Ir o contido principal

O obxectivo de realizar este estudo foi o de coñecer a situación sobre a corresponsabilidade e a conciliación entre o colectivo de PDI e PTXAS da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo do ano 2024 recolleuse a valoración dunha mostra destes dous grupos profesionais a respecto da conciliación, a corresponsabilidade, a tipoloxía de permisos para a persoas responsable dos coidados, ou a saúde mental e o estrés na actividade profesional, entre outras cuestións de relevancia. Unha vez realizada a análise dos datos incorporando a perspectiva de xénero, poñemos en común as principais conclusións deste estudo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2025.