Ir o contido principal

Actualidade

O Rof Codina atribúe os trastornos de atención e hiperactividade en cans a baixos niveis de serotonina e dopamina en sangue

A revista Animals recolle nun artigo asinado polas investigadoras da USC e Fundación Rof Codina Ángela González Martínez, Susana Muñiz de Miguel e o profesor da área de Produción Animal Francisco Javier Diéguez un estudo pioneiro desenvolvido no hospital veterinario universitario Rof Codina en colaboración coas empresas Lar do Belelle, de Fene, e Etoloxía, de Pontevedra

Ler máis

O XXIII Premio Aresa recoñece o “soño de 50 anos de historia na Galicia rural ” de Casa Grande de Xanceda

Antonio López e Alfonso Rueda presiden a entrega do galardón convocado pola USC e Aresa nunha concorrida cerimonia celebrada na Facultade de Veterinaria, na que a vicepresidente de Aresa, Carlota López, salientou a importancia do sector agrogandeiro e a Ceo de Leche Río, Carmen Lence, advertiu da necesidade de manter a muller no medio rural para garantir o seu futuro

Ler máis

‘Hacho’, a singularidade anatómica dun can único no mundo

A falta de apetencia sexual e problemas de comportamento permiten a investigadores da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC identificar e describir o primeiro cánido sin órgano vomeronasal, segundo recolle ‘VetRecord’ nun artigo da investigadora no Hospital Rof Codina Susana Muñiz de Miguel, no que tamén colaboran os docentes e investigadores da USC José Daniel Barreiro Vázquez, Pablo Sánchez Quinteiro, Irene Ortiz Leal e Ángela González Martínez

Ler máis

Economía circular, unha aposta rendible e saudable tamén para mascotas

O sobrepeso reduce entre 3 e 5 anos a esperanza de vida de cans e gatos, segundo indican os responsables do programa de control de obesidade en mascotas promovido polo hospital veterinario Rof Codina xunto con Pet Select, a través do que os animais perden ata un 2% do seu peso cada semana cunha dieta baseada en descartes de peixe

Ler máis

Veterinaria, unha formación entre as aulas e o tecido produtivo

O alumnado da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC complementa a súa formación académica coa posta en práctica dos seus coñecementos en preto de corenta empresas e establecementos alleos á USC que teñen asinados acordos co centro universitario lugués para a realización deste tipo de actividades formativas

Ler máis