Os cuestionarios son ferramentas que nos permiten crear probas cunha serie de preguntas con diversos obxectivos, desde a autoavaliación á propia avaliación final dos estudantes. O Campus Virtual dispón da actividade Cuestionario, que permite construír probas empregando unha variedade de tipos de preguntas. Ao longo deste curso revisarase o seu funcionamento xeral e os tipos de preguntas dispoñibles. Tamén se revisarán mecanismos para axilizar esta creación a través dos formatos Aiken e GIFT, permitindo así utilizar preguntas creadas previamente
-
BOAS PRÁCTICAS PRA A CREACIÓN DE CUESTIONARIOS
-
O BANCO DE PREGUNTAS
- Tipos básicos de preguntas e a súa creación.
- Organización e xestión do Banco de Preguntas.
-
A ACTIVIDADE CUESTIONARIO
- Creación e configuración. Confección do cuestionario e simulacros.
- Revisión de resultados. Cualificacións. Estatísticas.
-
ASPECTOS AVANZADOS
- Tipos avanzados de preguntas en Moodle.
- Xestión de preguntas en bloque: formatos Aiken e GIFT.
- Casos de uso e xestión de incidencias.
Alejandro Nieto