Ir o contido principal

Creación de cuestionarios no Campus Virtual

  • 2024/2025

Os cuestionarios son ferramentas que nos permiten crear probas cunha serie de preguntas con diversos obxectivos, desde a autoavaliación á propia avaliación final dos estudantes. O Campus Virtual dispón da actividade Cuestionario, que permite construír probas empregando unha variedade de tipos de preguntas. Ao longo deste curso revisarase o seu funcionamento xeral e os tipos de preguntas dispoñibles. Tamén se revisarán mecanismos para axilizar esta creación a través dos formatos Aiken e GIFT, permitindo así utilizar preguntas creadas previamente