Skip to main content

Comezaron en Veterinaria as gravacións do programa de televisión 'O preguntoiro do Campus' coa participación dos universitarios

As gravacións tiveron lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria
As gravacións tiveron lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria

Localia Telelugo comezou este mércores no Auditorio da Facultade de Veterinaria a gravación do novo programa de televisión ‘O preguntoiro do Campus’, no que os universitarios de Lugo son os encargados de entrevistar a unha figura destacada do panorama local e autonómico.
No primeiro programa o entrevistado foi o actual presidente da Confederación Hidrográfica do Norte, Jorge Marquínez. O alcalde de Lugo, José López Orozco, e a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, ocuparon o atril do ‘preguntoiro‘ nas seguintes gravacións.
A condución do programa está a cargo de Salomé Pérez, presentadora da cadea, e no primeiro programa colaboraron tamén o decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, José Díez de Castro, e o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno. Así mesmo, participou tamén a decana da Facultade de Veterinaria, Ana Bravo Moral. A parte técnica está formada polos traballadores de Telelugo e por alumnos da Fundación TIC.
Os alumnos das diferentes facultades que integran o campus lucense son os protagonistas, xunto ao entrevistado, deste programa, xa que son os encargados de formular as preguntas que desexen. A entrada á gravación é libre. A emisión dos programas está prevista para o próximo ano e continuarán as gravacións en xaneiro.

The contents of this page were updated on 12.12.2007.