As competencias en información son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que nos van permitir resolver problemas relacionados coa xestión da información. O obxectivo deste curso é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia. Todo no contexto dun investigador da USC. Así, estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesión presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
-
BUSCAR INFORMACIÓN
- O traballo científico: reflexión sobre a finalidade, normativa e necesidades informativas. Xestión do tempo de traballo.
- Servizos, recursos e ferramentas da BUSC de apoio á investigación.
- Busca de información científica: Tipos de fontes, estratexias de busca, bases de datos xerais e específicas da área de coñecemento, busca na Internet.
- Avaliar os primeiros resultados e reconducir a busca.
-
AVALIAR A INFORMACIÓN
- Avaliar a información: criterios xerais, lectura crítica e reflexiva
- Métricas de avaliación da información científica: bibliometría
-
ORGANIZAR E XESTIONAR A INFORMACIÓN EFICAZMENTE
- Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante un uso experto dos xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube.
- Ferramentas Tic que proporciona a USC.
-
USAR, PUBLICAR E DIFUNDIR A INFORMACIÓN RESPECTANDO AS NORMAS ÉTICAS E LEGAIS
- Elaboración do traballo científico: Tipoloxía, planeamento, fases de elaboración, estrutura e redacción.
- A comunicación científica.
- A propiedade intelectual: Copyright vs. Copyleft, uso e tratamento da información: as citas e referencias no formato axeitado á área de coñecemento.
- O Proceso de publicación: OA, publicación en forma de artigo.
-
MANTERSE AO DÍA E COMPARTIR INFORMACIÓN EN REDE
- Difundir a información: construír unha identidade dixital, publicar en acceso aberto, difundir nas redes sociais académicas.
- Servizos de actualización da información científica: canles RSS, crear alertas coas principais ferramentas.
- Ferramentas de traballo colaborativo na rede.
Maria Cana Villar, José Rodriguez Dopazo e Daniel Cuevas Linera. Biblioteca da USC.