O armenio Karen Grigoryam, gañador do II Maxistral Cidade de Compostela
O II Maxistral Cidade de Compostela foi clausurado este martes logo de concentrar en Santiago ao longo dunha semana a grandes talentos do xadrez a nivel internacional. O vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da USC, Víctor Arce; a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela; e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, tomaron parte no acto de peche do campionato.
Nesta edición, o evento estivo dividido en dous torneos, o Maxistral para dez xogadores e un torneo aberto no que participaron 30 xadrecistas. O Maxistral foi gañado polo grande mestre armenio Karen Grigoryam que dominou a proba con autoridade. No torneo aberto gañou o mestre internacional Diego Espiñeira por diante de Miguel Picos e Marcial García.