Skip to main content

O armenio Karen Grigoryam, gañador do II Maxistral Cidade de Compostela

Karen Grigoryam, no centro da imaxe, recollendo o seu galardón. FOTO: Santi Alvite
Karen Grigoryam, no centro da imaxe, recollendo o seu galardón. FOTO: Santi Alvite
A competición que foi clausurada este martes contou tamén cun torneo aberto no que participaron 30 xadrecistas e no que se impuxo o mestre internacional Diego Espiñeira
Santiago de Compostela

O II Maxistral Cidade de Compostela foi clausurado este martes logo de concentrar en Santiago ao longo dunha semana a grandes talentos do xadrez a nivel internacional. O vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da USC, Víctor Arce; a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela; e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, tomaron parte no acto de peche do campionato. 

Nesta edición, o evento estivo dividido en dous torneos, o Maxistral para dez xogadores e un torneo aberto no que participaron 30 xadrecistas. O Maxistral foi gañado polo grande mestre armenio Karen Grigoryam que dominou a proba con autoridade. No torneo aberto gañou o mestre internacional Diego Espiñeira por diante de Miguel Picos e Marcial García.
 

The contents of this page were updated on 02.20.2020.