Skip to main content

O IV Ciclo da USC festexa a patroa cun acto académico na Casa do Saber

Alumnado do IV Ciclo da USC presentes no acto celebrado na Casa do Saber
Alumnado do IV Ciclo da USC presentes no acto celebrado na Casa do Saber
A directora do programa de formación de maiores da USC, Esther Olveira, salienta a vitalidade e a solidez do alumnado sénior fronte á COVID-19 nunha sesión na que o profesor Javier López ofreceu o relatorio ‘Pandemias e xeografía’
Lugo

O IV Ciclo da USC, un programa de formación específico dirixido a persoas maiores de 50 anos, lembrou este venres a memoria da súa patroa, Francisca Álvarez, coa celebración dun acto académico na Casa do Saber de Lugo, no marco do que o profesor Javier López González ofreceu o relatorio ‘Pandemias e xeografía’.

O adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización e Cultura, Jesús Varela Zapata, ofreceu un breve acto de acollida ao alumnado presente na sesión, no marco da que a directora do programa IV Ciclo da USC, Esther Olveira Olveira salientou a vitalidade a capacidade de aguante e a solidez das persoas maiores fronte á pandemia causada pola COVID-19.

“Sodes un exemplo de que con prudencia se pode manter a actividade académica”, dixo Olveira, que, logo de manifestar o seu agradecemento ao traballo desenvolvido pola coordinadora deste programa de formación sénior no Campus de Lugo, Teresa Rodríguez, sinalou que, “na contra dalgúns augurios fatalistas, a matrícula de alumnado no IV Ciclo da USC apenas diminuíu un 10% respecto ao curso anterior” .

The contents of this page were updated on 10.31.2024.