Skip to main content

Quality of the teaching

The regulatory framework of the European Higher Education Area required the implementation of quality assurance systems in teaching and learning processes and in the three cycles into which it is structured: degree, master's degree and PhD programmes.

These systems are developed at USC through an institutional model of internal quality assurance, extended to all centres (Faculties, Colleges and PhD School) and to the external assurance processes derived from the verification, modification, monitoring and accreditation of degrees and institutional accreditation of centres.

O marco regulador do Espazo Europeo de Educación Superior esixiu a implantación de sistemas de garantía da calidade nos procesos de ensinanza e aprendizaxe nos tres ciclos nos que se estrutura: grao, mestrado e doutoramento.

Estes sistemas están desenvolvidos na USC a través dun modelo institucional de garantía interna de calidade que serve de referencia aos sistemas de garantía da calidade dos centros (Facultades, Escolas Superiores, Escola de Doutoramento Internacional e Centro de Estudos Propios). Estes sistemas de centros serven de soporte aos procesos de garantía externa que se derivan da verificación, modificación, seguimento e acreditación de titulacións e da acreditación institucional de centros.

O sistema de garantía da calidade da docencia implica a medición da satisfacción dos grupos de interese, a definición e mantemento dun conxunto de indicadores e informes de calidade, o fomento das boas prácticas dos centros e a avaliación do desempeño docente do profesorado, actividades para as que se dispón de procedementos e programas específicos.

A USC fomenta que as súas titulacións e centros acaden certificacións de calidade de carácter profesional e dimensión internacional

The contents of this page were updated on 04.04.2023.