Ir o contido principal

Avaliación por pares coa actividade Obradoiro do Campus Virtual

  • 2023/2024

O Campus Virtual pon á disposición a actividade Obradoiro, unha ferramenta que permite implementar a avaliación por pares, onde o alumnado realiza e entrega tarefas que serán distribuídas entre o resto de participantes, que avaliarán e cualificarán seguindo unhas instrucións específicas e formais. Esta avaliación é altamente personalizable e inclúe elementos como a autoavaliación, o uso de rúbricas ou a resposta a preguntas específicas. O profesorado controla en todo momento o proceso e pode guiar ao alumnado a través del. Neste curso realizarase un percorrido guiado pola actividade Obradoiro, expoñendo as súas funcionalidades e posibilidades de configuración, enfocándose no seu uso práctico e aportando recomendacións para a solución das incidencias máis habituais no seu uso.