprego, a evolución demográfica e a resiliencia territorial fronte ás crises económicas recentes. O análise conclúe que a mellora do emprego en Galicia é resultado de unha combinación de transformacións internas e factores externos, e ofrece recomendacións para consolidar esta tendencia mediante políticas integrais e de fomento i estabilización do emprego. No contexto do mercado laboral español, Galicia mostrou unha evolución a unha observación específica. Dende o ano 2013, a comunidade autónoma experimentou un descenso considerable e sostido nas súas taxas de desemprego, alcanzando cifras que se sitúan por debaixo da media nacional. Esta tendencia é motivo de estudo onde se busca comprender os factores que permitiron este progreso e a súa posible extrapolación a outros territorios. Este traballo ten como obxectivo principal, analizar os elementos que fomentaron á redución do paro en Galicia para elo analizamos, xunto os datos de paro, os datos demográficos e os movementos migratorios. Historicamente, Galicia presentou niveis de desemprego superiores á media Europea, aínda que menores os rexistrados noutras rexións españolas. A partir da crise económica de 2008, a taxa de paro en Galicia alcanzou seu punto máximo no ano 2013, con unha taxa do 22,04%. Nembargantes dende ese momento observouse un proceso de descenso progresivo, con unha recuperación do emprego mais sólida que noutras autonomías. Segundo os datos da EPA a taxa de desemprego en Galicia situouse no 9,38% no ano 2024 fronte á media nacional que se situou nun 11,35%. Esta evolución positiva require ser entendida non so en términos cuantitativos, senón tamén cualitativos, considerando a calidade do emprego xerado, a súa sostibilidade e a súa adecuación ós cambios do entorno económico global. Comparado con comunidades como Andalucía, Castela-A Mancha ou Extremadura, Galicia mostrou maior estabilidade en termos de emprego. Nembargantes aínda se sitúa por detrás de rexións con economías mais diversificadas e industrializadas como o País Vasco ou Navarra. Esta posición intermedia ofrece unha oportunidade para analizar os factores diferenciais que explican o seu mellor comportamento fronte a algunhas rexións.

O papel do Benestar nas Expectativas e Percepción da Empregabilidade na Busca de Emprego: un estudo con estudantes universitarios.
Autoría
U.C.N.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
U.C.N.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este estudo analiza a influencia do benestar subxectivo nas expectativas de busca de emprego e na percepción da empregabilidade en estudantes universitarios. Levouse a cabo unha investigación con 146 estudantes do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Universidade de Santiago de Compostela, aos que se lles administrou un cuestionario que avaliaba: a valoración de diversas características organizacionais e métodos de busca de emprego, as expectativas na busca de emprego, a empregabilidade percibida e o benestar subxectivo. Os resultados indicaron que os participantes consideran importantes a maioría dos aspectos atractivos das empresas e das estratexias de busca de emprego, destacando especialmente un ambiente de traballo positivo, a flexibilidade laboral e a remuneración competitiva entre as características máis valoradas, así como preparar oposicións, contactar con amizades que xa están a traballar e o envío espontáneo de currículos entre os métodos percibidos como máis eficaces. As mulleres outorgaron puntuacións significativamente máis altas ca os homes na importancia de moitos aspectos organizacionais (p. ex., cultura empresarial, ambiente positivo), e os participantes con experiencia laboral previa valoraron máis certos aspectos como a remuneración. En canto ás variables de benestar, observouse que unha maior satisfacción vital e un maior benestar positivo se asociaban cunha percepción máis alta de empregabilidade, mentres que o benestar negativo mostrou unha correlación débil con esta percepción. Así mesmo, factores relacionados coas expectativas correlacionáronse positivamente coa empregabilidade percibida. Por último, as mulleres presentaron unha percepción de empregabilidade significativamente maior ca os homes, sen atoparse diferenzas segundo a experiencia laboral. En conclusión, o estudo evidencia a relevancia do benestar subxectivo e dunhas expectativas positivas no proceso de busca de emprego, suxerindo que potenciar o benestar e a confianza do estudantado universitario pode mellorar a súa percepción de empregabilidade e, potencialmente, os seus resultados de inserción laboral.

LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titor do alumno)

A conciliación da vida familiar e laboral en España.
Autoría
A.C.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.C.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 10:45
14.07.2025 10:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na análise das medidas de conciliación da vida familiar e laboral en España, afondando na evolución e no contido do ordenamento xurídico español, e poñendo de relevo como tanto o lexislador como a xurisprudencia teñen transcendido a mera busca da conciliación para centrarse na promoción activa da corresponsabilidade. Esta perspectiva subxacente ten como obxectivo fundamental a eliminación da discriminación de xénero no mercado laboral e a superación dos roles tradicionais no ámbito doméstico. O estudo pon de manifesto a constante evolución e capacidade adaptativa da lexislación española para responder ás dinámicas sociais cambiantes. En particular, destácase a lexislación laboral, que ao longo dos anos experimentou modificacións frecuentes orientadas a proporcionar maiores garantías e eficacia aos dereitos das persoas traballadoras, estendendo esta protección ás súas familias. Este traballo enfatiza a busca dun equilibrio entre a esfera laboral e familiar, co propósito de que as persoas traballadoras coñezan plenamente os seus dereitos e poidan exercelos de maneira efectiva no seu día a día.

Erro como vicio do consentimento
Autoría
A.E.L.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.E.L.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
17.07.2025 11:45
17.07.2025 11:45
Resumo
O presente traballo céntrase nos vícios que poden afectar o consentimento, tales como o erro, o dolo, a violencia ou a intimidación, e nas consecuencias xurídicas que poden provocar. Prestase especial atención ao erro como vicio do consentimento, impoñendo unha distinción entre os seus distintos tipos e a súa relevancia, recorrendo á xurisprudencia do Tribunal Supremo.

Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Tribunal
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titor do alumno)

Diferenzas xeracionais na satisfacción laboral e na implicación co traballo nunha administración local
Autoría
A.F.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.F.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
No presente traballo investígase o efecto da diversidade xeracional sobre a Satisfacción Laboral e a Implicación co Traballo no contexto dunha administración pública local. As organizacións compóñense de traballadores que pertencen a diferentes xeracións, con diferentes valores e expectativas, o que pode supoñer un desafío para a xestión de Recursos Humanos. Existen diferenzas nas prioridades dos traballadores, dependendo da xeración á que pertencen, o que podería afectar o seu vínculo co traballo. A literatura previa mostrou resultados concluíntes en canto a se estas diferenzas xeracionais se atopan nos niveis de Satisfacción Laboral ou Implicación co Traballo na empresa privada. Unha meta-análise sinalou efectos usualmente baixos ou non significativos. A partir desta evidencia, as hipóteses expuxeron que non habería diferenzas significativas na Satisfacción Laboral (global e nas súas dimensións: satisfacción coa supervisión, a contorna física e as prestacións) nin na Implicación co Traballo (global e nos seus elementos: Identificación Psicolóxica e Deber-Obrigación). O estudo levouse a cabo con 61 empregados dunha entidade pública local, destacando un predominio da Xeración X. Empregáronse o Cuestionario de Satisfacción Laboral S10/12 e a versión en castelán da escala de Job Involvement para medir os constructos. Os achados corroboraron as hipóteses propostas, mostrando variacións mínimas ou estatisticamente non significativas nos niveis de Satisfacción Laboral e Implicación co Traballo entre as xeracións.

SIXTO SANJOSE, VICTOR MANUEL (Titoría)
SIXTO SANJOSE, VICTOR MANUEL (Titoría)
Tribunal
SIXTO SANJOSE, VICTOR MANUEL (Titor do alumno)

Plan estratéxico de recursos humanos de Northius
Autoría
P.F.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
P.F.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:15
16.07.2025 10:15
Resumo
RESUMO Este traballo analiza a estratexia de recursos humanos de Northius, unha empresa líder no sector da educación dixital, desde unha perspectiva innovadora e contemporánea. Faino a través dunha abordaxe práctica que examina a organización interna da empresa, a xestión de persoal (contratación e retención de talento) e os sistemas de xestión da conciliación da vida laboral e persoal dos empregados. Ademais, inclúe unha serie de propostas de mellora na sustentabilidade corporativa, baseadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. En canto á metodoloxía para as análises tanto internas como externas, utilizaranse ferramentas como PEST, SWOT e CAME para identificar áreas de mellora e detectar posibles problemas. Isto tamén nos permitirá xerar propostas concretas e aliñar todos os valores da empresa, desde os valores éticos ata os ambientais. Este informe combina a análise da empresa con propostas realistas sobre as necesidades actuais da empresa en relación cos entornos nos que opera.

