O vindeiro 14 de maio terá lugar o segundo encontro do ciclo "Escritoras na Universidade" na biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) coa participación da escritora Ánxela Gracián

Dando continuidade á actividade "Escritoras na Universidade", o 14 de maio terá un lugar unha charla coa escritora Ánxela Gracián, unha das voces máis recoñecidas da literatura infantil e xuvenil galega.
Gracián desenvolveu unha ampla traxectoria como autora e editora. A súa obra está ateigada de lirismo e compromiso. O vindeiro 14 de maio trasladaranos a súa experiencia e a reflexión sobre o papel que a literatura xoga na infancia, na escola, e na transmisión da lingua galega; ao tempo, na biblioteca organizarase un centro de interese coas súas obras.
O evento está organizado en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación e Vicerreitoría de Estudantes e Cultura.