Skip to main content

Latest news

O reitor da USC reitera o seu agradecemento pola activación da sociedade e do tecido empresarial a prol do Campus de Lugo

Unha nutrida delegación da plataforma cívica Campus Lucense, un movemento encabezado por Jesús Vázquez e do que forman parte máis dun centenar de colectivos veciñais, entidades e institucións, ofrece o seu apoio ao equipo de goberno da USC para que a sede universitaria luguesa manteña a súa oferta de titulacións e continúe o seu cometido transformador da provincia

Read more

“A neutralidade carbónica pasa por reducir emisións en sectores como o transporte ou a enerxía”, di César Pérez

O investigador ‘Ramón y Cajal’ na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e impulsor de novas liñas de traballo sobre monitorización forestal e proxectos de carbono ao abeiro do grupo PROePLA colabora coa FAO e co Panel Intergobernamental do Cambio Climático de Nacións Unidas en accións a gran escala sobre redución de emisións de carbono en bosques e no deseño de metodoloxías para a cuantificación de carbono

Read more

‘Art for Change’ apoia o proxecto ‘O laboratorio de formas rural’, impulsado desde Formación do Profesorado

A proposta presentada por Vicente Blanco, Salvador Cidrás e Estella Freire figura entre as 20 candidaturas aprobadas na convocatoria de 2023 do programa financiado pola Obra Social La Caixa para desenvolver proxectos de creación liderados por artistas que impliquen la participación activa de colectivos en situación de vulnerabilidade e favorezan a transformación social

Read more