Skip to main content

A USC é a Universidade Fernando Pessoa de Porto colaborarán en programas de formación de persoal e promoción social da I+D

Carmen Sarceda, Montserrat Valcárcel e Jesús Varela Zapata, cos dous profesores da Universidade Pessoa de Porto, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
Carmen Sarceda, Montserrat Valcárcel e Jesús Varela Zapata, cos dous profesores da Universidade Pessoa de Porto, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
Os docentes lusos Filipe Gonçalves e Rui Leandro Mai, que xa traballan co grupo Gefil que lidera Carmen Sarceda, visitan a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
Lugo, Santiago de Compostela

A USC e a Universidade Fernando Pessoa de Porto ultiman a sinatura dun convenio marco entre ambas institucións académicas para a colaboración en programas de formación de persoal técnico e de investigación, así como na realización de doutras tarefas de promoción de social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

A cooperación entre as dúas universidades da Euro Rexión Galicia-Portugal estenderase tamén á realización doutros proxectos de investigación, así como a tarefas de asesoramento mutuo e mesmo ao intercambio de persoal, tal e como acordaron os profesores da universidade lusa Filipe Gonçalves de Sousa Macedo e Rui Leandro Maia, durante un encontro que mantiveron na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo coa vicerreitora Montserrat Valcárcel, no marco dunha sesión na que tamén participaron a decana da Facultade de Formación do Profesorado, Carmen Sarceda Gorgoso, e o adxunto á citada vicerreitoría para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata.

O establecemento dun acordo marco entre a USC e a Universidade Fernando Pessoa de Porto serviría para oficializar a cooperación que veñen mantendo desde hai anos profesores da citada universidade lusa co Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (Gefil), un equipo de investigación da USC que coordina a actual decana da Facultade de Formación do Profesorado, Carmen Sarceda Gorgoso.

Daquela, cómpre sinalar que os profesores da universidade lusa Filipe Gonçalves de Sousa Macedo e Rui Leandro Maia veñen colaborando desde hai anos co Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral da USC, un equipo multidisciplinar que integra a profesores e investigadores da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo como da Facultade de Ciencias da Educación de Compostela, entre outros centros de investigación.

The contents of this page were updated on 12.04.2019.