Alumnado obxectivo: Doutorandos da EDI en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
24/02/2025 - 03/02/2025
Desarrollo de la actividad
10/03/2025 - 20/03/2025
Profesor/a externo/a
Patricia Martin Rodilla
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Bases de datos relacionais e non relacionais para investigación en Artes e Humanidades, Ciencias Soc | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 10, 11, 13, 18 e 20 de marzo de 2025 | 12:00 a 14:00h |
O alumno aprenderá a:
- Crear un modelo (coherente, axeitado computacionalmente e adaptado ás súas necesidades en H e CCSS) para organizar a información seguindo as preguntas de investigación.
- Organizar e almacenar os datos seguindo o modelo en bases de datos relacionais SQLite. Distinguir o tipo de base de datos que precisa e o software máis axeitado para a súa implementación.
- Explotar os datos para crear información e coñecemento: facer buscas, filtrados e composicións complexas, recuperar a información.
- Avaliar os teus modelos e evolucionalos ao avance da investigación.
Fundamentos da organización da información para investigación e o seu modelado, bases de datos relacionais e non relacionais (5 sesións presenciais de 2 horas + 8 horas de traballo individual). A actividade constará das seguintes partes:
- Datos vs. Información vs. Coñecemento. Formatos
- Modelado conceptual para investigación en H y CCSS:
- Identificando a estrutura de información que preciso.
- Metodoloxía de modelado: dende o texto/pregunta de investigación ao modelo
- Paradigma OO: obxectos, clases, asociacións.
- Paradigma relacional: relacións, atributos, tuplas
- Bases de datos relacionais: Tipos de datos. Claves. Restricións do modelo e do usuario. Dende o modelo entidade/relación ao modelo relacional.
- Sistemas xestores de bases de datos relacionais: instalación e manipulación SQLite y SQLite Studio.
- Consultas SQL: extracción de información, selección, filtrado, ordenación, unión.
- Operadores e a súa relación con as nosas preguntas de investigación.
- Tratamento de datos: Inserción, borrado e modificación de rexistros; Borrados, modificacións e integridade referencial.
- Del modelo conceptual a la base de datos relacional.
- Deseño, implementación e consultas do modelo de datos para a miña investigación
- Bases de datos no relacionais: principios e cando usalas.
- Avaliando os meus modelos.
Patricia Martin-Rodilla (Information Retrieval Lab, Facultade de Informática, UDC) é docente no grao de Informática e investigadora no Laboratorio de Recuperación de Información da Universidade da Coruña. Experta en Sistemas de Información (Data Mining, Analytics, Information Visualization, Semantics). PMP project manager. Investigadora posdoutoral na USC e no CSIC, con proxectos interdisciplinarios e estadías en Santiago de Chile, París e Lisboa. As súas investigacións céntranse na conexión entre a Enxeñería Software e as Humanidades (Minaría de Datos, Textos e Procesos, Cultural Informatics, Lingüística Computacional, Ontoloxías ou Visualización da Información, entre outros). Máis información sobre o seu curriculum no enderezo http://www.patricia-martin-rodilla.com