LOPEZ CARBALLEIRA, ANALIA (Titoría)
LOPEZ CARBALLEIRA, ANALIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ CARBALLEIRA, ANALIA (Titor do alumno)

A corresponsabilidade familiar en Chile dende a perspectiva dos adolescentes.
Autoría
A.F.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.F.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A corresponsabilidade familiar é clave para construír sociedades máis igualitarias, especialmente cando falamos de adolescentes, en pleno proceso de aprendizaxe e formación de valores. Este traballo analiza como perciben os mozos e mozas chilenos o reparto das tarefas domésticas e de coidado e educación dos fillos, así como as diferenzas segundo o sexo e o uso do tempo nas familias. Os resultados obtidos nesta investigación mostran que as nais asumen a maior parte das tarefas do fogar e de coidado e educación de fillos, mentres que os pais participan máis en aspectos como o mantemento do fogar e a xestión económica. A corresponsabilidade entre proxenitores e a implicación dos adolescentes seguen sendo baixas. Finalmente, os datos suxiren que os proxenitores pais poden inverter máis tempo na realización das tarefas do fogar e no coidado de persoas dependentes cando os descendentes son homes que cando son mulleres; mentres que as proxenitoras nais non fan tales distincións. Os resultados de este estudo son discutidos ao final deste traballo.

OTERO MORAL, INMACULADA (Titoría)
París Rodríguez, Tania Cotitoría
OTERO MORAL, INMACULADA (Titoría)
París Rodríguez, Tania Cotitoría
Tribunal
OTERO MORAL, INMACULADA (Titor do alumno)
París Rodríguez, Tania (Titor do alumno)

O dereito da audiencia previa ao despido para todos os traballadores: configuración xurídica
Autoría
C.F.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
C.F.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
17.07.2025 10:45
17.07.2025 10:45
Resumo
Leva debaténdose desde fai tempo se o artigo 7 do Convenio 158 da OIT estaba a aplicarse correctamente en España. Ata 2024, a súa aplicación era exclusiva para persoas que ostentasen cargos sindicais. Isto cambiou a finais dese ano, cando se publicou a sentenza do Tribunal Supremo 1250/2024. Esta sentenza tivo un impacto considerable no dereito do traballo, xa que vén dar unha volta de torca ao criterio xurisprudencial que viña seguindo. Tendo en conta isto, o que pretende o seguinte traballo, é indagar sobre este dereito e o impacto da súa aplicación a todos os traballadores.

MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
Tribunal
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titor do alumno)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titor do alumno)
O papel da teconoloxía na saúde mental do capital humano das empresas.
Autoría
A.F.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.F.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 13:00
15.07.2025 13:00
Resumo
Con este traballo o que se pretende é plasmar como afectou a tecnoloxía á saúde mental dos traballadores respecto as novas formas de traballar, os riscos que se poden producir debido a estas, as medidas que se poderían levar a cabo, como actúan algunhas empresas frente a isto, unha breve análisis de países europeos que teñen unha alta probabilidade de sufrir o síndrome de burnout e, por último, ofrecense unha serie de liñas de acción e políticas públicas que se poderían levar a cabo.

FERRER SERRANO, MARTA (Titoría)
FERRER SERRANO, MARTA (Titoría)
Tribunal
FERRER SERRANO, MARTA (Titor do alumno)
FERRER SERRANO, MARTA (Titor do alumno)
A situación da muller no mercado de traballo en españa: a brecha salarial de xénero, o teito de cristal e a corresponsabilidade dos coidados
Autoría
M.G.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
M.G.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A falta de corresponsabilidade dos coidados, o teito de cristal e a brecha salarial de xénero son algúns dos impedimentos ou barreiras coas que se atopan as mulleres no mercado laboral. E que como consecuencia hoxe en día son elas as que teñen traballlos máis precarios aceptando traballar a tempo parcial, ou así mesmo acolléndose a sistemas de reduccións de xornada, para facerse cargo do coidado dos seus fillos e familiares dependentes. Supoñendo un maior esforzo compaxinar tanta a súa vida laboral como a persoal xa que maioritariamente seguen sendo elas as que se encargan dos coidados. E que ao final, en termos monetarios tamén lles repercute negativamente, xa que, unha brecha salarial alta pode indicar que as mulleres están más concentradas en sectores con salarios máis baixos ou que unha proporción significativa das mesmas traballa a tempo parcial. Para elo, analizaranse os últimos datos lanzados pola Enquisa de Estructura Salarial (EES), como de outros datos estatísticos que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE).

ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Titoría)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Titor do alumno)

Análise e Deseño do Posto de Traballo
Autoría
A.G.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.G.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo explora e explica a análise e deseño de postos de traballo. Conta cunha aplicación práctica do máis vistosa, relacionando os conceptos cunha tripulación pirata procedente da idade de ouro da piratería no século XVII. Ten o obxectivo de explorar como os enfoques clásicos dos Recursos Humanos poden adaptarse a contextos non convencionais. Mediante un enfoque competencial, desenvólvense perfís de diversos postos da tripulación para a posterior realización dunha proposta didáctica.

ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

O Mercado de Traballo en España: Coste Laboral e Salarial, Ocupados, Parados e Brecha Salarial
Autoría
D.I.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
D.I.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar de forma integral a estrutura e evolución do mercado laboral en España, abordando tanto os factores normativos como sociais que o configuran. En primeiro lugar, contextualízase a situación actual do emprego no país, examinando as principais características do mercado de traballo e o impacto das reformas recentes, especialmente a do ano 2022, que supuxo un cambio significativo na regulación dos contratos temporais e indefinidos. Préstase especial atención aos distintos tipos de contratos laborais existentes en España, destacando a súa función, limitacións e consecuencias tanto para as persoas traballadoras como para as empresas. A continuación, explórase o papel das persoas traballadoras autónomas como un compoñente esencial do tecido produtivo español, subliñando o seu crecemento sostido en termos absolutos, pero tamén os retos estruturais que afrontan, tales como a presión fiscal, o envellecemento da poboación autónoma e a falta de relevo xeracional. Incorpóranse datos actualizados que reflicten as dinámicas rexionais e sectoriais deste colectivo, así como as percepcións das propias persoas autónomas respecto ao futuro da súa actividade. A segunda metade do traballo céntrase no estudo da desigualdade no ámbito laboral, con especial énfase na fenda salarial de xénero. A través da análise de datos estatísticos, normativas vixentes e literatura especializada, distínguese entre fenda salarial bruta e axustada, así como entre segregación horizontal e vertical. Póñense de manifesto os múltiples factores que contribúen a estas desigualdades, desde a concentración feminina en sectores de baixa remuneración ata os obstáculos para o acceso a postos de responsabilidade. Ademais, examínase o impacto diferencial que tivo a pandemia da COVID19 sobre as mulleres traballadoras, visibilizando como esta crise acentuou desequilibrios preexistentes en termos de conciliación, emprego e carga de coidados. Finalmente, o traballo avalía as políticas públicas implementadas nos últimos anos, como a Lei de Igualdade Retributiva e os plans de igualdade nas empresas, concluíndo que, aínda que representan avances significativos, a súa eficacia depende dunha correcta implementación, seguimento e vontade institucional. En conxunto, esta investigación pon de manifesto a necesidade de continuar profundando en medidas estruturais que promovan a igualdade real e a sustentabilidade do emprego, situando a equidade e a cohesión social como eixes fundamentais dun mercado laboral moderno.

Multiculturalidade nas empresas. Definición e impacto
Autoría
L.L.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
L.L.P.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao investiga a multiculturalidade no contexto da empresa Innotur Consultoría e Innovación S.L., analizando a súa percepción, beneficios, desafíos e estratexias de xestión. A través dunha metodoloxía mixta a través de cuestionarios e entrevistas, os resultados revelan que a multiculturalidade constitúe unha vantaxe estratéxica clave, ao fomentar a innovación e facilitar a adaptación a mercados diversos. A empresa xestiona esta diversidade principalmente mediante unha cultura organizativa inclusiva e dinámicas informais de integración. Porén, a ausencia de formación intercultural formal identifícase como unha oportunidade de mellora para maximizar os beneficios e reducir os desafíos derivados. Este estudo abre novas liñas de investigación arredor da xestión cultural da diversidade e o impacto da formación intercultural nos contornos empresariais.

