Ir o contido principal

As bibliotecas abrirán no seu horario habitual a partir do 1 de setembro

O luns 1 as bibliotecas retoman o seu horario habitual. Imaxe: Unsplash
O luns 1 as bibliotecas retoman o seu horario habitual. Imaxe: Unsplash
Finaliza tamén o préstamo especial de verán para o alumnado de grao e máster.

O luns 1 de setembro as bibliotecas da USC retomarán os seus horarios habituais de apertura durante o curso académico. Podes consultar os horarios específicos de cada biblioteca na páxina web da BUSC.

Finaliza tamén o préstamo especial de verán para o alumnado de grao e máster. Lembrámosvos que tedes ata o día 8 de setembro para devolver os materiais levados en préstamo. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.08.2025.