Skip to main content

Terceira NerdNite este martes na Nave de Vidán

Terceira NerdNite este martes na Nave de Vidán
Terceira NerdNite este martes na Nave de Vidán
Con charlas sobre o trastorno por déficit de atención, a fonte da eterna xuventude e a relación espazo-tempo

A Nave de Vidán (Avenida Mestra Míguez, 44) converterase este martes 27 na sede da terceira sesión das Nerd Nites Compostela, que están acadando grande éxito e interese entre a cidadanía. Nesta ocasión, ás 22.00 horas intervirán Cassarina Verret coa charla ‘Se poden, por que non o fan? O trastorno por déficit de atención sen ou con hiperactividade (TAD-H)’; Manuel Collado con ‘ En busca da fonte da eterna xuventude’; e Javier Mas con ‘Perdidos no espazo-tempo’. Os tres falarán durante menos de unha hora para logo iniciar un coloquio informal entre todas as persoas asistentes. Preparando o segundo trimestre Péchase así o programa do primeiro trimestre das NerdNites, unha orixinal proposta nacida hai anos en Estados Unidos á que se sumou este curso Compostela, por primeira vez en España. A primeira sesión tivo lugar en setembro no Kunsthalle, coa participación de Miguel López coa charla ‘Comer e “ gastar” todo é empezar: o problema da obesidade’, David Barro con ‘Por que a pintura xa non é pintura?’ e Francisco Martínez con ‘Spiderman e as redes de poder’. O Café Casino foi o lugar elixido en outubro para a segunda sesión, na que interviñeron Carmen Pomar coa charla ‘O cociñeiro, o biscoito e o paraugas: da intelixencia intelixente’, Carlos Díaz con ‘¿Quen é o mellor?’, e Chus Agra, Carmen Franco e Cristina Trigo con ‘Agora máis que nunca: construír utopías na educación artística’. Persoa de pouca resposta emocional

Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico.

The contents of this page were updated on 11.26.2012.