A transparencia retributiva entre homes e mulleres no dereito da Unión Europea
Autoría
P.M.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
P.M.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 11:45
16.07.2025 11:45
Resumo
Neste traballo analízase a transparencia retributiva dentro do dereito da Unión Europea e o seu papel coma instrumento para a defensa da igualdade retributiva entre os homes e as mulleres. A través do estudo de diversos artigos, xurisprudencia nacional e lexislación da Unión Europea investíganse as orixes da desigualdade retributiva por sexo e o papel que as medidas de transparencia teñen nesta, así como os conflictos que poden xorder debido a ela. Se realiza un análisis tanto das anteriores directivas da Unión Europea en canto á igualdade de mulleres e homes no mundo laboral como a máis recente, a Directiva (UE) 2023/970. Se analiza esta última en profundidade tendo en conta as medidas que esta implementa basándose na transparencia retributiva e a súa posible efectividade. Debido a que non contamos aínda coa transposición desta Directiva na normativa nacional española non podemos asegurar con certeza que a nova estratexia da Unión Europea de loitar contra a desigualdade retributiva mediante a transparencia salarial sexa completamente efectiva.

MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titor do alumno)

O uso e abuso das ferramentas dixitais e a desconexión dixital entre os estudantes universitarios
Autoría
P.M.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
P.M.M.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o uso e posible abuso dixital entre estudantes universitarios en relación co dereito á desconexión dixital. Para iso, combinouse unha revisión teórica cunha investigación empírica basada nun cuestionario que recolleu variables sociodemográficas, unha escala deseñada especificamente para medir o tempo de uso de diferentes dispositivos, unha escala para avaliar o uso problemático das tecnoloxías, e dúas escalas validadas por Nguyen, Büchi e Geber (2022) para analizar as prácticas e motivacións de desconexión. Os resultados mostran un uso intensivo de dispositivos dixitais, especialmente do smartphone, aínda que os estudantes non perciben este uso como abusivo nin dependente, manifestando desacordo coas afirmacións relativas ao abuso nas escalas aplicadas. Obsérvase ademais un maior tempo dedicado ao smartphone en comparación co ordenador para actividades académicas ou laborais. En termos de xénero, en xeral non se identificaron diferenzas significativas nos patróns de uso e estratexias de desconexión, salvo algunhas excepcións puntuais con relevancia limitada. En conclusión, estes achados subliñan a importancia de que os estudantes adopten unha xestión consciente e equilibrada do seu tempo dixital, promovendo prácticas efectivas de desconexión que favorezan o seu benestar académico e persoal. De forma complementaria, as institucións universitarias poderían contribuír a esta finalidade mediante campañas de sensibilización para fomentar un uso saudable da tecnoloxía.

Un estudo sobre a relación entre o conflito traballo familia, o ambiente laboral, o apoio organizacional, a satisfacción coa vida e o desempeño laboral
Autoría
C.M.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
C.M.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este estudo analiza a relación entre o conflito traballo familia e variables organizacionales clave como o clima laboral, o apoio organizacional, a satisfacción coa vida e o desempeño laboral nunha mostra de 100 traballadores/as de diferentes sectores económicos en España. Os resultados mostran como este conflito non se relaciona directamente coas variables organizacionales, aínda que si existe unha asociación interna entre as súas dimensións. O clima laboral identifícase como o principal predictor tanto da satisfacción coa vida como do desempeño laboral, mentres que o apoio organizacional non achega varianza explicativa adicional. A satisfacción coa vida, pola súa banda, mellora significativamente a predición de desempeño. Conclúese que mellorar o clima laboral e favorecer o benestar persoal son clave para aumentar o rendemento e a calidade de vida dos empregados/as.

A prevención de riscos laborais dos traballadores autónomos
Autoría
N.N.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
N.N.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 12:45
15.07.2025 12:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar a prevención de riscos laborais para os traballadores autónomos, un colectivo que, debido á súa particular situación laboral, enfróntase a riscos específicos que non sempre son xestionados adecuadamente. Neste contexto, abórdase a importancia da implementación de medidas preventivas adaptadas ás necesidades destes traballadores, que a miúdo carecen dos recursos e a formación necesarios para garantir a súa seguridade na contorna laboral. Realizouse unha análise exhaustiva da normativa actual sobre prevención de riscos laborais, comparando as principais diferenzas entre os traballadores autónomos e os asalariados en termos de cobertura de riscos e políticas preventivas. Unha das xustificacións clave deste traballo radica na crecente importancia da economía autónoma na actualidade. Nun contexto no que o traballo autónomo ha experimentado un auxe significativo, especialmente en sectores como o transporte, a tecnoloxía e os servizos, é esencial garantir que os autónomos conten coas mesmas garantías de seguridade que os traballadores por conta allea. O estudo resalta que, a pesar de que a lexislación española contempla medidas para a protección dos traballadores autónomos, moitos destes non acceden aos recursos necesarios para a implementación de prácticas preventivas efectivas debido á falta de información, formación ou investimento.

