Skip to main content

Un estudante da USC proclamouse campión de España sub 23 de atletismo na proba de 5.000 metros

O atleta do Club Deportivo Universidade de Santiago e estudante da Diplomatura de Enfermaría na USC, Iván Iglesias Carballo, proclamouse campión de España sub 23 de atletismo na proba de 5.000 metros.
A vixésimo segunda edición desta competición celebrouse o pasado sábado 30 e domingo 1 en Ciudad Real, concretamente no Estadio Municipal Rey Juan Carlos, que conta cunhas instalacións dotadas dunha pista de atletismo recentemente remodelada para esta ocasión.

The contents of this page were updated on 07.03.2007.