O Campus Virtual pon á disposición a actividade Obradoiro, unha ferramenta que permite implementar a avaliación por pares, onde o alumnado realiza e entrega tarefas que serán distribuídas entre o resto de participantes, que avaliarán e cualificarán seguindo unhas instrucións específicas e formais. Esta avaliación é altamente personalizable e inclúe elementos como a autoavaliación, o uso de rúbricas ou a resposta a preguntas específicas. O profesorado controla en todo momento o proceso e pode guiar ao alumnado a través del. Neste curso realizarase un percorrido guiado pola actividade Obradoiro, expoñendo as súas funcionalidades e posibilidades de configuración, enfocándose no seu uso práctico e aportando recomendacións para a solución das incidencias máis habituais no seu uso.
1- INTRODUCIÓN Á AVALIACIÓN POR PARES.
2- A ACTIVIDADE OBRADOIRO.
- Creación e configuración.
- Fases do proceso de avaliación.
- Asignación de entregas.
- Xestión das cualificacións.
3- ASPECTOS AVANZADOS.
- Entregas de exemplo.
- Estratexias de avaliación. Autoavaliación.
- Xestión de incidencias.
Alejandro Nieto