Skip to main content

O profesor Urbano Fra presenta este martes en Lugo o seu libro sobre contaminación atmosférica

O profesor do Campus de Lugo Urbano Fra realizará o martes 7 a presentación do seu libro ‘Regional/Transboundary Transport of Air Pollution’, editado xunto con Dimitros Melas, da Universidade de Thessaloniki (Grecia). O acto de presentación, que estará aberto a todo o público, terá lugar no edificio CACTUS do Campus de Lugo ás 12:00 horas.
Esta obra é o resultado do traballo de síntese realizado por 14 investigadores de varios países europeos sobre o proceso de contaminación atmosférica transfronteiriza desenvolvido no marco dun estudo financiado pola OTAN.
Os distintos capítulos tratan sobre o inventario, monitorización, modelización, avaliación de impacto e xestión deste risco ambiental de orixe tecnolóxica.
Entre os autores participantes nesta obra pode destacarse a Zahari Zlatev, un dos especialistas mundiais mais destacados en modelización de procesos de transporte, e Laszlo Bozo, actual presidente do Servizo Meteorolóxico de Hungría. A publicación conta co apoio do Comité Español de International Human Dimensions Programme on Global Environmental Change, do que forma parte Urbano Fra.

The contents of this page were updated on 10.03.2008.