Puntos Críticos da Perspectiva de Xénero na Prevención de Riscos Laborais
Autoría
N.O.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
N.O.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 12:45
15.07.2025 12:45
Resumo
Neste TFG abórdase a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais, analizando como os riscos afectan de forma distinta a homes e mulleres. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais ten un enfoque tradicional centrado principalmente no xénero masculino, sendo a consecuencia máis importante diso que se invisibilicen os riscos específicos que afectan as traballadoras, especialmente nos sectores feminizados (como o sector sanitario ou o sector da limpeza). Entre estes riscos atópanse os asociados á maternidade ou lactación natural, os psicosociais ou o risco químico ou biolóxico. Levar a cabo unha avaliación de riscos específica, que considere as características persoais e biolóxicas das traballadoras, é fundamental, debido a que se non se avalían adecuadamente, pódese chegar a atentar contra a seguridade e saúde da traballadora. Ademais, cabe mencionar que determinadas enfermidades profesionais con maior incidencia en mulleres non son recoñecidas como tales pola ausencia dunha avaliación de riscos específica. Neste TFG identifícanse tres tipos de riscos laborais que reflicten a importancia da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais, como son a protección durante a maternidade e a lactación natural, os riscos psicosociais e aqueles que están presentes en actividades feminizadas. Por outra banda, tamén se tratan as medidas preventivas con perspectiva de xénero e as consecuencias da falta de introdución da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.

Expectativas laborais e percepción do desemprego en persoas recentemente graduadas. Relación co benestar e locus de control.
Autoría
S.O.C.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
S.O.C.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo principal analizar a situación de desemprego nos recen titulados, así como as expectativas e aspiracións que teñen respecto ao seu primeiro emprego. Este traballo enmárcase na modalidade de realización dun estudo baseado na elaboración de cuestionarios e enquisas que avalen o marco teórico. Deste xeito, estrutúrase en dúas partes. A primeira consiste na realización dunha revisión documental que ofrece una base teórica sobre conceptos clave como a inserción laboral, o desemprego, o locus de control ou as expectativas. A realización desta parte servirá como base de xustificación para a segunda parte do traballo, centrada no estudo e análise de diferentes cuestionarios sobre os factores que poden influír neste proceso, como as expectativas, o locus de control e o benestar subxectivo das persoas.

MOSCOSO RUIBAL, SILVIA (Titoría)
MOSCOSO RUIBAL, SILVIA (Titoría)
Tribunal
MOSCOSO RUIBAL, SILVIA (Titor do alumno)

O e-learning nos procesos de formación
Autoría
A.P.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.P.B.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta un estudo sinxelo do proceso de ensino-aprendizaxe que se leva a cabo utilizando internet, é dicir, a través da aprendizaxe virtual ou a distancia, centrándose nas súas vantaxes e desvantaxes, as diferentes modalidades: aprendizaxe virtual, B-learning e M-learning, e a súa evolución desde 1996, ano no que se sitúa a súa orixe. Tamén analiza os ámbitos nos que se pode aplicar, como a formación en centros educativos e empresas, as plataformas dispoñibles para a realización de aprendizaxe a distancia e os elementos que as conforman: contidos, sistemas de comunicación síncronos e asíncronos e sistemas de xestión da aprendizaxe (LMS). Na segunda parte, contido central do TFG, o estudo aborda o sector empresarial analizando o avance desta metodoloxía en Galicia e España utilizando os datos proporcionados por FUNDAE. Na última parte, aborda cuestións relacionadas coa situación actual, por unha banda, cun resumo da lexislación vixente en materia de aprendizaxe a distancia e por outra cunha análise das axudas dispoñibles para facilitar este tipo de formación. Finalmente, presento unha breve enquisa de desenvolvemento propio para coñecer aspectos relacionados coa aprendizaxe virtual e o contacto que teñen con ela os profesionais do meu entorno: participación ou non neste tipo de formación, cambios percibidos debido á pandemia ou as aplicacións máis empregadas.

TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titoría)
Tribunal
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE (Titor do alumno)

Lexislación laboral feminina en España e Francia no século XIX e na primeira metade do século XX
Autoría
A.P.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
A.P.R.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 12:15
15.07.2025 12:15
Resumo
Este traballo analiza a evolución da lexislación laboral feminina en España e Francia desde o século XIX ata mediados do século XX, comparando como ambos países abordaron a regulación do traballo das mulleres en tres dimensións clave: as xornadas e os horarios laborais, a protección ante accidentes e riscos laborais, e o acceso a distintos postos de traballo. Ao longo do estudo, revélase como, a pesar de certos avances legais, a normativa partía case sempre dunha visión paternalista que reforzaba a desigualdade de xénero. Francia destacou por un desenvolvemento lexislativo máis temperán e estruturado, mentres que España amosou unha evolución máis fragmentada, condicionada polos seus constantes vaivéns políticos. O traballo tamén explora como estes marcos legais non só reflectían as condicións sociais da época, senón que tamén contribuían activamente a perpetuar unha estrutura laboral xerarquizada e excluínte. En definitiva, trátase dunha reflexión crítica sobre o papel da lei como ferramenta tanto de protección como de control sobre o traballo feminino.

SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Titoría)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Titor do alumno)

Estudo da síndrome de burnout e da súa relación co desempeño ocupacional nunha empresa de construción hidráulica e tratamento de augas.
Autoría
S.R.H.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
S.R.H.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 11:45
16.07.2025 11:45
Resumo
O presente traballo de fin de grao examina a síndrome de burnout e defíneo como un fenómeno psicosocial de grande relevancia no ámbito laboral nos últimos tempos. Estúdanse a súa definición teórica, as súas tres dimensións esenciais (esgotamento emocional, cinismo e baixa realización persoal), así como a súa prevalencia en distintos sectores profesionais. A través dunha revisión da literatura, explóranse as consecuencias fisiolóxicas, sociais, psicolóxicas e laborais derivadas do burnout, salientando o seu impacto tanto a nivel individual como organizacional. Ademais, analízase a relación directa entre o burnout e a diminución do rendemento no traballo, destacando como este síndrome afecta á produtividade, ao compromiso e á calidade do traballo realizado. Na parte empírica do estudo examinouse a prevalencia do burnout nunha mostra composta por 103 traballadores do sector da auga. Tamén se analizou a relación entre o síndrome de burnout e as súas dimensións co rendemento no traballo. Os resultados indican que os niveis xerais de burnout na mostra foron baixos, aínda que se identificaron diferenzas significativas en función do posto de traballo e da antigüidade. En particular, as persoas que traballan en postos de oficina, laboratorio e similares, e aquelas cunha antigüidade de entre 24 e 60 meses, mostraron maiores niveis de esgotamento. Así mesmo, observouse unha correlación negativa entre o síndrome de burnout e o rendemento laboral, especialmente nas dimensións de cinismo e baixa eficacia. Por último, discútense as implicacións destes achados e conclúese que o burnout non só afecta a nivel persoal, senón que supón un risco real para a eficiencia organizacional, polo que se destaca a necesidade de implementar medidas preventivas e estratexias de promoción do benestar laboral.

CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Titoría)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Titoría)
Tribunal
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Titor do alumno)

Discriminación no despido por motivos de saúde
Autoría
R.R.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
R.R.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 10:45
14.07.2025 10:45
Resumo
Sofrer unha enfermidade pode, en moitas ocasións, representar un obstáculo para desempeñar unha actividade laboral, arriscando a estabilidade laboral da persoa afectada. Históricamente, a enfermidade non se recoñecía como un motivo de protección baixo o artigo 14 da Constitución Española, polo que os despidos ocorridos durante unha baixa médica, se non tiñan unha xustificación válida, non se consideraban discriminatorios. Esta situación permitía a moitas empresas desvincularse de traballadores nunha situación vulnerable simplemente abonando unha indemnización por despido improcedente, sen que este se considerase nulo. Soamente se admitía a existencia de discriminación cando se trataba de enfermidades que xeraban estigmas sociales ou que, polas súas características, podían equipararse a unha discapacidade. Sin embargo, con la entrada en vigor da Lei 15/2022, de 12 de xulio, integral para a igualdade de trato e a non discriminación, a enfermedad e o estado de saúde recoñecéronse explícitamente como causas de discriminación. Esta modificación contribuiu a fortalecer a protección legal das persoas enfermas frente a despidos inxustificados no ámbito laboral.

