18.12.2025 | 14.00h-15.00h
Esta sesión presenta os aspectos máis destacados de 2025 de Web of Science Reserch Assistant e InCites, a mellora dos datos e as actualizacións estratéxicas deseñadas para potenciar a avaliación e a análise da investigación.
Para participar nesta sesión é necesario inscribirse cun correo electrónico institucional.
Este webinar terá os seguintes contidos:
- Unha visita guíada polas novas funcionalidades e melloras na interfaz
- Información sobre a cobertura de datos e as métricas ampliadas
- Casos de uso que demostran como as institucións están aproveitando esta ferramenta
- Preguntas e respostas en vivo.
Podes inscribirte nesta ligazón