Skip to main content

Xornadas Cultura Laboral en Investigación

  • 2023/2024

Información xeral As II Xornadas J-CLI terán lugar o próximo mes de novembro de 2023 en tres sedes distintas: Santiago de Compostela, Valencia e Madrid. As actividades da sede de Santiago de Compostela ofrécense como actividade formativa transversal do programa de doutoramento. Para obter a certificación correspondente é necesario asistir de maneira presencial. Obxectivos: O principal obxectivo das II Xornadas J-CLI é formar un foro social crítico em relación á investigación. Ao longo de diversos relatorios e paneis de debate falaremos da lexislación laboral que afecta directamente á investigación e á carreira investigadora, do sistema de ciencia español, de igualdade no noso sector, da situación da investigación en galego, de divulgación científica e de saúde mental. Todos temas de moita relevancia para o persoal de calquera etapa da carreira investigadora.