Comparativa entre a sociedade de responsabilidad limitada e a sociedade anónima: achegas de capital e partes alícuotas
Autoría
I.S.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
I.S.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
A SRL e a SA son dúas figuras esenciais no dereito societario, ambas sociedades contan cun compoñente clave no seu funcionamento, e este é o capital social, composto polo que se coñece como achegas de capital. As achegas do capital poden ser tanto monetarias como non monetarias, destacando nelas a súa importancia como garantía para os acredores. No caso das achegas non monetarias, a súa valoración dependendo da sociedade baséase na responsabilidade dos socios ou na elaboración dun informe por parte dun experto independente. En canto ás partes alícuotas, reciben o nome de participación nas SRL e de accións nas SA. Estes elementos conteñen características común tales como a súa indivisibilidade, o seu carácter acumulativo e a súa atribución da condición de socio a quen fai a súa achega. As accións poden representarse mediante títulos ou anotacións en conta, mentras que as participación contan con restriccións máis ríxidas en canto a súa transmisión, e non son consideradas valores mobiliarios.

RODRIGUEZ PLANES, MARINA CANDIDA (Titoría)
RODRIGUEZ PLANES, MARINA CANDIDA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ PLANES, MARINA CANDIDA (Titor do alumno)

Os dereitos políticos do socio nas sociedades de capital
Autoría
Y.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Y.S.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital supuxo unha transformación significativa para a regulación en materia das sociedades capitalistas. É por iso o presente traballo ten por obxecto examinar os dereitos do socio nas sociedades de capital en España. En concreto analizaranse os dereitos políticos nas sociedades de responsabilidade limitada e as sociedades anónimas. Do mesmo xeito, analizaranse os cambios que tiveron lugar nestes dereitos debido á evolución lexislativa en materia de dereito de sociedades dende o século XX ata a actualidade, ponendo o foco nas modificacións feitas dende a promulgación da Lei de 17 de xullo de 1951 sobre réximen xurídico das sociedades anónimas ata a vixente normativa nesta materia, que é o Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo.

O Impacto dos Xogos Olímpicos
Autoría
R.V.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
R.V.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Os Xogos Olímpicos adoitan presentarse como proxectos idílicos que espertan o interese de numerosas cidades para converterse na próxima sede olímpica. Non obstante, converter unha candidatura nun éxito require unha planificación e organización sólidas a curto e longo prazo. O seguinte traballo analiza as principais fontes de financiamento dos Xogos (retransmisión televisiva, patrocinios, venda de entradas, etc.), así como os custos que xeran (melloras nas infraestruturas, transporte, instalacións deportivas, etc.). Analizarase o impacto económico global na cidade anfitrioa e presentaranse casos específicos de edicións pasadas para ilustrar como as decisións estratéxicas influíron nos seus resultados. Ademais, avaliaranse os efectos sociais destes megaeventos nas cidades, que van desde a creación de emprego e a promoción do turismo ata os posibles danos na calidade de vida dos residentes. O obxectivo é proporcionar unha visión crítica e equilibrada da verdadeira rendibilidade e sustentabilidade de albergar os Xogos Olímpicos.

Percíbese de maneira diferente aos líderes homes e ás líderes mulleres? Un estudo sobre o estilo de liderado, as bases de poder, a satisfacción e a lealdade cara á persoa líder.
Autoría
D.V.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
D.V.G.
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos [S]
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza se existen diferenzas nas percepcións dos subordinados sobre os líderes masculinos e femininos en relación co estilo de liderado empregado, as bases de poder nas que se basean e a satisfacción e lealdade que senten cara a eses líderes. Para iso, administrouse un cuestionario a unha mostra de 100 empregados de diversas empresas. Avaliáronse aspectos como o estilo de liderado, o uso do poder, a satisfacción e a lealdade cara aos seus líderes. Os resultados non amosan diferenzas significativas nas percepcións do liderado entre homes e mulleres, agás unha maior identificación dos homes co poder coercitivo. Os estilos de liderado centrados nas persoas e transformacionais asócianse con percepcións máis positivas e unha maior lealdade, mentres que o poder coercitivo non favorece a lealdade. Neste artigo discútense as implicacións destes achados para a práctica organizativa. Finalmente, discútense as limitacións do estudo e propóñense futuras liñas de investigación.