Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Iniciativa de voluntariado con menores

A Escola Infantil da USC achega a posibilidade de realizar labores de voluntariado en apoio da organización dos seus comedores e mais en actividades de lecer.

  • Axuda en comedores

    A Escola Infantil Breogán acolle a nenas e nenos de entre catro meses e tres anos. As actividades nas que se pode incorporar o voluntariado con maior facilidade son as de acompañamento nos horarios de comedor e merenda.

    As persoas que desexen participar poderán facelo todos os días da semana ou, como mínimo, en dous para ter certa continuídade no ritmo semanal, xa que as nenas e nenos da escola requiren figuras estables. 

    • Horario: de luns a venres, de 14 a 18 h.
    • Prazas: 3 (COMPLETO)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2024.